jueves, marzo 01, 2007
CEFERINO... CEFERINO...!!!!
Teño un compañeiro de traballo Filipino que se chama Ceferino Ronato, e que é a alegria dos meus aburridos turnos. É sinceiro coma a vida misma. Pero dende o meu ponto de vista ten un pequeno defectiño, está obsesionado coas marcas de roupa e zapatos mais coñecidas comercialmente. Penique que gaña, pequine que ghasta en roupa e en botíns tipo Lebron James ou os míticos Jordan. Para que vos fagades unha idea o 5-10% do que gaña vai invertido en tabaco mentolado, e o 55-65% restante en roupas de deporte e botíns de basket, que é o deporte rei no seu Pais, Filipinas.
Pero tranquilos, porque "xa lle din eu unhes consellos" e esperemos que empece a razonar e a cambiar de actitude e pase a gastar o 55-65% en tabaco e entre o 5-10% en roupas. En breve colgarei unha foto do susodito rapáz para presentalo en sociedade, que ben o merece.
A miña actitude con respecto ó tema en cuestion vai mais encamiñada hacia unha filosofia LEO BASSI. ¿Lembrádesvos deste fenómeno social, verdade??...Este home promulga a idea coa que estou 100% de acordo, que afirma que se as marcas queren que utilicemos os seus logotipos e emblemas comerciais, débennos remunerar dalgunha maneira, ou polo contrario, deberemos desfacernos de todo tipo de etiquetas e logos na roupa. Pronto seguiremos a tratar o asunto en profundidade, xa que o tema abre un complexo foro de debate que será estudiado en vindeiras xornadas. Mentres, desfrutade cun video lembranza para non esquecer a individuos como o Profesor Bassi.
Leo, el tiempo te dará la razón!!..Que gran Home¡¡¡¡¡¡
BICOS XENTE, seguimos vivos...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Boas Fiz, son lauren,os meus parabens polo blog,ánimo.Recoméndoche o de marcus,é unha referencia no mundo do freaky(pon en google Marcus...),podías ensinar fotos do lugar onde vives, ou de rapazas que vivan por ahi, xa sabes que a cabra tira o monte..jeje...e dille o teu amigo que fai de puta madre, que tes outro amigo en galiza que se non fai e porque non ten un peso, e teño que mercar roupa de Mer(R), pq saécheme a prezo (mercadillo).Bueno unha perta para todos, e visitarei a teu blog ca periocidade debida, Chauuuuuuuu
Lauren;..Fuche, eres e sempre serás un fenómeno tio...Mil gracias por entrar a pegarlle unha ollada ó blog e agardo que te convirtas nun dos asíduos. Gracias tamén pola recomendación de colgar mais fotos de U.k e por recomendarme o Blog de Marcus que, coma non podía ser de outro xeito, xa coñezo e tamén recomendo.Co das fotos, "dicho y hecho", colgarei algunha foto mais de Bath, ainda que a primeira xa é de eiquí, e como non, algunha fermosa rapaza aparecerá.
Con respecto a Ceferino, xa lle dirie que non todos na miña terra son tan carcas coma min e que tamén hai xente que valora eses pequenos detalles comerciais da vida.
Un bicazo Laurentino, vémonos pronto. Bicos : FIZ
jajaja... Así que non todos somos tan carcas coma tí, meu...xD
Pois logo a ver cando nos presentas a ese Ceferino (vitualmente), que ten que ser unha especie de personaxe ben simpatica, oh...
Tal como vine me voy. Un saudo, guerrilheiro das highlands. ;)
Querido PePetrola...Si home Si. Teño que recoñecer que me estou a converter nun carca. jajaj.. é lei de vida, e malas novas, a ti tamén che a chegar a hora.jajaj
Gracias polo comment e como xa dixen, coñeceredes a Ceferino pronto porque o personaxe ben o merece.
Bicos a SOBRADO..jejje
que bon fiz ...eso de rescatar do olvido a un crack coma leo bassi non ten prezo.O das marcas....se él esta feliz así,pois que leve os logos e as marcas que lle saia do...corazon.Nos hai xente que gasta o seu salario en drogas varias,ou en musica ou en comida...pois él si esta contento así...adiante ceferino....
O blog moi guapo...
Fago miñas as palabras de Lauren cando digo que o blog de marcus (o totem do frikismo en melide) esta COJONUDO....
Éste está cojonudo variado e comprometido coa información de a pé...
josi...Como te estimo pequeno!!E como se che bota en falta..¿Cantas veces che teño que decir que te veñas a vivir unha tempada pra U.K?
Gracias polo post e alégrome que che gustara o momento lembranza do Profesor Bassi.
Con respecto a ceferino e á sua marquitis aguda, non podo mais que respetalo, pero a miña conciencia me di que tamén é a miña obriga aportarlle outra perspectiva, lembras? como cando ti me dixeche que me estaba pasando co licor café??EQUISDE!!
Un dos seus argumentos é que en Filipinas sen roupas de marca as raparigas nin te miran. Pola contra, ben etiquetado pois gañas moito. Así que mira, non sei se non erguerme mañán cedo e ir mercar algunha roupiña, porque eu xa estou fora do mercado dende fai tempo.
ATA PRONTo e lembrade botarlle unha ollada (despois do meu, of course..jaja) ó blog deste rapáz que non ten desperdicio.
http://citizenerased-music.blogspot.com
Bicos a todas/os
Publicar un comentario