domingo, marzo 04, 2007
XIRAMUNDO: NOVIDADES
Temos novidades na sección xiramundo. E non son malas novas, porque dende o vindeiro dia 27, a compañía aérea Irlandesa Aer Lingus operará dous voos semanais entre Santiago de Compostela e Dublín.
Lavacolla será o decimocuarto destino de Aer Lingus en España, que prevé poñer á venda 20.000 plazas para os voos entre esta terminal galega e Dublín ata o vindeiro mes de Outono.
Para que vos vaiades planificando, os voos terán saida e chegada os Martes e os Sábados e o prezo, mercando coa suficiente antelación, rondará os 80-120 euros por persoa ida e volta, ainda que nas primeiras xornadas a compañía ofrecerá tarifas ainda mais baixas. Case case costa mais o Alsa de Melide a Bilbao. Así que xa sabedes. Pajaritos a vooolar!!
Por suposto, dende Lia a dia, non nos queda mais remedio que recomendar encarecidamente esta escapada a Dublín, da que de seguro non haberedes desperdiciar nin un so minuto durante a vosa estancia. Nós estivemos por alá o pasado mes de Outono, voando dende Bristol a Belsfast, capital de Irlanda do norte, e alugando logo un coche para visitar o resto da illa, incluindo claro está, Dublín. Foi unha viaxe curiosa e a que lle tiña moitas ganas por poder apreciar a diferencia entre unha illa e outra, e por poder entender dunha vez por todas que carallo se cocía por alá políticamente.E certamente tenche moita historia todo aquelo, e moitísimo por descubrir. Pero mellor descubrilo por un mesmo. Animádevos!!
E se ti eres dos que pasa da política coma da merda, tan só necesitarei unha palabra para convencerte; GUINNESS.
Un bicazo a todos Xentalla!!Ondequeira que estedes..Seguimos VIVOS!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Polo que vexo estades os tres feitos uns trotamundos de moito cuidado... como ten que ser!!
Por certo, que non cho dixen antes, tes unha cativa ben guapa que supoño que sairía a súa mama, porque vostede ghuapo ghuapo ben sabe que pra mín non é. ;)
E de Dublín decir que é un dos sitios xunto con Londres e Praga os que máis gañas teño de ir, pero tempo o tempo...
Pdta: Donde esteña a nosa centenaría Estrella Ghalicia que se quite a Guinness irish.
Bicos e apertas para Fiz and Family dende o Bocelo ata BATH.
Hai algo mellor nesta vida que viaxar PePetrola?? (En tódalas suas variantes, por suposto...)
Gracias polo piropo a LIA e que sepas que se parece a min de carallo¡¡ ¿que é iso de que non son guapo?? Terías que verme ben maquillada, con lencería fina e "zapatos de chúpame la punta y tacón"...jajaj...Viche a foto da entrada "Libertaaaad....!!!?". Pois era EU... JUAS!!!
En canto as túas eleccións de destinos, totalmente dacordo, sobre todo Praga. Estivemos por alá no 2005 e paga a pena. MOITO!!. Sobre todo as mulleres e a cervexa!!BUF..
Algún dia falarei no blogue da miña compañeira Checa Marcela. Historia curiosa a desta rapaza tamén.
Unha aperta
Publicar un comentario