domingo, mayo 27, 2007

Animalia. Dia del Orgullo Friki.


Friki é unha desas palabras que se meteu no noso vocabulario case sen pedir permiso e pola porta Grande. Unha mais para a lista de palabras comodín, que todo o mundo utilizamos pero que nuncan logramos chegar a definir por completo, a pesares de que sempre cumpre a súa función á hora de describir o que se intenta definir.
Etimolóxica e Wikipédicamente falando friki é un vocablo procedente do Inglés(Freaky) que significa estrafalario, lunático, raro, fanático etc.


Orixinariamente, a palabra "freakies" usábase para referirse a persoas que se distinguían por teren algunha malformación ou defecto físico ; Mulleres barbudas, homes elefante (para que logon digan que o tamaño non importa), nenos deformes etc, e soían expoñerse nos circos e feiras. (Pobre Vaca Juanita).


O 25 de Maio do 2007 cúmpriuse o 30 aniversario de "La Guerra de las Galaxias", data na cal se celebra o Día do Orgullo Friki, e por ser xustos co almanaque tamén temos que decir que é cando se celebra o día da toalla. E eu, coma non podía ser doutro xeito quero aportar o meu graniño de area para animar este Frikianiversario. Bailade todos canda min coa toalla na cachola.



by Fiz - ou non?


Para min, Friki é único. E únicos somos todos. E precisamente por iso, todos somos Frikis. (Unhos mais que outros XD) . Todos diferentes. Todos raros dende a perspectiva de outros. Todos cunha historia propia. Nin mellor nin peor. Tan só diferente. Circunstancias persoais variopintas que rixen e marcan camiños de un só sentido de marcha. Dirección única. Sen freno. Sen volta atrás. Desfruta cada bendito frikidia. Podería ser o derradeiro. Hoxe, xornada de reflexión electoral en España, certamente así o cumpro e reflexiono: "Isto non funciona". O sistema faia. Conmigo non contedes.Eu non Xogo.


Ou Papas - ou te papan

A vida é unha selva. Mais lembrade que a únión fai a forza.
Iso si que é Friki!!

lunes, mayo 21, 2007

Buscando o Ñ.Crónica do viÑarock. FestivaLia



Accidentada pero irrepetible crónica do ViñaRock, Benirockin, ViñaCassim, Fiv.. ou como demo den en chamar ó que claramente é un avaricioso negocio que, de seguro, pode chegar a racha-lo saco.
Ainda que o cambio de ubicación ten cousas boas "algo no ar cheira a podrido". Outra vez o cabaleiro fai acto de presencia.
O presuposto do Viña deste ano superaba os 3 millóns de euros. Imaxinamos pois os beneficios.
O poder da música!!



OPERACIÓN FESTIVALIA



A cousa empeza mal cando o comandante do avión que te leva, e logo de tres intentos fallidos, informa ó pasaxe de que aterrar en Valencia é imposible por inclemencias climatolóxicas. Eu creía que quedara sen queroseno, por despiste ou quizais por sabotaxe, e que por iso paraba en Alicante. Pero os tumbos do aparato dábanlle credibilidade á historia.

Xa no aeroporto de Valencia e logo de facerse con 2 boas señoritas polo módico prezo dunha comida obreira no restaurante Ximo, (mai...canta miseria), recollímo-lo coche a estrenar e coas placas dobradas que nos estaba a agardar en Quart de Poblet . (Me encanta que los planes salgan bien). Logo de deixar o paquete cos cartos e o chip ó meu contacto no punto previamente acordado en Quart de Poblet, puidemos encarar Benicassim para acudir ó F.I.V (Facíase in Villarobledo) logrando así despistar ós membros dos servicios de Información. Imposible atoparnos unha vez mesturados entre mais de 70.000 persoas.

Chegados a Benicassim, dinme conta que algún soplón pasara ós axentes información do traslado, xa que a presencia policial era desproporcionada, chegando incluso a reclutar membros das forzas armadas; operaciones especiales, e coma medida de tanteo dirixinme directamente a un deles:
- Disculpe Agente,...¿Para Aparcar Legalmente?
- Tire palante caballero, Búsquese la vida, como todos, donde pueda Usted..(que yo he venido por las dietas, no me jodais con la musiquita).
/Estupendo!!!! Todavía non distribuíran a miña fotografia, nin a das rapazas!!. Decidido. O coche quedaría no chamado "Mare Nostrum". Quedaba tempo.

Pero había que bulir para a zona de música e mesturarse no Galiñeiro. O noso contacto en Málaga (a quen daremos en chamar por motivos de seguridade "pit-iuskas") e o seu equipo xa tiñan todo previsto dende a noite anterior. Pero creo que entre eles había algún infiltrado xa que empecei a sentir os típicos síntomas dunha intoxicación venenoide; Talium quizais, ou Polonio. Debido o estado de incosciencia so puiden dedicarme a desfrutar da música e do espectáculo.

A saber:

VENRES 27

Poncho K: Por esixencias de Guión, escomenzamos o festival con este rapaz que según di "básicamente hace eso, rechazar la fe en cualkier cosa excepto en si mismo". Algo me decía que xa estaba requeteescoitado. E iso de que fai o que lle sale dos collós habería que preguntarllo a SONY e a Marea, por poñer un exemplo.

Mala Rodríguez: Xa coa auga dando os primeiros avisos continuamos cos Malamarismos desta rapaza que deu un concerto mais que pobre por mor dos seus problemas de saude. Coa gorxa totalmente tomada podemos decir que alomenos tivo a ben non cancela-la actuación.

Manu Chao: Intento de guinda do pastel por parte de Matarile, traendo a radio bemba con Manu Chao á cabeza. Pero, ¿Estaban todos? Non. Faltaba a voz nos coros do inesquecible negriño. E notouse moito!. Por outra parte, concerto extremadamente curto, coma todos neste tipo de macrofestivais e no que a choiva xa tiña decidido ser unha das protagonistas principais. Mais calquer concerto de Manu e a súa xente remata sendo irrepetible e inesquecible. E de feito, así foi.

Rosendo: Mestre de Mestres. Obreiro peón da música. Paradigma dos que están empezando. Un gustazo unha vez mais ver a un currante do rock que sempre cumple. Impresionante o señor Mercado e os seus mosqueteiros. Todos para unha e unha para todos. Longa vida a estes artistas que o vindeiro 29 de Maio presentarán o seu novo traballo "El Endémico Embustero Y El Incauto Pertinaz". Qué decir de Rosendo cando ven de recoller fai apenas 1 ano a Medalla de Ouro ó Mérito en Belas Artes de máns de nada mais e nada menos que daquel que saía nas monedas de vinte pesos. SALUD! "Los vemos en la carretera".



POTATO: Histórico concerto dos de Gasteiz, que logo de mais de 20 anos veñen de anunciar a súa disolución coma banda. Unha gran festa. Potato subiu por primeira vez a un escenario na noite vella de 1984 coma unha punky reggae party banda. Propugnaba unha festa reivindicativa ó son do cálido ritmo jamaicano. Hoxe, a proposta segue a ser a mesma: Diversión acompañada de denuncia a través da música.
Potato foi un proxecto aberto no que se viron involucrados de maneira activa tanto os 35 compoñentes da banda como os miles de seguidores que lles teñen acompañado durante todo este tempo. Unha magoa que todo se teña que terminar. Unha sorte que eu puidera desfrutalos. E Alba tamén. Afortunados de Nós.

E así, case sen darse conta, transcorreu a primeira xornada. Co tempo XA coma protagonista principal, logo de varios trebóns premonitorios do que se aveciñaba.

SABADO 28

Dios ordenó a Noé recoger una pareja de cada especie y construir un arca, para salvar así el reino animal del diluvio universal, con el que castigaría la traición de los hombres a todas sus enseñanzas y mandatos.

As primeiras luces do día traían dous impresionantes chaparróns que ocasionaban os primeiros problemas serios de salubridade e seguridade. Moitos de nós optamos polo plan B (Bou vello). A xente que tivo a fortuna de acampar en zonas non inundables, termou como puido nas tendas de campaña ata ben pasado o mediodia. Mais ó chegar a hora programada de comezo dos concertos, a maioría de nós encaramo-los escenarios creéndonos preparados ante a auga por levar 4 "pisighlases". Ilusos!

Frank T: Sen deixar de orballar en ningún momento, diriximos os nosos reumáticos osos hacia o escenario matarile (que dende a próxima edición darán en chamar escenario 2007 en homenaxe a aqueles que tivemos o humor de aguantar o chaparrón desta edición) pero non sen antes facer unha paradiña obrigada no escenario Sennheiser para escoitar polo aire a un dos grandes do Hip-Hop nacional. Podemos decir que un dos pioneiros deste estilo no estado. Grande Frank T, do que non podo opinar nesta ocasión por escoitalo apenas 10 minutos, mais o que si que podo facer é recomendarvos o seu programa de radio que emite dende Agosto de 2004(La 4ºparte. Radio3. Sábados de 12 noite a 2 da mañán) no que mestura sons dos 70 extraídos do mellorciño do funk cos sons mais actuais. Impresionante.

Los Suaves: Xa no escenario 2007 tivemos outra vez a desgracia ou a sorte de darnos de bruces con este grupo Ourensá, no que alomenos desta volta, Yosi tivo a ben facer que cantaba sin facer o ridículo. As veces pregúntome porqué Alberto Cereijo, coa calidade que ten, segue permitindo que se exprima o limón para os cubatas de Yosi. A resposta é obvia, vende mais co peor disco do gato, que cos seus dous discos en solitario ainda cunha producción perfecta en ambos. Mais este ano, Alberto ben de anunciar que deixa a banda definitivamente. E Yosi o que quere é rematar os seus días, aínda pagando o prezo do ridículo, subido a un escenario e coas botas postas. Como lle dixen a aquel redactor de "La Región" nun concerto nos remedios en Ourense nas festas do Corpus, "Al menos es una doctrina". Él ofendeuse moito. Eu tan só plaxiaba a Walter no Gran Lebowski. A música é así.

Canteca de Macao: Un bon descubrimento o de este grupo madrileño de músicas mestizas e moi comprometido coas súas ideas. Rumba, reggae, funk, rock, ska fan do seu primeiro traballo editado (Cachai) un disco do mais reconfortante, pero a pesares de estar comenzando xa arrastran un montón de xente ós seus concertos. Tanto o disco desta xente coma unha maqueta anterior, pódense descargar de maneira gratuita e legal na súa propia páxina webe. Concerto moi animado e divertido pero que rematou sen poder nen tan sequera despedirse polo apagón nos 2 escenarios principais. Unha bolsa de auga no toldo derramábase por riba dos equipos técnicos o que a posteriori provocaría a cancelación de case tódo-los concertos da noite do sábado. Unha mágoa.

Mago de Oz: Logo do gran apagón que cortaba a Canteca, empezaba o concerto de Migas de Noz, no que sería un intento fallido de enchufa-los cables da luz, xa que, ainda co primeiro tema sen rematar, a banda (vaia Banda) tiña que abandonar o escenario por fallos no son para cabreo do vocalista. Ié que a que estaba a caer non era normal. Gotas de auga coma pelotas de goma policiais facían imposible a continuación do evento, polo que paseniño a xente foi decidindo retirarse e cubrirse de algunha maneira, abandadonando os escenarios, non sen antes amosar o seu cabreo desfalcando un par de barras de bar da organización. Acto que se está a converter xa en todo un clásico.

Arianna Puello: Xa a cuberto no coche, levounos moito tempo recuperar a temperatura mínima de funcionamento dun corpo. Coma me dixo meu tio Fernando naquela gloriosa final de copa do diluvio en Madrid, "costoume un bon rato espabila-la troita". Durante o tempo de recuperación no coche, e sen ter nengún tipo de información do que estaba a suceder, sintonizamos radio 3 donde escoitamos dende a distancia o concerto de Ari. Gran voz feminina do Hip-Hop nacional, nacida na República Dominicana ainda que residente en Girona dende os 8 anos, non deixou de animar a aqueles atrevidos que ousaron quedarse no único escenario que seguía a funcionar a pesares do diluvio que caía. Qué de auga!!
Alí foi onde nos enteramos que os concertos, exceptuando os do escenario sennheiser, quedaban suspendidos, intentando recolocalos na noite do Domingo. Que decepción.

DOMINGO 29

Din que á terceira vai a vencida, e no Viñarock 2007 confirmábase dandolle o clima unha tregua a matarile nesta terceira rolda de concertos. A choiva apenas fixo acto de presencia na derradeira xornada chegando incluso a lucir o bendito sol e a acompañarnos mais tarde a Deusa Selene coma despedida de festival. A xente emanaba felicidade e notouse no ambiente de tódolos concertos. O bon roio palpexábrase no ar e as iniciais de sustancias prohibidas compartíanse nun alarde de comunismo alegal. Canta bondade, canta felicidade. Canta xenerosidade. Que mestura de xente. Un de aquí, e outro de acolá. Todos xunt@s, sen lei e sen problema
Todo isto é precisamente o mais fermoso que un leva deste tipo de xuntanzas masivas.Pero ademais amenizado con música ó vivo, convértese en irrepetible. Con nós estiveron esa noite final:



Ratos de Porao: Vistos solo de pasada xa que se solapaba con todos tus muertos. Nos 5 minutos que os vin o "gordo" estaba dando as gracias a todos por seguiren desfrutando da banda logo de 20 anos de Hardcore, o que me fixo lembrar que xa os vira nun festival na Coruña no Coliseum facía tropecentos anos. E logo de todo ese tempo todos seguemos igual; "Crucificados pelo sistema". Longa vida o Hardcore!


Todos tus muertos: Sinxelamente espectaculares. 50 miserables minutos de concerto dos arxentinos. A xente pedía mais, pero os horarios mandan. Escomenzaba con eles a mentalización do que viría co resto de concertos. Logo de 7 anos de ausencia en España, enfervoreceron a mais de 20.000 persoas tocando clásicos coma: Andate, El camino Real, Dale Aborigen, Mate e coma non, temas novos como: Sea lo que sea y fiesta Reggae Punky.

The Locos: Formada por ex-integrantes da extinta Skape (O que mal empeza, mal acaba) é unha burda imitación da citada banda. Ska puro e duro cunha posta en escea que roza o infantilismo. Letras arrimadas a tópicos. Mais ¿quen non se move con ritmos Ska?

Macaco: Sen dúbida algunha para min a mellor actuación do Viña. Premio paraugas de Ouro para macaco, que ante todo pediron desculpas por seren este o concerto mais curto da súa traxectoria. Querían dar mais e nós deveciamos por mais, pero o ter que comprimir medio festival nun só día, non cederon nin un miserento minuto. E neste concerto agradecíase. Haberá que localizalos en vivo nalgures en canto se poida. Unha Gozada!.

Reincidentes: Paso fugaz dos andaluces por terras Castellonenses, cumplindo co mínimo esixible no guión e un pouquiño mais. O sonido regular. Algo fallaba.


Fermín Muguruza & Afro Basque Fire Brigade: Emotivo e agradecido paso de Fermín e a súa xente por este festival, no que se dirá o que queira de Matarile, pero que nunca se deixaron amedrentar polas presións políticas recibidas polos seus carteis. Logo do calvario vivido nos últimos 2 anos, Muguruza deuno todo no escenario. Mais todo non significa o mellor dun mesmo. Os anos non pasan en balde. E coma non podia ser doutro xeito, e por moito que a gadaña da censura roce os nosos cadrís, Fermín despediuse coa polémica "Sarri Sarri" facéndonos a todos cantar en euskera e bailar ata o final, e depaso tocarlle un pouquiño os collós á A.V.T, que ben o merecen.

Ojos de brujo: Unha banda recoñecida en boa parte dos paises europeos e incluso do norte de África e Latinoamérica. Concerto moi animado e creo lembrar que escarallado tamén pola choiva por momentos. Toda unha tropa de músicos en escena que nunca ofrecen un concerto igual. Muxo arte.

Soziedad AlkoholiKa: Concerto muy metaleiro, coma de regreso ás orixes. De seguro tamén emotivo logo de un tempo no que a censura se cebou cos rapaces de Gasteiz. Esta banda sen nengun tipo de causas pendentes coa xustiza pero que algúns seguen a querer criminalizar, segue a ser explosiva en directo. Logo de crear grandísima expectación entre a maioría de asistentes o festival, fixeron vibrar a própios e extranos co seu repertorio. Botei en falla mais temas do "no intente hacer esto en su casa" así coma algún que outro clásico dos directos. O sonido do seu escenario non estivo todo o ben que se se agardaba. Mais sexa coma sexa, sempre é maravilloso encontrarme no seu camiño. Agardemos non sexa a última vez.

Boikot: No noso caso, xa ven entrada a madrugada e cun avión que coller ás poucas horas, este foi o noso concerto final. Unha alegría para o corpo despedirse deste gran festival empañado dende o principio por diversas polémicas, con esta banda que segue a dalo todo no escenario. Non desaprobeitaron o pouco tempo que tiveron para descargar boa parte do seu habitual repertorio. Ainda que unha vez mais con moitas ausencias de temas clásicos dos seus directos. O batería, un auténtico monstro.

Para pechar este amplo repaso quedamos precisamente con este grupo e un tema no que participan bastantes artistas, e que podería resumir o sentimento deste que vos escribe logo do paso por terras Levantinas.


En canto a min, decir que ainda non sei ben como cheguei á casa de volta, a xulgar polo lamentable e sospeitoso pulular do meu corpo no aeroporto de Valencia, e o que é ainda mais incrible, como puiden traballar ese Luns 30 de Abril de 6 a 12 da noite.
En canto á recuperación, foi lenta (tanto coma a tardanza en publicar esta crónica) e dolorosa. Pero pagaba a pena, e para o ano agardo poder repetir, sexa aquí, en Albacete, en Sagunto ou en Alhija del Infantado. Veremos se chego. Da edición deste ano salín vivo. Ainda bon é.

De tódalas opinións que liche ata aquí, si é que conseguiche chegar ata aquí, que "lo dudo", por favor non as teñas moito en consideración. Porque claro..xa se sabe, "como el Félix se ha metido de todo"...

Se segues Viv@, Confía na Túa SORTE...
SAUDE.

viernes, mayo 11, 2007

Recovery

Con media plantilla de Liadia facendo ponte na Galaecia, e co encargado ainda en proceso de recuperación, que non é con tempo, hoxe quero facer un intermedio metamúsicosocial para falaren da banda americana Linkin Park, tamén coñecida por algúns de vós coma "Pinkin Lar", mentras seguemos á percura do Ñ no novo ordenador ukaniano para rematar esa crónica do F.I.V (Facíase in Villarobledo)

Esta banda ven de anunciar fai unhas semanas a data do 14 de Maio coma dia de presentación oficial do que será o seu terceiro album de estudio, minutes to midnight con moitas variacións con respecto a anteriores traballos. Traballos todos eles por certo moi bos dende o meu punto de vista e alomenos innovadores, cun directo explosivo, e que xa foron quen de estar nos números 1 das malditas listas de éxitos de moitos e diversos paises de todas latitudes (Nova Zelanda, china, canadá, Estados Podridos etc.).

Mais coma non podía ser doutro xeito, a rede amiga xa conseguiu filtrar todo o disco, e o señor do teletubo dá a oportunidade de ver o novo video co single What I´ve done, que segundo eles mesmos din, fala sobre os padecementos do mundo: Guerras, fame, pobreza, tralarí, tralareta.
En Estados Podridos o video foi censurado. Esta canción "engloba el sentimiento de todo el disco". Compañeir@s, estos tios estanse forrando!! mais teño que dicer que o vídeo conseguiu emocionarme nun destes momentos que teño eu de "te quiero".
Toca a fibra, e xa se sabe que a fibra é sanísima.

Gostaríame moito coñecer a vosa opinión sobre este traballo, que vos ides aburrir de ver e escoitar, que deso xa se encarga Warner Bros Records ainda que paradóxicamente esta misma xentuza é a que está ordenando retirar agora os vídeos colgados en youtube.
Así que bulide axiña a premerlle á frechiña e cóntame que che parece?? e se o señor Warner desconecta o enchufe avísame se fas o favor, para fedellar e cambia-la ligazón. (Que fermoso é o Galego cona!!)



Preme aquí para ve-la letra do tema

Aquí andamos, perdidiños, soliños e sen rumbo. Mais seguimos vivos que, xa mo terás oído contar mais veces, non é pouco.
¡¡SAUDE!!....(mental)

miércoles, mayo 02, 2007

FESTIVALIA. NO COMMENT!!


TRABALLAMOS PARA VOSTEDES. DESCULPEN AS MOLESTIAS!!

Nestes momentos, estamos a traballar na elaboración da crónica do pasado festival ViñaRock celebrado en Benicassim, Castellón, onde o protagonista principal foi o clima infernal que nos acompañou a meirande parte do evento.

Mais de 100 litros por metro cadrado fixeron por momentos desta edición, xa polémica de por sí, un auténtico caos.
E porque unha imaxe vale mais que mil palabras, aquí vos quedan un par delas para que vos vaiades facendo un croquis mental do que alí aconteceu, mentras o noso enviado especial logra sair do coma profundo co que chegou a terras inglesas.





NOITES ALEGRES, MAÑANCIÑAS TRISTES...Mais desta volta podemos contalo. Seguimos vivos, ¡¡Que non é pouco!!
En breve a crónica completa. UNHA APERTA XENTALLA