domingo, marzo 04, 2007
Domingo Dominguero
Para que un Domingo sexa Dominguero, téñense que cumplir unha serie de parámetros de obrigado cumprimento. Un deles é ter resaca ou no seu defecto, ter que ir a traballar, como foi o meu caso. O segundo, tamén de obrigado cumprimento, é seguir a xornada de futbol coa merecida atención. No meu caso, como moitos de vos xa sabedes, o R.C Deportivo ocupa boa parte das neuronas que me quedan libres. Xa sabedes, ninguén é perfecto!!.
Pero non vamos caer no erro neste blogue, de facer do fútbol un dos temas recurrentes cada semana. Aló menos, non mentras os que moven os fíos nesta sociedade sigan aproveitándose deste ou de calquera outro deporte para borrar da retina outros problemas sociais que sí merecerían outro tipo de análise e debate social. Os medios de manipulación..Perdón..de Comunicación..terán que explicarnos moitas cousas algún dia.
E que mellor que esta entrada futboleira, para colgar este video de producción propia no que mesturei (estaba a probar o programa de edición de video) unha selección de imaxes de fútbol cun tema de System of a down recén estreado por aquel entonces. É curioso ver como se mestura unha canción con letra ben comprometida que fala de pobres e guerras (Why do they always send the poor?), con imaxes que mostran un mundo de ricos non comprometidos con causas desta índole. Claro exemplo de desequilibrio social. Que mal repartido está o mundo!!
Con resaca ou sen ela, con ou sen neuronas, con traballo ou sen el...Seguimos vivos xente. Parabéns¡
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Aquí tes a un gran seguidor das peripecias do Depor, xa que como coruño que son levo o deportivismo moi dentro da miña medula, pero hai cousas deste club e afeción que non trago.
E falando de Sistem of a Dawn, non sei se lembras que na fecha do 05/10/98 viñeron a tocar a A Coruña (Coliseum), nunha xira que os trouxo de teloneiros de Slayer e Sepultura. Pois eu estaba alí con xente da nosa terra (Toxo, Vidal, etc...). Recordo que nadie conocía a Sistem of a Dawn, pero a todos nos serprenderán, Toxo incluso chegou a dicir: -Non sei quen carallo son estes, pero son a ostia!-.
Sen máis, só vos deixo un saúdo e unha aperta, Fami-Lia. ;)
Boìsimo video
Muito obrigado Riki. Un placer ve-la sua estampa por estes Lares.
PePe.....Que Dios nos conserve a médula intacta.
Con respecto ó do Coliseum tan só decir..."Buan tiu....Estos tius son aiostia tiu...".
Xa vexo que te rodeas dos mellores artistas da comarca.
Toxo, maestro. Onde queira que estés...BICOS
E outro mais forte a vostedes Riki e Josephtroleiro.
Publicar un comentario