viernes, marzo 02, 2007

LIBERTAAAD.....!!!!


Os amantes da liberdade estamos de noraboa. O Congreso dos diputados, co voto en contra dos de sempre (eso que tiñan libertad de decisión por parte da executiva do Partido)aprobou por fin a lei de identidade de xénero, que permite a persoas transexuiais cambiar de nome e de identidade, sen coste algún pola tramitación deses documentos. Ademais a nova lei axiliza os trámites a estas persoas e non será preciso ter que pasar por quirófano. Eso sí, os solicitantes deberán solicitar a emisión dun novo D.N.I ainda que conservando o mesmo número. Con sorte, porase fin a situacións nas que unha maquillada e taconeada "Eliana furia" teña que pasar os controis de documentación, dun aeroporto por exemplo, coma "Pedro Jorge Rodrígues".
Así que mira;..paseniño, paseniño, vanse abrindo mais camiños de Libertade de elección, de igualdade, e de integración de todo o mundo sen importar raza, clase, credo, nin por suposto, condición sexual!!Por iso... todos, e como non, TODAS, estamos de noraboa!!

E falando de libertade, o outro dia, ollando o blog de PePetrola de Sobrado leín unha crítica deste blogueiro á persoa de Mel Gibson, coa que coincido en boa parte, mais tamén estamos Pepetrola e Eu dacordo noutro punto, Braveheart. Este filme salva un pouco o pelexo do fanático Mel. Ou non vos parece???. Lembrade!! FREEEEEEEEEDOM............

Bicos xente. Seguimos vivos!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Poderiache falar de mil historias, igualdade de xénero, galardóns, da Charon, do cambio climático, do diámetro e dos canóns actuais,… Pero a verdá e que me gustaría destinar o meu primeiro “post”, creo que é así como lle chaman a estas historias, simplemente a saudarte e darche os meus parabéns polo novo sitio web que habita a rede :) aquí tes a uma lectora asidua-confesa do lugar. Aperta.

Anónimo dijo...

Eli....Eli...Xa sabía que eu que ti non me fallabas..Muak...Un bico e gracias por perder o teu precioso tempo botando unha ollada. E co teu permiso ei de transcribir algunha das tuas creacións, que pagan moito a pena!! Se non queres...faimo saber.

Gracias

pepetrola dijo...

Caramba, Fiz!

Sintome halagado polas tuas referencias o meu humilde, pero sempre suxerente blog, e tamén por contar nel con un tan insigne e respetado visitante coma é vostede.

Con respecto o tema do teu post só dicir que a LIBERDADE sobre o noso corpo é practicamente o único ben persoal que temos, así que polo menos nos deixen decidir libremente o que é mellor para nos mesmos. ¿Ou tamén eso nos sera imposible?

Alédome de que coincidamos duas retorcidas mentes-ben-pensantes sobre o colega Mel Gibson. Falando de cine e liberdade, recomendoche a última gañadora do oscar o mellor film en lingua non inglesa, "La vida de los otros" por se non a viches.

Por certo, eu non son de Palas, tiveches un lapsus.

Saúdos pírricos dende O Bocelo

FIZ dijo...

Pepetrola. O primeiro é pedirche desculpas polo Lapsus. Ben sei de onde eres, mais non sei porque carallo se me vai sempre a cabeciña para Palas. Xa non é a primeira vez que me pasa. É desas cousas nas que non controlas a mente, coma cando estás cunha moza e.....bueno eso, que non controlas a mente.XD. Por suposto o Lapsus está solventado e correxido.

De libertade seguiremos a falar pronto, xa que o camiño ainda está inzado de leña e debemos seguir desbrozando.
Non a peli en cuestión. Obrigado pola recomendación!! Xa teño a muliña tronzando ó camiño.
Unha aperta de peito ó BOCELO