viernes, octubre 12, 2007

Road Trip


Logo de deixar ás miñas rapazas na estación de buses de Bath camiño do aeroporto de Heathrow fai apenas unha hora, e como prometía na anterior entrada, paso a des-trip-ar o viaxe que me espera dende aproximadamente as 6 da tarde de hoxe e que culminará non se sabe ben cando.

O plan é levar o coche o mais cargado posible con infinidade de bártulos que logo de case 4 anos por estas terras se xuntan sen saber nin se quera como, ademais dos que vas mercando e dos que non te queres desfacer. O problema e que o vehículo en cuestión éche un Clio, non un Iveco de 4 eixos.
Outro dos problemas é a fuga de líquido refrixerante, que veño de solucionar o mais puro estilo Mc Giver, con esparadrapo do Hospital. Todo controlado pois. ¡¡Ou iso espero!!

O Road Trip podería ser dividido e 4 fases, ás que nun alarde de orixinalidade darei en chamar fases A, B, C, D:

FASE A
Unha vez teña o coche a reventar, emprenderei camiño dende Bath ó redor das 6 da tarde de hoxe Venres cara a marítima vila costeira de Portsmouth, no sur deste bendito país, onde dende o peirao principal zarpará sobor das 23:00 horas o meu Ferry da compañía LD Lines con destino á Le Havre, en terras galas. Ata Portsmouth percorrerei os primeiros case 200 Km desta viaxe. Mais ou menos 2 horas de treito que agardo facer sen presas e que servirán entre outras cousas para comprobar que o meu amaño tipo Mc Giver podería pasar os controis mais esixentes. Como diría J.B Toshack "No Comment".




FASE B
Dende as 23:00 de hoxe Venres ata as 8:00 da mañán do Sábado farei noite no ferry "Norman Spirit". 9 horas de traxecto para cubrir os escasos 200 Km deste treito marítimo do canal da Mancha. Segundo a compañía; A fast, modern and comfortable ship, ainda que a realidade é que é un tostón lento no que terei que pasar a noite nun incómodo asiento reclinable tipo Setra Seida. En Fin. Facendo miñas desta volta as palabras de Txini, Echokai.




FASE C
A etapa Francesa. Unha vez desembarcados en Le Havre hai que poñer de novo a proba ó coche e o moderno dispositivo G.P.S. Podemos decir que é a etapa raiña. Case 1000 Km de ruta e 60 Euros de peaxes ata a fronteira Vasco-Francesa. O Plan é chegar a durmir a Euskadi á noitiña, se o corpo aguanta, claro está, que como se soe decir o caso e chegar. Cruzarei toda a parte occidental de Francia.
Verei nos carteis da autopista as saídas de localidades tan carismáticas como Rouen, Le Mans, Tours, Poitiers, Bordeaux ou Bayonne.


FASE D
E xa por fin na xornada do Domingo, a derradeira etapa deste Road Trip. A etapa Ibérica. Case 700 Km. Etapa do mais tranquilo tendo en conta que en caso de calquer problema técnico, avería ou percance, o seguro do coche cubriría sin excusas trasfronteirizas dita incidencia. Mais seguindo a miña liña optimista podo calcular a chegada a terras coruñesas a última hora da tarde. Mellor non establecer horarios concretos.
Desta volta, e seguindo os consellos dos meus asesores de viaxe, a ruta elexida será a cantábrica en lugar da presumiblemente mais rápida ainda que menos económica Castelá-Leonesa. Ademais dixo o profesor Don Santiago Pemán que o bo tempo ía acompañar. ¿Que mais se pode pedir?.




E isto polo de agora amig@s é todo. Que non é pouco.
Tan só me queda decir que quero aproveitar para felicitar a todos aqueles que se sintan españois este día festivo. E para o resto, ainda que algúns nos pinten con cornos,rabo e tridente, os meus parabéns tamén, que tamén somos "de Dios". No noso caso poderiamos celebrar, por exemplo, que seguimos vivos.
Ogallá poida decir o mesmo o Domingo á noite.
Que tódolos días sexan festivos.
Gracias por seguiren ahí.
Bicos.

11 comentarios:

airen dijo...

Solo espero ke manejes mejor el GPS (del cual sigo mantiendo mis dudas existenciales! jjajajaja). Poco más, ke disfrutes de ese "Roadtrip" en soledad, ke fijo ke también te aporta algo bueno (además de un kansancio del kopón!). bicazos!

FIZ dijo...

Irenilla.....Non poñas en dúbida o bon facer do GPS.

Chegaches ou non chegaches a tempo ó aeroporto en Valencia??

Se non fora por min ainda estabades a durmi-la mona no Hostal a día de Hoxe..
Ata pronto de Diosquer
Bicos.

Anónimo dijo...

ANIMO COA VIAXE
COCHE

FIZ dijo...

Agradécense os ánimos Doutor....

Ainda por riba veño de facer unha chapucilla no coche e a cousa non pinta nada ben,,...

Creo que hai que operar....
Bertocar..Preparen quirófano 1...

SAUDOS

Anónimo dijo...

Boeno,boeno...rapaz.Pois.que.vaia.ben.a.viaxe.
Leva.por.si.acaso,un.pouco.de.superesparadrapo-lo-arreglo-todo-o-mas
extra.que.nunca.se.sabe.se.tamén.tes.que.asegurar.o.cristal.da.ventanilla.
Un.biquiño.moi.gordo.
Saude.e.forza

FIZ dijo...

Gracias Bea...
Vémonos por Bath antes de que deixes estas húmidas terras Británicas....
O esparadrapo está presto e disposto na guantera do coche...
SAUDE
FORZA DIESEL...

rikimelide dijo...

Fiz, boa viagem¡¡¡, vente a modo¡¡¡e be careful co refrixerante, jaja,

pepetrola dijo...

ostras, compadre, ten moito tino por esas carreteras de dios con ese clio, e espero leerte pronto de novo.

Boa viaxe e benvido a túa terra de novo. Saúdos!!

pepetrola dijo...

Por certo, se te acordas para en Bordeaux e traeme un viño de esas fermosas terras bañadas polo Garona.

Joder, que pena que traias prisa e non poidas disfrutar en plenitude da belle france. Pero que carallo, ainda estiveches en Alicante mais en Dublin non fai nada, a ver se o vas querer ter todo. jejeje

Veña, coidate moito, campeón!! ^^

citizenerased dijo...

Fiz,vémonos aquí.Andar a modo.

FIZ dijo...

XA ESTOU NA TERRA COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS....

O Ferry desembarcou puntualmente o Sábado as 8 da mañán e viñen do tirón chegando á coruña as 4 da mañán do Domingo.

ATENCIÓN CONSELLO....

Que eu sexa un animal non significa que vos recomende facer esta animalada.
Se tede-la oportunidade facede esta viaxe con tempo e cartos porque paga a pena.
E Falando de pagar ...Preparade o peto para abonar mais de 100 euros en autopistas.
QUE DOLOR.

REgreso o Sabado que ven a Inglaterra está vez nun cómodo asiento de Iberia dende Coruña.
Agardo actualizar o blog esa finde seman.

ATA ENTÓN....BICOS e gracias a todos por estar ahí pendientes de min.
UNHA APERTA FIZ