
Hoxe recibimos boas novas dende o centro de "El Acebuche" en Doñana, onde unha femia de Lince Ibérico chamada Saliega (Lynx pardinus) pariu esta mañanciña 2 fermosos e sans cachorros, xusto un día despois de que outra lince , Aura, parise outras 3 crías, dentro do programa de cría en cautividade impulsado pola Consejería de Medio Ambiente e o Ministerio, como apoio á conservación desta especie en serio perigo de extinción.

Os linces que nacen en cautividade póñenselle nomes de prantas seguindo o abecedario. Así no 2004 a letra A (Adelfa, alhucemas...) e os do 2005 a B (Brezo, Brisa, Boj...)
Mais a pesares do mérito que ten a cría en cautividade deste felino, e por moito que este tipo de programas traballen a prol da reintroducción da especie no seu entorno orixinal, opinamos que é a destrucción do hábitat o que está a extinguir de maneira case irreversible a esta, e outras moitas especies. E debería ser precisamente en ese punto, no que incidisen os programas de conservación de especies.

Mais o planeta atopará solucións, sendo a nosa desaparición unha das mais probables. Que así sexa!! Ata entón desfrutade.
E falando de animais en perigo de extinción, veño de ver unhas imaxes do ex presidente Aznar dende o gran premio de Australia de F-1, gravadas da emisión en directo da canle inglesa ITV que en U.K ten adquiridos os dereitos do evento, nas que unha vez mais a súa imaxe queda bastante dañada. Nelas, o presentador sabe que ten que entrevistalo pero non o recoñece. Vaia, que lle din que lle pregunte algo e non sabe quen carallo é.
Pero José Mari xa vos ten experiencia nesto. Non podo mais que lembrarme dunhas imaxes que quedarán para sempre gravadas na miña retina.¿Lembrades?
Vexo que o Sr. Aznar sigue percorrendo mundo na percura de armas de destrucción masiva. Él sabe que as deixou nalgures, pero non acaba de lembrarse onde. Incluso chegáronnos rumores de que o propio Aznar en persoa ataviado cos atuendos própios da rexión andivo buscando as armas.
¿Como que non mo creedes?. Ollade, ollade:
Polo visto, Aznar segue vivo. Nós tamén. ¡Sorte que temos!
Pena non poder deci-lo mesmo de case 600.000 seres humanos en Irak.
Mr Danger, Josi Mari, Blair. Sodes unhos putos asasinos. A historia Xulgará!