viernes, septiembre 07, 2007

Intrameme


Despois da sobredosis de Gonadotropina, intentamos retoma-la normalidade de cada día.
Mais non me sinto últimamente moi iluminado para escribir por ter a cachola chea de cousas e proxectos xa confirmados ainda que moi verdes para ser compartidos, e dos que por suposto, xa vos manterei puntualmente informados.
Agardo non vos defrauden. A min, coma sempre, e coma non podía ser doutro xeito, ilusiónanme.

E para sacarme un post da manga coma fixo David no seu rincón intramuros, voulle colle-lo meme musical propagado por el mesmo e anteriormente por Kalimero, e que consiste en enchufa-lo reproductor MP3 e no seu modo aleatorio tomar nota dos 20 primeiros temas que aparezan. No meu caso, e recoñecendo que non teño o reproductor moi actualizado, lanceime á piscina e o resultado foi o que segue:

1. Ian Brown - Return of the fisherman.
O exvocalista da Banda de Manchester Stone Roses, que en 1996 deixou este proxecto, presenta este traballo en solitario bastante aceptable. Este tema non é dos mellores. Presentará novo traballo o 24 de Setembro.

2. Edson Cordeiro - Ave Maria.
Este Brasileiro con timbre vocal de contratenor ten un repertorio moi variado, pero leva a samba na súa alma evanxelista. Contratado por Sony e con varios discos, xa fixo xira por moitos paises europeos.

3. Muse - Assassin.
o 7º corte do seu último e cuarto traballo de estudio Black holes and revelations. Nada que comentar que para iso xa temos a Josiño. Interesante letra.

4. Skaparapid - Arroja la bomba.
Extraído do seu disco "que empiece ya". Como o seu propio nome indica grupo dedicado ó pasodobre. Esta banda de Ska Valenciano surxiu no ano 1993 como parte das actividades culturais dunha xa desaloxada ocupación que durou 5 anos. Durante un tempo a "banda" participa en Festivais e Festas pro-ocupación, antimilitaristas, contra o feixismo, etc... principalmente en Catalunya e Valencia, pero tamén visitaron Alemania e Portugal. Molaba velos no Gatos.

5. Thievery Corporation - Pizzicato.
Extraído dunha das moitas compilacións da banda de Washington da que xa temos falado polo miudo neste blogue. Nin que decir ten que tamén se salía velos no Gatos. Por pedir!

6. Sugarless - Sugar sexy sound.
Tema desta extinta banda creo que Madrileña que editou no 2004 o seu derradeiro traballo "vértigo", ainda que este é do disco "Más Gas" e cuios membros están esparcidos por distintos proxectos, tanto en outras bandas (Habeas Corpus) coma en proxectos en solitario (Que peniña acabar así)

7. Matisyahu - Ancient Lullaby
Este é un persoeiro curioso. Artista xudeo especializado no estilo raggamuffin, ainda que moi próximo o Hip-Hop e ó reagge, utiliza na suas letras temáticas espirituais derivadas da sua condición de Xudeo "jasídico". Ainda que chegou a ser acusado de proselitismo, nas suas letras sempre avoga polo fin da violencia e o diálogo. Este tema está extraído do seu disco "Youth". Recomendable mais un pouco empalagoso.

8. Transilvanians - Kingston.
Música galega, para un reproductor made in Malasia e cun título inglés. Extraido da selección musical da edición do ano pasado do concurso da Radio Galega, "A polo Ghit", na percura da canción do verán. Un mais de tantos.

9. Artic Monkeys - Bigger boys and stolen sweethearts.
Mais música inglesa no reproductor malaio. Non teño muy claro en que disco aparece este tema. ¿Quen me vota unha mao(5 estrellas)?.

10. Projecto Mourente - So com falar.
Outro gran descubrimento da fábrica de "a polo ghit". Este tema está extraido do disco gratuito (pódese descargar íntegro na propia páxina do grupo) gravado en plan caseiro nun piso do casco vello de Santiago "baixo os eucaliptos", no cal se atopa o "inesquecíbel" tema "como os caranguejos", que lembro con tanto cariño.
Cada día é unha foto do seguinte que virá....Casa-Choio, Choio casa....

11. Manu Chao - El viento.
Recén saído do forno está o seu novo traballo "la radiolina" do que falaremos pronto. Este tema é o derradeiro corte do seu disco "Clandestino". Que GRANDE Manu. Espero verte pronto de novo.

12. Audioslave - I´m the highway
Este tema é do seu primeiro disco. A banda creo que definitivamente está rota, do cal me aledo, porque corre o rumor de que R.A.T.M podería xuntarse de novo para dar uns cantos concertos e porque ademais amosa que Chris Cornell (ex-cantante de Soundgarden y Temple Of The Dog) é un puto vendido e o resto dos membros non o eran tanto coma se decía.

13. Ian Brown - Time is my everything.
De novo o cantante Inglés que aparecía de primeiro na lista. Cousas da aleatoriedade ou de que teño bastante pouca música no aparato. Mais ben o segundo.

14. Thievery corporation - The state of the union.
Esta repetición é mais comprensible xa que teño metido no reproductor toda a discografía desta banda. Este tema en concreto é do disco "The richest Man in Babilon", que si non é o mellor de todos, non lle falta moito. Foi o primeiro que chegou ás miñas mans por xentileza de Charly. Lembrades?

15. System of a down - Attack.
Un dos temas da banda de orixe Armenio do seu disco Hypnotize, editado fai xa un par de anos e que surxiu coma segunda parte daquel Mezmerize, que saíra ó mercado tan só medio ano antes, no que por certo, na miña opinión, podemos facer valer aquel dito de "segundas partes nunca foron boas". Penso que é moito millor disco Mezmerize. Attack é o corte co que abren o disco. Vaia comezo!

16. Jack Jhonson - The Horizon Has Been Defeated.
Tamén curiosa historia a de este músico de orixen Hawaiano, que nos seus comezos era surfista profesional, chegando a ser considerado como un dos mellores surfistas xuvenís do mundo, mais una onda xigante case o manda para o outro mundo ós 17 anos polo que tivo deixar a competición e descansar unha boa tempada. Foi entón cando se dedicou á música, facendo algúns temas da banda sonora dunha peli de surfeiros que foi vista por Ben Harper, o que enseguida se interesou polo músico e quixo contratalo para a sua discográfica. Este tema é do seu disco "On and On".

17. Bob Marley and the Wailers - Small Axe.
Canto me alegro de que apareza na miña lista aleatoria o Señor Robert Nesta Marley coa sua banda de sempre. Este tema en concreto é do seu disco "Burnin´" do ano 1973. Unha reflexión persoal. ¿A quen non lle gusta a música de Bob Marley?.

18. S.A - Rumore.
Último e curioso tema do discazo da banda vasca "No intente hacer esto en su casa", editado polo seu propio sello milagritos records no ano 1997. Xa choveu!. Rumore é unha versión do famoso tema de Rafaella Carrá. Cada vez que escoito este tema, non podo evitar imaxinarme a Juan ou a Pirulo chamando á discográfica da señora Carrá ou a ela mesmo para pedir o permiso pertinente para face-la versión. GORA S.A. Unha vez mais, e xa van non sei cantas. STOP CRIMINALIZACIÓN!!

19. Jack Johnson - Traffic in the Sky.
De novo o artista Hawaiano. Outro dos temas do seu disco "On and On", do que por certo me esquecín de comentar antes que foi o primeiro editado dende a que é a súa propia discográfica á que deu en chamar Brushfire, onde mantivo o mesmo estilo que na anterior, pero seus temas foron mais profundos (medio ambiente, a guerra e a obsesión capitalista do negocio como eixe da vida). En cada ocasión que ten non dubida en poñer a Bush a altura do betún.


20. Boikot - No pierdo el tiempo.
E por fin (xa me vai chegando, e a vós supoño que tamén) o derradeiro tema da miña selección aleatoria do meu reproductor. Do disco "de espaldas al mundo" do ano 2002, este tema dos inagotables madrileños de Boikot, dos que teño que decir que non lembro nunca terme aburrido en ningún dos seus concertos. e xa os vimos unhas cantas veces, e as que nos quedan porque os próximos meses estarán a presentar o seu novo disco "Los problemas crecen".




E así chegamos ó final desta entrada tan musiqueira. Mañán cruzarémo-lo canal da mancha para cambia-las frías augas do atlántico polas mais mornas augas mediterráneas da costa Alicantina, onde temos á familia adoecendo por mimar a Lia e onde agardo poder descansar algo mais dunha semana no que serán unhas (creédeme) merecidas xornadas de descanso.
Que Verán mais duro!!....Pero seguimos vivos. Non hai queixa.
Saudos a Todos e a todas.