lunes, marzo 12, 2007

ConEXXiON


Recibín un correo moi cariñoso de Patricia do forno, dende A Coruña, felicitándome polo blog e suxerindo algunhas ideas sobre todo no apartado fotográfico, que segundo confesa, é un dos seus favoritos. Estou agardando ansioso unhas fotos que me quere mandar para seren publicadas. Patri tamén me suxire, e eu fago extensiva a tod@s a suxerencia, que visitemos a páxina web frenaelcambioclimático.org.
A Páxina non está mal, sobre todo a sección Blog , onde se poden consultar proxectos e informes bastante obxetivos. Haí algún que che pon os pelos coma escarpias.

Por poñer un exemplo, falemos da compañía Exxon, que é a primeira potencia petroleira mundial. As súas emisións anuais de CO2 superan a Gigatonelada. Esta cifra só é superada por 5 países; E.E.U.U, Xapón, China, Rusia e a India.
Pois ben, a U.C.S (Union of Concerned Scientists), acusa a Exxon de gastarse 12,5 millones de euros entre 1998 y 2005 para orquestrar unha campaña de desinformación destinada a poñer en duda a existencia real do cambio climático e, sobre todo, a responsabilidade da acción humana no mesmo.
Seguro que tod@s escoitastes nalgures a hipótese de que o cambio climático que está a sufrir o planeta terra é puramente cíclico. Dádeme a min 13 millóns de euros e de seguro que convenzo a medio mundo de que o cambio climático é culpa das empresas que diseñan os termómetros por teren mal calibradas as escalas nos aparatos.
A petroleira creou unha rede de 43 organizacions e expertos no tema para tratar de crear incertidume e que Estados Unidos evitara os plans de reducción de emisións de CO2. Unha campaña parecida a que durante mais de 40 anos emplearon as empresas de tabaco para nega-los verdadeiros efectos nocivos da nicotina.
Mais ¿que se pode esperar dunha sociedade na que os que toman as decisións mais importantes PARA TODOS, teñen intereses particulares nas grandes empresas?. Porque, ¿Que apelidos creedes que aparecen nos consellos de administración das grandes empresas do petróleo en E.E.U.U incluída Exxon?. Eu volo direi: Cheney, Powell, Rice e coma non podía ser de outro xeito a Familia Bush, entre outros moitos.
E o que mais toca os collós de toda esta historia, é que logo veñan os políticos, institucións oficiais, e ministerios de turno que baixan os pantalóns e poñen o cu en canto teñen ocasión, a decirnos a NÓS, grandes e verdadeiras testemuñas de toda esta farsa, que non deixemo-la televisión en Stand By ou que vaiamos ó choio en Bicicleta, (ambas cousas, por certo, que eu cumpro). Sabede-lo que mais?? IDE RAÑA-LO CARALLO¡¡¡

You think twice!!..Ollade e escoitade.
Música, Tema: Crazy by Gnarls Barkley.



E falando da cultura e do sistema norteamericano, vénseme á cabeza o noso compañeiro Josiño de Iglesias, que coma vos contaba en anteriores entradas, presentábase a examen do First Certificate en Lugo o pasado Sábado. Ainda non din averiguado que tal lle foi coa proba. Informareivos ou se cadra Él mesmo, en breve.
Eu, no meu aprendizaxe da lingua Shakesperiana, teño que dicir que estou recurrindo a novos métodos. Logo de deixar de lado o sistema do "Profesor Maurer" de "hable Inglés en mil palabras", (O meu problema e que ó pasar de 50 quedo sin espazo no disco duro) estou estudando novas canles de aprendizaxe en formato mais comprimido (Aprenda Inglés en 3 palabras). Dende venezuela chega este novo método.Ollade:



Se sigue por este liña non sei canto lle quedará de vida o Señor Chávez(pode ser que teña un desgraciado accidente de helicóptero, un extraño virus ou unha simple caída na ducha.....vai ti a saber), que xa se sabe como as argalla o poder. Mais Nós seguiremos celebrando cada día. Seguimos Vivos. Que sorte. Bola extra¡¡
Un bicazo compañeir@s e perdonádeme por este post tan realista.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Impresionante documento, Mister Danger jejejje, que collós ten

pepetrola dijo...

Nada máis que podo remitirme as verbas do Doutor Riki. ;) (Que pá algo é doutor...)

Un saúdo a esa xente de Bath.

Anónimo dijo...

bravo por un blog de información comprometida. Non esperabamos menos de ti. Ata onde sei a proba do noso colega saíu ben. Que sigades tendo tempo libre

Anónimo dijo...

bravo por un blog de información comprometida. Non esperabamos menos de ti. Ata onde sei a proba do noso colega saíu ben. Que sigades tendo tempo libre

FIZ dijo...

GRacias Rapaces por seguiren ahí!!

Riki, non sei que me dará mais medo; se o señor Bush and company ou o Comandante Chávez.XD

Pepetrola. Unha vez mais estás dacordo co Doutor!!.. Impresionante a túa fidelidade ó Blog. Obrigado!!

David; un placer ver a túa estampa polo blogue. Agardo as túas opinións e ideas. Ademais por duplicado. Así me gusta!!

JOSIÑO....Aprobache ou non???Cajoendiola...Di algo

BICOS A TODOS. Sodelaiostia
Cheers!!!