martes, marzo 20, 2007

É de ben nacidos


É de ben nacidos recomendar o que che recomendan. Por iso, hoxe adentrámonos no Blogocornio para dar cabida a varias propostas que por distintas canles foron chegando a este voso blog.


Ó fio das entradas que fixen ó longo dos últimos dias, e falando con "Encarna de Minchi" (gran compañeiro das noites) a través do mesenlleiro, pasoume un link a un video que eu xa coñecía, pero que tamén quere compartir con todos e todas. Nel móstrase a perspectiva que dende E.E.U.U se ten do resto do mundo. Está en Inglés e é un pouco longo, mais con ver o primeiro minuto, xa podedes intui-lo final.
Pola súa parte, Charly non quere deixar pasar a oportunidade de recomendarnos, xa que falamos deles, que visitemos a páxina da productora de Thievery Corporation, eslmusic, así coma a páxina web do fotógrafo bonaerense Daniel Cima, que tamén colabora co grupo.




Éncheme de satisfacción que dende a cidade Olívica, ainda que con parada e fonda no barrio do Vinteún, en Ourense, Chorima-Eli nos faga chegar unha proposta musical, que agardemos non sexa a derradeira.
Transportémonos pois con ela a Manchester, Inglaterra, con todo un clásico; "The Smiths", "please, please, please, let me get what i want!" Interesante proposta, mais un pouco triste, ainda que estou seguro que leva implícito un mensaxe positivo. Ou eso espero!.



E de novo dende Visantoña, David Grandu, por medio dun correo eléctronico, proponnos unha boa alternativa para non deixar descansar á muliña. Jorge Pardo e Carles Benavent, disco "Los 10 de Paco". Proposta que eu, por xentileza de Nino, fago extensiva a Gerardo Núñez. Flamenco moderno, progresivo e fusionero a un nivel case nunca visto.
De igual xeito, tamén podedes agradecer a David, que esta sección non se chame amigalia, propostalia ou calquera das súas variantes.
Que ganas de playita y chiringuito.



E tamén Txini dende Melide, que segue coa revolución silenciosa, achéganos a sua preocupación polo que se está a cocer coa nova reforma da lei de propiedade intelectual, coa que se pretende impoñer un novo cánon que alcanzaría a tódolos soportes dixitais. Dito canon, dispararía os precios dos productos electrónicos un 25% como media, poidendo chegar ata un 80%. Txini está facendo circular un correo no que podedes asinar nun escrito, para tratar de frenar o que parece que xa é mais que inminente novo canon.

Gracias a todos polas vosas ideas, opinións e propostas, que son, e serán sempre, benvidas coma bon parásito que son.
Vivitos e coleando seguimos. "Que la suerte te acompañe".
Ata pronto. BICOS

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bo o video dos yankis. Non se enteran de nada nada.
E dicirche que fixen caso a unha recomendación peliculeira que fixeches no blog, coido, e que eu aínda non vira.
"El jardín de la alegría"
Gustoume. Veña unha aperta fiz and family

Anónimo dijo...

Outra cousiña o video de teu irmau no pregón de antroido esta na mula
e2k: ed2k://|file|amiguete.pregon.avi|105496520|5631EC0F4E012BEBB87BB1968B2FB7CB|/

veña

citizenerased dijo...

moi boa esa dos smiths anque ,quedome coa versión de muse dese tema que é moito máis.
http://www.youtube.com/watch?v=K1AS5hVEb_M

Anónimo dijo...

Esto es un blog y lo demás tonterías...existen hasta hojas de reclamación y se tiene en cuenta al cliente!
Bueno en fin, felicitaciones al artista por este pequeño rincón de arte y revindicación, está guay eso de que esté en galego, que así me vale de clases prácticas.
Variedad de temas, interesantes y unas buenas risas...y gratis! LA competencia al 20 minutos ha llegado...
Saludos varios desde la capital, a seguir así Fiz Sanchez Dragó, el Lía a día está destinado a ser grande.

FIZ dijo...

Riki:
Alégrome que che gustara "El jardin de la alegria". É a típica peli coa que non deixas de sorrir en ningún momento. Gustoume moito a presentación dos personaxes e as localizacións. Fíxome ilusión vela porque está rodada en Cornualles en sitios que estivemos visitando, xa que non queda moi lonxe de onde vivimos.
Mira ademais o que veño de leer na rede:

Carmen Maura rodará el remake español de 'El jardín de la alegría'
12/03/2007

Carmen Maura rodará el remake español de la comedia británica 'El jardín de la alegría', que protagonizó Brenda Blethyn y que llevará el título de 'Salvar a María', será dirigida por Alvaro Begines y contará con la presencia del último ganador del Goya al mejor Actor de Reparto, Antonio de la Torre. Ademais vai a estar rodada no norte de españa.
¿Que che parece?. O que si que flipei é co tempo que tardou en estrenarse en españa, xa que é de 2000 e penso que se estrenou a ´finais de 2002. Se te queres raiar mira: http://escena.ya.com/cinemerida/JARDINALEGRIA.htm
Mil gracias polo enlace da mula. Colgareino no blog..Se o dou baixado porque non che me anda nada ben o burro.

Josi: Tes razon meu. A versión de muse está moi guapa.

Minchi: Por fin te pegas un Blogo rulo e estampas a tua firma. Agardabamoste con impaciencia. Esperemos nos visites con asiduidade.
Preséntele usted mis respetos a sus padres......¡Que son mis tios ..COÑO!

Anónimo dijo...

Da gusto ver que as recomendacións non caen en saco roto. Non sei eu se en Sounds from an island terían a mesma cabida. Sigo coa miña liña de recomendacións distintas: Caetano Veloso "A foreign sound". É un disco de versións de música non brasileira, principalmente anglosaxona. Quedadevos coa tremenda versión de "Come as you are" de Nirvana. Xa me dirás