jueves, julio 12, 2007

Xullo

Saudos Xentalla. Desculpade o retraso editorial deste voso espazo pero a vida tórnase mais complicada cada día e conseguer atopar un intre para adicarlle ó lecer é complicadiño. E case sen darnos nen conta, aquí estamos xa. En XULLO.

Xullo é o sétimo mes do ano no Calendario Gregoriano e ten 31 días. O seu nome proven do emperador romano Xulio César (Iulius Caesar, en latín). En galego tamén recibe o nome de Sega por ser o mes no que se realizaba esta laboura.
Xullo, ademais de conmemorar as independencias de Arxentina, Francia, Colombia, Perú e... de cal me esquezo...Ah Si...Tamén dos estados podridos, é o meu mes por excelencia. Verán, calor, festivais, mítica churrascada do apóstolo, o meu aniversario, algún dia de praia, rio, camping, Melide, floración, música ao vivo, Caurel, cervexa fría.
Pero polo que vexo á vista do pouco movemento no blogomillo, non é so para min. A xente anda bastante desconectada do mundo virtual para pasar directamente a desfrutar do mundo real. Así me gusta compañeir@s.

Eu recurro o erotismo en plan páxina 3 do diario "Sun" (Pero con clase) para chamar a vosa atención tentando atraer as vosas visitas. Que está a cousa moi mal últimamente a pesar da promoción.
Durante o que resta de mes tentarei facer limpeza no meu cartafol "Liadia" para dar saída a uns cantos arquivos que teño medio aparcadados dende fai un tempo e que me apetece compartir con vós pero antes diso, quixera facer unha homenaxe a aqueles que seguides ahí a pesar das datas de Verán, e sobre todo a aqueles que participastes na anterior entrada e derradeira do més de Xuño co debate coloquio que mantivemos sobre Slipknot e Stone sour con Mr.Corey como prota.





Mais este ano, para min este mes está a ser simplemente un mais. Un pouco triste. Outro que pasa ó meu carón coa vista gacha e case sen saudar. E o clima non colabora. Ter que acende-la calefacción fai escasos dous días, tampouco axuda moito a subi-lo ánimo que se diga. Xa virán tempos mellores. Pero que Carallo...Seguimos vivos e fame non pasamos. Para todo lo dem`´as..Mastercard!!.

Desfrutade do mellor mes do ano. SALUD!

7 comentarios:

citizenerased dijo...

Boas meu,véxote algo de baixón.
Ese "freaking english weather" está acabando contigo.De Slipknot,non falo.Aquí é o mesmo,o tempo é bo cando hai que traballar,e cando chega o fin de semana AUGA!!! That's what it is!!!

Polo demáis,a ver se agora que xa rematei os exames,non de maneira exitosa,aportamos algo máis a esta "COMINIDADE" de internautas.(Para que seguise vivo o blogomillo na tempada estival estaría ben unha cousiña:WIFI GRATIS PARA TODO DIOS).Coa chea de "laptops" que hai hoxendía(escríbese así?) sería interesante unha cobertura total de internet.

Pois eso,que nos vemos se non é aquí é alá...non sí? See You soon.

Anónimo dijo...

Paciencia, que seguro que hai cousas peores. Aquí cubrimos a túa ausencia como podemos, pero a churrascada do apóstolo vai ser complicada.

airen dijo...

por mucho ke le pese a esas tierras de guiris "siesos-maníos"...el verano lo llevas dentro, peke...así ke menos rollos lastimeros y a tirar pa' lante, ke tienes bastante de ké disfrutar. Por cierto, una petición, a ver si es posible, ke en la próxima entrada con reclamo fotográfico erótico-festivo se pueda ver un "shorbo"! :p

bikos mil

Anónimo dijo...

Se che serve de "consuelo" eu aqui ando polo hospital metido de cheo nunha garda de 24 horas que derrotaría a todo un espartano,e o peor é que pasado mañán teño outra.Paciencia e forza...virán tempos mellores.
Unha apreta
COCHE

pepetrola dijo...

Maldito Xullo!! XDDD Eu non teño tempo para nada, nin siquiera para min. XD

Xa estou desexando que volte o inverno.

Saúdos e a pasalo o mellor que se poida.

FIZ dijo...

Moitísimas Gracias a todos e a Irene (Representando a todas) polo voso apoio.

Josi, aquí o tempo está a ser malo tanto se tes que currar coma se non. E tranquilo, que en poucos veráns seguro que a túa petición Wifi será unha realidade. En Melide se lle tiveras votado ó P.P xa a terías XD. (Si é que non lles votache claro...Juas)

David, seguide así e facede a churrascada, que no decaiga.

Irene: Petición aceptada. Na seguinte entrada foto cachonda de un "chorbo". Prometido. Permanece atenta.

Coche: Din que mal de moitos, consuelo de parvos. Agradezo o teu apoio e claro que virán tempos mellores. E piores tamén. Vémonos na Serra para celebra-la declaración do parque. Moito ánimo con esas guardias "maratonianas". Por certo...Son legais? (24 horas!!!!)

Josephtrolillas: Non tes tempo para ti porque nolo dedicas ós demais. Tremendo apoio. Sempre ahí. AGRADECIDO.

SALUD COMPAÑEIROS

Anónimo dijo...

POIS IGUAL FUNCIONOU, "MARAVILLAS DE LA CIENCIA". DAQUELA QUE SEPADES QUE NOS LEMBRAMOS MOITO DE VOS E QUE NON ESTARIA DE MAIS QUE DERADES UNHA VOLTA POR MADRID. SI E NECESARIO INVITACION FORMAL AVISADE PARA PROCEDER A EMITILA EN CASO CONTRARIO APARECEDE CANDO VOS DEÑA A GANA.