lunes, octubre 29, 2007

Sexo


A palabra SEXO, segundo os informes presentados polos mais importantes buscadores da rede, é a raiña de tódalas buscas no internete. Hoxe intentarei logo darlle un pouco de pulo ó meu recuncho falando do tema en cuestión. Falemos pois de SEXO.

------------------------------
SAUDOS xentalla.
Xa estamos de volta por terras británicas logo de conducir o superClio de regreso a Galicia coma vos contaba na entrada anterior, ateigado de enseres e trebellos varios.
Xa queda pois menos para o noso "maternity break" por terras Galegas dende o vindeiro 1 de Xaneiro, día de San Manuel no calendario Gregoriano.
Un dos enseres que xa está de volta na Coruña é o meu ordenador de escritorio, de ahí o meu retraso editorial no recuncho Lia a Día, xa que agora só conto co portatil Airis (aparato non recomendado nin ó mais ruín dos meus inimigos) que non funciona correctamente, xa que se apaga el soíño cando lle sale do disco duro e non volve acender ata que se lle pon nos cables. De ahí a pouca participación activa no blogomillo.

Mais a estancia por terras Galegas, serviu para algo mais que para gañar case 3 Kgs de peso no tempo record de 6 días (E non me refiro o bebé). Serviu tamén para facer unha visita médica á Doutora Roival, na Clínica Herculina de Sta. Teresa, onde como parte normal do proceso de control fixemos unha rutinaria ecografía na que vimos de maneira clara O SEXO do bebé que está de camiño.
Estou polo tanto en condicións de compartir con todos vós de maneira case certeira que se todo vai ben imos ter un MENIÑO.

De verdade que non minto se vos digo que non me importaría en absoluto que fose outra nena, pero os que falastes conmigo en persoa do tema sabedes que vos dixen dende o primeiro momento que tiña a certeza persoal (intuición masculina, que tamén a temos) que nesta ocasión iba ser un NENO.
E acertei.

Hoxe teño polo tanto algo mais que festexar que aquelo que digo sempre de que SEGUIMOS VIVOS.
Hoxe celebramos ademais, que se todo vai ben imos ser pais (que locura, ainda non me afixen á primeira e xa falo do segundo...) dunha parexiña de fedellos.
Recurrindo o tópico, sexa o que sexa....que veña SAN.
Amén.
SAUDOS

14 comentarios:

Maria Daniela Salgado dijo...

Hola fizzz felicidades por tu hijo varon, saludosss

citizenerased dijo...

Congratulations mate!!!

A lareira de Santiso dijo...

Alégrome de que todo vaia ben? Segue aberta a porra de nomes?
Apertas, Fiz!

Anónimo dijo...

ESO ESO , SEGUE ABERTA A PORRA DE NOMES , EU TEÑO UUUUUNNNNNNN¡¡¡¡ , noraboa a parexiña sempre e bonita . que ilusion . SAUDOS A REBECA E DESFRUTADE O TEMPO SEN CHOROS¡¡¡

citizenerased dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
citizenerased dijo...

Xa hai un fío dentro do meu foro para propor nomes para o futuro membro da comunidade.

http://citizenerased.mundoforo.com/

(o post está na sección de variedades)

Se nunca posteastendes,para facelo tedes que rexistrarvos.É un pasiño de nada.

Fiz,como ves volvo a usar o teu espacio.

FIZ dijo...

GRACIAS A TODAS E A TODO...

Claro que segue en pe a porra de nomes. Non vos cortedes....

U/N BICAZO..

Siry Pérez dijo...

Hola chegei non sei como eiqui, se meu galego non e moi bo perdoa, tratarei de aprendelo pouco a pouco.
Gustame historias en Galego.
Saludos desde la Merida venezolana, y por mi sangre corre sangre gallega.

FIZ dijo...

Benvida a este recuncho Siry.
Encantado de terte entre nós.
O teu galego é caralludo, non te preocupes.

Así é a rede de redes. Non sabe un nin como, pero CHEGA.
Incluirei o teu interesante blog na lista.
Para que logo digan que os Blogs en Galego están limitados xeográficamente.

Anónimo dijo...

paso de entrar no blog do citizen pola perguiza de non rexixtrarme pero ahi van as miñas propostas:
-Son(como sonido e fillo ainda que non vos desexo que sone moi alto cando nazca)
-Quin(nada que ver co Sr Anxo Quintana, é por aquelo de Quin Concheiro, que é como king kong-cheiro)
-Neo(nada que ver co de matrix foi simplemente pensando combinacions de tres letras)
-Dois(non descartedes o nome que con tanto cariño lle puxo a miña afillada)
E sobre todo insisto na posibilidade de que se chame MERLIN

Anónimo dijo...

Ainda non tivera ocasion de ler a entrada de amiwalker, moitas gracias fiz case me caen as lagrimas, teño o spelos crechos de emocion. querote con todo o meu corazon, a ti a tua compañeira e a todo a prole que nos traigades.
por certo a hora amiga esta en camiño, este venres 2 de novembro houbo return e con moi pouco amiguismo. volvin eu so sen a compañia de riki que sempre pon o punto diplomatico, e sobreime un pouco cas rapazas que nos queren usurpar a hora amiga.Eu son así para o bon e para o malo.
espero que sigamos facendo programas e que os do bocelo nolo consintan.
bicos a tod@s

FIZ dijo...

Boenooooooooo

Problemas t'ecnicos imp'idenme actualizar o blogue polo de agora....SIII.....O Portatil Airis deixoume tirado de maneira definitiva. Hoxe mesmo estoulle encargando un novo os Reises magos DELL oriente. (Taiwan). Agardo que nuns dias me sirvan o novo equipo, sempre e cando o departamento de contabilidade autorice o gasto dos fondos reservados.
Espero que asi sexa.

ATA ENTON..
Bicos e desculpas

FIZ e Familia.

citizenerased dijo...

Resucita o Compaq....ese si que foi un bo laptop.

pepetrola dijo...

ostras, que duas boas novas, a do futuro mini-fiz, que ben de camiño, e espero que con saude e moito amor de seguro por parte da súa fami-lia. así que agora só falta esperar o gran acontecemento do parto. Que Rebeca leve da mayor maneira posible e sen ningún tipo de problema. E despois haberá que facer unha gran festa, digo eu. ^^

E a otra gran nova deuna Amiguete, a volta as ondas hertzianas da "hora amiga", terei que estar atento, porque esta é outra boisima nova.

Saúdos a toda a Familia!!!