
Hoxe recibimos boas novas dende o centro de "El Acebuche" en Doñana, onde unha femia de Lince Ibérico chamada Saliega (Lynx pardinus) pariu esta mañanciña 2 fermosos e sans cachorros, xusto un día despois de que outra lince , Aura, parise outras 3 crías, dentro do programa de cría en cautividade impulsado pola Consejería de Medio Ambiente e o Ministerio, como apoio á conservación desta especie en serio perigo de extinción.

Os linces que nacen en cautividade póñenselle nomes de prantas seguindo o abecedario. Así no 2004 a letra A (Adelfa, alhucemas...) e os do 2005 a B (Brezo, Brisa, Boj...)
Mais a pesares do mérito que ten a cría en cautividade deste felino, e por moito que este tipo de programas traballen a prol da reintroducción da especie no seu entorno orixinal, opinamos que é a destrucción do hábitat o que está a extinguir de maneira case irreversible a esta, e outras moitas especies. E debería ser precisamente en ese punto, no que incidisen os programas de conservación de especies.

Mais o planeta atopará solucións, sendo a nosa desaparición unha das mais probables. Que así sexa!! Ata entón desfrutade.
E falando de animais en perigo de extinción, veño de ver unhas imaxes do ex presidente Aznar dende o gran premio de Australia de F-1, gravadas da emisión en directo da canle inglesa ITV que en U.K ten adquiridos os dereitos do evento, nas que unha vez mais a súa imaxe queda bastante dañada. Nelas, o presentador sabe que ten que entrevistalo pero non o recoñece. Vaia, que lle din que lle pregunte algo e non sabe quen carallo é.
Pero José Mari xa vos ten experiencia nesto. Non podo mais que lembrarme dunhas imaxes que quedarán para sempre gravadas na miña retina.¿Lembrades?
6 comentarios:
jajaja... Ouh Yeah, Master!
Vexo que Ansar agora vive en Bagdad... menudo cabroncete está feito!
Tanta Gherra, para o final acabar sendo un talibán!!!
Ah, discrepo contigo. Estos animais non están en perigo de extinción, senón que para min hoxe están máis vivos que nunca. (Refirome os putos xefes de goberno de paises xenocidas e asesinos coma o noso, ¡claro!)
¡GOD SAVE THE LINX PARDINUS!
Ese pepetrola!!
Xa se che botaba en falta.
o BLOGOCORNIO NON PERDONA. MUERTE A UNI2!!
Camarada.¡UNha aperta dende a terra..
Esto cheirame a unhas vacacións...
Dame a que ha inmigrado a Hispania, sí! ;)
Aqui andamos por Enjland outra vez, mais un pouco lia-dos. Un bico Ghaiteira e outro po pepetroleiro.
Un saúdo, campión! E perdoa que non fora có meu gorro vermello verte coa túa flor roxa na celebración do Gatos, pero problemas da vida impedíronme a asistencia. O igual que me están a impedir escoitar “A Hora Amiga”
Cando chegue o momento xa comentarei o percal.
¡Disfruta da Fami-Lia! Saúdos
Publicar un comentario