Pasamos agora coas novas que nos tocan mais de perto. o mundo Lia a Dia.
Pois ben, Logo de ter disfrutado daquelas merecidas vacacións na grata compaña da familia polas aberrantes terras Alicantinas de Benidorm a finais do pasado més de Setembro, dando así por clausurada a curta época estival, a plana maior de Lia a Dia xuntouse de novo nas frias e húmidas terras Inglesas rodeados unha vez mais de "Hijos de la Gran Bretaña".
A unificación familiar durou pouco, xa que a parte feminina do grupo (e dicir, todos menos EU) e logo de 7 intensos días de traballo desplazouse de novo a Barcelona para visitar, desta volta, á familia materna, facendo outra vez acopio de materias primas; Aceite de Oliva, viño "do bon", aceitunas, pipas e coma non, roupa para o duro inverno que se aveciña.
Dado que as miñas responsabilidades paternas víronse interrumpidas durante este tempo, e aproveitando que 2 ilustres Novela-Melidenses (Josiño e Txemita) estaban de viaxe nas tamén frías terras Irlandesas, aproveitei os meus 2 días libres na findesemán para cambiar de illa e pasarme por segunda vez por Dublín. Escapada curta pero intensa, e coma non, en agradable compaña. Pena da falta de presuposto e de non ter entrenado o corpo contra a sempre forte cervexa Guinnes. Pena tamén que nos faltara o Txini para localizar ós mellores comerciantes locais. Anyway!!
---------------------------------------
No que ó novo fichaxe na familia se refire, ó que polo de agora daremos en chamar "Burbujita", non hai moito que contar.
Case xa no meridiano do segundo trimestre estamos a agardar polo escaner que determinará o sexo, se todo vai ben, e que terá lugar próximamente. Por suposto seredes dos primeiros en enterarvos do resultado, e lembrade que se siguen a aceptar apostas ou intuicións.
O que si que vos podo confirmar e que está a medrar por minutos, e segundo os entendidos (Mother and Baby e demais publicacións da rama) nesta fase xa supera os 14-15 cm. E dicir, todo un mundo.
E ata eiquí os titulares das últimas semanas.
Mais, por sorte ou por desgracia, as vindeiras serán moi, pero que moi movidiñas. Polo de agora este Venres desplazámonos a Galicia no que será a primeira fase da mudanza á terriña durante, alomenos, 1 ano. Maternity Leave!!
As rapazas irán en avión dende Heathrow á Coruña pola mañanciña, e eu conduzo o Super Clio de volta a Galicia cruzando o English Channel, logo de ter cumplido con creces a súa laboura en Inglaterra como coche Familiar. E todo a pesares do seu reducido tamaño. Quen o diría.
Todo o relacionado con iste "Road Trip" será des-trip-ado polo miudo nunha entrada que me comprometo a desenrolar mañán antes de emprender viaxe. Prometido queda pois.
Emplázovos a todos e a todas a vernos por alá a vindeira semán e poder celebrar todos xuntos aquelo de que SEGUIMOS VIVOS, tanto o coche, coma Eu, coma todos vós. A ver si hai sorte.
SALUD COMPAÑEIR@S
miércoles, octubre 10, 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Por favor,vai a modo,e fai coma me prometiche:ti tira rectiño e sen parar neses clubes de carretera con tantas luceciñas,que xa se sabe como son as francesas...e non,non vale dicir que os confundiche con chambre et petit dejeuner...
mais te vale que chegues san e salvo...
querémoste
boa viaxe e vémonos na casa
Good for you mate.......
Aquí dende Melide o Josiño e o Txemi envíanche un saúdo para que teñas unha boa viaxe e que vaias a modo.E xa sabes,para a descansar nun deses que di Rebe,un B&B...Coidarse e Vémonos pronto.
"O importante é chegar..."
Así que vés cara ácó!! Aínda que nunca te vin, imaxino que se che irá poñendo o sorriso na cara a medida que te vaias achegando, como nos pasa a case todos.
Boa viaxe!
Ánimos y buen viaje desde madrid,Crack¡¡¡¡
Si dios quiere nos vemos el finde del 20.
Un abrazo.
asias polo comntario...eke vaia pesao m saiu
Pois o de sempre, ke se agradece moito ler as túas krónikas e ke, por suposto, esta veciña mesoirense agarda por vos para ver eses karetos de guiris ke tedes xa! unha aperta e ten coidado por esas estradas! jajajja (eu sigo practikando o meo galego) unha aperta!
GRACIAS A TODOS e A TODAS.
AGARDO VERVOS PRONTO...
XA ME TARDA...
Publicar un comentario