miércoles, marzo 07, 2007

De Victorias e Folgueiras


É coñecida por moitos de vós, a miña escasa formación no que respecta ó mundo da televisión, sobre todo á parrilla actúal, xa non por falta de interese, que tamén, se non por mero divorcio territorial. Mais aquí, na nosa casa de Bath, estamos abonados ó famoso sistema dixital SKY, que teño que recoñecer que non está mal e que é de moita utilidade para aprende-lo idioma. Pero a través da SKY, tamén se sintoniza a canle de TVE internacional, da que hai que decir que ten moitas cousas interesantes (Redes, 59 segundos, el escarabajo verde, DKalle, concertos Radio3) mais tamén emite, no meu entender, moitas horas de televisión Abuela Maruja (Cine de Barrio, Amar en tiempos de Franco, Tendido cero, Frijolita). Por non falar, claro está, da crema esa de Baba de Caracol, da que emiten unha promoción que dura unha eternidade, repetindo os beneficios da aplicación da citada sustancia via tópica, gracias a un presunto milagreiro compoñente chamado Alantoína.



Pero últimamente tenme enganchado ese gran programa cultural que emite TVE2 dende fai 10 anos chamado Saber y Ganar. Nel está a participar unha Coruñesa chamada Victoria Folgueira, que resulta ser unha das magníficas deste ano e incluso da historia do programa. Unha auténtica fiera. Invencible. Unha mostra do mellorciño da nosa terra e as nosas xentes. Victoria, que é historiadora e arqueóloga, leva participado ata a data nunhas cincuenta edicións do programa. En todas estas ten amosado unha erudición e unha cultura xeral fóra do común.
De seguro que moitos de vós xa a coñecedes, posto que este mítico programa é dos líderes de audiencia en TVE2.
En Homenaxe a Victoria e pra os que non a viran nunca...Ollade:


E coma non podía ser de outro xeito, cada vez que o Señor Jordi Hurtado pronuncia o apelido Folgueira, non podo mais que lembrarme de Miguel Folgueira, que penso que non ten relación directa con ela, mais nunca se sabe.
Miguel, ademais de seren gran profesional e un dos mellores músicos baterías de toda a comarca "Santiago, Meseta-interior", é amigo, que nos tempos que corren, non é pouco. Con él pasei moitos momentos bos, pero tamén algún momento malo, os menos, por sorte!!...Mais el, sempre estivo ahí en ambos.
É adicto á música e sempre anda metido en diferentes proxectos musicais, sendo un dos mais coñecidos a súa andaina en Mestizaxe con Toxo and company.
Últimamente, se as cousas non cambiaron, está comprometido no Proxecto ITH, que está a ter unha resposta por parte de público e crítica mais que boa, chegando incluso a gravar nun estudio algúns temas que xa foron emitidos por diferentes emisoras de radio. Aquí vos queda un deses temas (Depresión) que podedes descargar por xentileza de RIKI na sua páxina de descargas.

Boas novas. Seguimos vivos. Desfrutade da música e da vida. BICOS




Se non vos arrinca o audio, tentádeo aquí.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Dear Félix:
xa que polo visto nestes últimos dias este s que é o único medio de comunicacion que se pode empregar para contactar contigo (debido en grande medida á participación dos nosos postos de traballo nesta relación) tua filla e máis eu queriamoste decir que gostamos moito do teu blog.É unha mostra máis da tua orixinalidade e destreza,cualidades polas que te envexan alende dos mares.Noraboa.
Ademáis,aproveitamos deste espazo plural e libertario,para expresalo noso amor e respeto pola tua grande persoa.
Rebeca e Lia
salúde e liberdade!

Anónimo dijo...

Dear anónima:
Pasa pa cama que mañán ergueste cedo¡¡
A ver si quedamos algúm día...Mañán?...Botella de Rio Rojo e cena?
BICOS