viernes, marzo 09, 2007

Gal- Ego


Outro ano mais, e xa van 20, a revista Forbes ven de publicar a súa afamada e insultante lista das maiores fortunas do mundo, que unha edición mais (con case 50.000 millóns de euros) segue a ser encabezada polo Señor Bill Gates. Mais a novidade deste ano, é a incorporación, por primeira vez na historia desta lista, dun galego no ranking das 10 primeiras fortunas do saqueado planeta terra. Concretamente, e no número 8 da lista, aparece o Señor Amancio Ortega, cunha fortuna que rondaría os 20.000 millóns de euros. O señor Ortega, pasa de estar no número 23 da lista na pasada edición, ó número 8 na deste ano. O propio Steve Forbes, destacou o ascenso deste home na presentación deste famoso ranking onte en New York.
E agora, pechade os ollos por un intre, e pensade que fariades con 20.000 millóns de euros.
A min a bote pronto, ocúrreseme o seguinte cálculo. Galicia ronda os 2.700.000 habitantes, entre 20.000 millóns = 7407 euros por Galeg@. A vós non sei, pero a min pra ir tirando unha temporadiña viríanme de perlas. Que opinades?.
De Don Amancio, decir que ten o gran mérito de ter empezado a súa andaina millonaria dende a humildade nun pequeno taller de costura da Coruña, e nunca quixo ter mais protagonismo que o estrictamente necesario. Polo que dende Liadia, non podemos mais que felicitalo e respetalo. Mais os seus balances de beneficios empezan a ser mareantes, e non sei ata que punto se pode ter a conciencia tranquila o iren pro berce cada noite, sabendo que nas túas mans poderías te-la chave para cambiar moitas cousas. Porque:
..................OUTRO MUNDO É POSIBLE.........


Un que si me fai sentir verdadeiramente orgulloso, e cuia fortuna nunca estará na lista Forbes, é un veciño de Castroverde (Lugo) chamado Jesús García Juanes, que pretende bati-lo récord de travesía polar en bicicleta para chama-la atención sobre o problema do cambio climático.
Este aventureiro lucense, cun currículo impresionante, escomenzou o mércores pasado na costa oeste de Finlandia a súa andaina polar cun día de retraso por culpa de Iberia que lle extraviou a súa bici en Barajas.
Pretende percorrer a frioleira, nunca mellor dito, duns 1000 Km ata o próximo 21 de Marzo. O que supón unha media de mais de 70 Km ó dia. Terá que ser así se quere supera-lo record que ostenta Ramón Larramendi. Até entón terá que durmir á intemperie, cun simple saco, resistindo probables temperaturas de ate 20 grados baixo cero. Non leva ningún equipo de apoio, polo que os víveres terán que ser transportados por el mesmo. De igual xeito permanecerá prácticamente incomunicado por levar tan só un teléfono via satélite cunha soa carga de batería.
MOITA SORTE Jesús e gracias por aportar o teu graniño de area unha vez mais.

E falando de Lugo, xa por último decirvos que outro do que me sinto orgulloso, é Josiño, que mañán Sábado se presenta ó examen do "Cambridge First Certificate in English" na cidade das murallas. Dende Liadia nada mais que desexarlle toda a sorte do mundo e agardemos que non che toque un examen de Ingles tan dificil como este, extraído da película "Amanece que no es poco" do director José Luis Cuerda.

Esperemos que Jesús siga vivo. Nos ainda o estamos. Continuamos de sorte. BICOS XENTE

4 comentarios:

pepetrola dijo...

Que grande eres, maestro!

Encantoume este post, unha mezcla de poder contra poder. O poder dos cartos contra o poder do espiritu, ou o mesmo espiritu que leva a poder ter os cartos...

Eu creo que na vida somos máis felices canto menos posuímos... Xa sei que me podes dicir que "Nada tienes nada vales" ou "Tanto tienes tanto vales", pero tan só có amor dos seres queridos para un ten que ser suficiente.

O amor é ou debería ser o que movese o mundo, e non os cartos. Eu por cartos non faría nada nesta vida, sen embargo pola persoa amada son capaz de dar a miña vida.

O espiritu ten que ser libre, loitador e aventureiro. Ben sei que hai unha idade a que igual o corpo che pide papas, pero igual é o revés...

O rapaz de Castroverde está facendo unha demostración de espiritu libre. Seguro que sen cartos non o podería facer, eso ben o sei, pero sen ese espiritu aventureiro e loitador tampouco.

Igual que ti máis Rebe distedes o paso de ir a Bath, eso xa é ser votados para diante e ter valor máis un espiritu libre e aventureiro.

Pdata: O outro día escoiteivos na Hora Amiga, pero non tiña o móvil conmigo para poder chamarvos, foi unha pena, oh!


Alédame saber que estades ben, unha forte aperta @s tres.

Anónimo dijo...

por sorte, e gracias a rede tamen pode un facer cousas tan maravillosas como este blog e de xeito case gratuito, e decir e opinar o que nos saia dos collons que en estes tempos de manipulacion tamen se agradece.
Noraboa fiz un gran traballo

Anónimo dijo...

Bienvenido a la Blogosfera (ou Blogomillo)!!!!

Ya te tengo en la lista de enlaces de mi blog. Precisamente allí me preguntabas como hacer para salir en el Google. Pues la manera es esta: Que muchas páginas tengan enlaces a la tuya, y cuanto más importante sean dichas páginas (no es mi caso), mas arríba estarás en el buscador. Así que ya sabes...

En cuanto el tema Amancio Ortega. No me enorgullece en nada que un gallego entre en el top 10 Forbes si lo ha conseguido como todo el mundo: A base de explotación. Basta visitar un taller o cooperativa textil de los cientos que trabajan para Inditex en Galicia y preguntar cuan generoso es Amancio con ellos.

Parece mentira que alguien que realmente puede dignificar un poco el panorama laboral en su "amada" Galicia, actue de esa manera, y por encima los políticos lamiendole el culo, ya sean sociatas, peperos o bloqueiros.

FIZ dijo...

Pepetrola. Tes moito que aportar!!Vexo que levamo-la misma liña filosófica. Este blog e teu para cando queiras. Se o tema che tocou a fibra, eres mais que benvido a escribir ti unha entrada cando gostes. Mándama o meu correo e publicareina con moito gusto. Este blog e tan meu coma teu. Xa o sabes!!

Amiguete. Por fin te pasas por aquí. Xa pronto nos vemos e espero me aportes algunha idea po blogue.
ADSL EN LIMIÑÓN XAAAAAAAAAA!!!!!!
Xa che levo a tarxeta de rede o dia 24.

DEIVID: Gracias por enlazarme e pola explicación, e coma non por pasarte polo Blogue. En canto o tema Inditex, totalmente dacordo. En canto nos vexamos xa che contarei unha anécdota dun tal Luis da Coruña que escoitei na cadena ser no programa la ventana.

GRACIAS A TODOS
Estímovos!!