lunes, marzo 19, 2007
FestivaLia
Hoxe inauguramos en Liadia unha nova e interesante sección chamada Festivalia. Nela atoparedes enlaces e información sobre os festivais que coñecemos e recomendamos. Uns mais que outros!!. En todo caso, queda aberta tanto a sección comentarios como o meu propio enderezo electrónico, para recibi-las vosas opinións, inclusións doutros festivais que non aparecen na lista, ou incluso a eliminación dalgún que non pague a pena visitar, e que sí está na lista. O Blog é voso xentalla, así que xa sabedes.
E xa levaba eu varios días tentando rematar esta entrada, porque o vindeiro mes de Abril vaise celebrar (dias 27,28 e 29) o afamado festival de Arte-Nativo VIÑAROCK, que este ano, por vez primeira na súa historia desplaza os seus bártulos á localidade Castellonense de Benicássim, que conta cun dos mellores recintos para este tipo de actos de todo o estado español. Dende Liadia, contaremos cun enviado especial que nos manterá ó dia de todo o que aconteza. É decir, que alí estarei Eu.
Os organizadores do ViñaRock, Produccións Matarile, levan anos pedíndolle ás institucións oficiais e en concreto á coorporación municipal de Villarobledo, melloras nos accesos e nas instalacións do recinto habitual. Ditas demandas nunca chegaron a bon porto, polo que Matarile decidiu o cambio de ubicación ainda a risco de perder en aforo (a última edición xuntou a mais de 75.000 almas e en Benicássim difícilmente se superarán as 50.000), mais apostando claramente pola mellora na calidade dos servicios. Esperemos que así sexa e que non lles salga o tiro pola culata como lles pasou ós organizadores de Festimad na edición do 2005. ¿Lembrades?
Do cartel do Viña deste ano, decir que se confirma a tendencia por parte dos organizadores, da diversificación de estilos musicais. Nótase unha, cada vez mais influinte, tendencia Hip-Hopeira, en detrimento de mais bandas de heavy. Mais seguen a estar presentes grandes bandas de onte, de hoxe e de sempre, do panorama Heavy-Rock nacional.
Pola miña parte destacaría a presencia de artistas e bandas coma; Arianna Puello, Boikot, Fermín Muguruza, S.A, Frank T, Ill Niño, J mayúscula, La Mala, Ojos de Brujo, Ratos de Porao, SoulFly, Rosendo, Skizoo, Todos tus muertos, Potato e moitos mais.
Mais a maior sorpresa de todas viría da man dun dos, na miña opinión, grandes do panorama mundial. Xa non coma artista, que tamén, se non coma persoa. Matarile confirmou o Venres pasado, para maior felicidade do que escribe, a presencia nesta edición, en concreto a noite do Venres, do grande MANU CHAO. Virá acompañado, según contan os organizadores logo dun gran palizón de kilómetros, con toda a súa tropa radiobemba. Impresionante Novidade, que non fai mais que confirmar que efectivamente, o Viña Rock é un dos grandes festivais hoxe por hoxe do panorama nacional.
Esperemos chegar vivos á data en cuestión. Polo de agora aquí seguimos. "May the Force be with you..". Ata Pronto. Saudos a tod@s.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Como sigas utilizando xogos de palabras co nome da nena para nomear as seccións, esto vai parecer o programa de María Teresa Campos
pois eu creo que lle dá toque... moi boa a seccion fiz.queremos rollito download festv. que se coce por la illa ...?como vai ese Glastonbury?
David: Coma dixo Josiño aquela vez.."Que falta de creatividade"--..jeje...Pois non che queda nada!!
En breve, sección protestalia--
Josi: En breve nos vemos e xa falamos e lémbrame que che conte a que se liaou (perdona grandu), con Glastombury este ano. Dentro de pouco piden o CRB!!
_Un bico ós dous.
Con tal de que non cheges a crea a sección "LoqueseLia", o resto será aceptable. Como dixo Josi: "dalle un toque". Perdoade por inmiscuirme na posdata persoal, pero, ¿que é o CRB?. ¿Un carné de residencia?
O C.R.B (Criminal Record Bureau) é o equivalente en U.K ó que sería o certificado de penais en España, e que aquí en inglaterra piden ata para ir mercar unha gaseosa.
En breve atoparás na sección "BurocraLia" mais información ó respecto. XD. (Tranqui, é broma)
Xa vos contarei o que lle pasou ó meu compañeiro Peter H. co C.R.B.
Unha aperta Deivid.
Publicar un comentario