miércoles, junio 27, 2007

Metamúsicosocial


Mentras agardamos que os nosos enviados especiais ó festival de Glastonbury den sinais de vida, quixera coma xa fixen antes da entrada do Viñarock F.I.V (Facíase en Villarobledo), facer outro intermedio metamúsicosocial, mentras Mara de Frutos organiza toda a información e selecciona as mellores fotografías deste "Barrumental" evento.

Permitídeme abusar de novo da vosa confianza para pedirvos a opinión sobre unha banda, Stone Sour, que cruza o charco dende terras Americanas facendo escala na península Ibérica, onde tocarán hoxe Mércores 27 en Madrid e mañán Xoves, día de San Ireneo en Lisboa, formando parte do cartel do Festival Super Bock-Super Rock, com um cartaz de bandas espectacular, segundo reza na súa propia páxina web, acompañando entre outros ó mestre Satriani, Mastodon ou Metállica e que este ano ano repite formato con 4 actos distintos en outras tantas xornadas na cidade lusa.


Stone Sour é unha banda fundada en 1992 en Iowa polo que segue a ser actualmente vocalista e alma máter da banda Slipknot, Corey Taylor. Tamén toca a guitarra en Stone Sour outro dos membros de Slipknot, James Root. Ámbolos dous pertenceron primeiro a Stone Sour parando logo o proxecto para unirse a Slikpnot e ás súas malditas mascaritas, iso si, con suculento reparto de dividendos. A pesar de que son unha chispa deles.

E xa levo eu varios meses ollando no canal de música Kerrang e tamén no Scuzz o video do seu single Through The Glass .
Chamádeme brando, pero a min e a pesares do seu mercantilismo, fíxome tilín, e nin que decir ten que, a título persoal, alédome de que en Slipknot, a lo menos 2 de eles decidiran "sair do armario" e quita-la susodita máscara, facendo o que parece ser un exercicio de autocrítica do mundo que rodea a todas estas estrelas e ós seus estrelados, pero que de seguro non e mais que un cambio de chaqueta a cambio de dólares recén pranchados.


¿Hipócritas? ¿Vendidos? ¿Sinceiros? ¿Igual de chungos con ou sen máscara?

Bótalle unha ollada e faime saber a túa opinión antes de que pase de moda, que xa lle faltará pouco.


Pícalle aquí para ler a letra do tema

Tamén o saben facer ao vivo ainda que non sone tan ben, e nalgún tema seguen a dar bastante mais caña.

A San Ireneo me ofrezo para poder seguir festexando que seguimos vivos e que alomenos TI estas pendiente do que acontece neste humilde recuncho.
GRACIAS.




A POSTeriori:

Por Xentileza de Josiño, a quen sempre temos ahí detrás ó filo da noticia, quixera ampliar esta entrada cun video da "JosiriMuseteca", que deixa entrever claramente a opinión de moitos músicos do mundillo metal acerca do proxecto Slikpnot.
Simpática e espontanea parodia do batería de muse no backstage logo de facerse cunha desas arrepiantes mascaritas, mais propias dun martes de Entroido que dun concerto.
A min conseguiume arrincar un longo sorriso. Agardo que a vós tamén.

GRACIAS JOSI

10 comentarios:

citizenerased dijo...

O tema non está mal.Ten moito aire noventero.Pero a min Stone Sour non me gusta moito.Prefiro,dentro do pouco que os escoito, a Slipknot .Aínda recordo eses visionados na vosa casa de melide dos videos de Wait & Bleed ,entre outros,nos que se mostraba a "wild attitude" que tiñan estes pavos.O seu último disco Subliminal Verses (ou penúltimo) xa non me gustou moito.
Falando de Corey Taylor e Slipknot,moito me gusta este video no que o batería de MUSE ,Dominic Howard,poñendose unha máscara igual á que usa o vocalista e guitarrista de Stone Sour , fai unha parodia dos slipknot.Ó parecer a mascara "colleulla prestada" nun dos festivais nos que as duas bandas compartiron cartel.

http://www.youtube.com/watch?v=f8nw672H-Dg

**...e FIZ dirá:joder josiño usa o teu blog...**

FIZ dijo...

Facendo miña a túa propia expresion:
PARA NADA JOSI.....Estou encantado de que fagas uso deste teu blogue ó igual que eu fago uso do teu.
Como sempre, tomo nota da túa formada opinión aínda que discrepo un pouco contigo.
Non digo que Stone Sour sexa a bomba, pero calquera cousa mellor que Slipknot.

Gracias polo video e sinto decirche que me foi totalmente imposible conseguir esa edición da revista NME que me pediche. Ao ser semanal creo que a sacaron durante os 9 dias que estiven en Galicia. Que sepas que me fodeu pero ainda fun onte a W.Smith e a edición que tiñan era dun especial Glastonbury.
Un bico amigo.

citizenerased dijo...

A ver,a min SLIPKNOT "ni fu ni fa" ,pero pareceme máis interesante que Stone Sour.Todo esto falando dende o meu punto de vista pouco experimentado nestes dous grupos.
Bña meu See ya!

Anónimo dijo...

Acabo de ver o vídeo e tiven a sensación de que xa levara escoitado esta canción cen veces. Fiz: "nada nuevo bajo el sol"
Para cando esperamos "The Fiz' Returns"?

FIZ dijo...

GRacias GRande,
temos en conta coma sempre a túa opinión.
Tomamos nota.
Saudos.

"Retorno dificultoso polo de agora"

Anónimo dijo...

Que pasa Lía's community!

Joder con el Corey, dentro de poco a dueto con María Carey!

Bueno según dijo el mismo Corey cuando empezó con Stone Sour, este iba a ser un proyecto musical para dejar salir su vena creativa y llevar a caob sus "inquietudes musicales"´(Por si alguien no lo sabe el tipo en cuestión, es la voz y frontman de Slipknot).

Ahora que ya habrán pasado igual 4 o 5 años del debut de S.Sour, creo que ya se puede bastante claro que se han dejado seducir (y mucho) por el lado accesible y comercial del metal y el rock, cosa que hoy en día sobre todo en yankilandia te garantiza vender discos como churros.
Por eso, al iwual q pasó con Pinkin Lar, creo q vuelve a ser otra estrategia de marketing para ganarse a los fans como siempre....la Mtv corrompe!!

A todo esto, que conste que para mi Stone Sour tienen un puñao de grandes temas, aunque habría que ver como se las hubieran apañao sin el nombre de Corey Taylor en los créditos del disco...

-Minchy-

pepetrola dijo...

Estoy con el primo Minchy casi al 100%, así que me ahorro escribir una respuesta larga y corrupta XDDD

A los Ston Sour los conocía y conozco poco, pero no es mi estilo de música favorito, ya lo sabe el GRAN Fiz. Y ¿vendidos? Depende a que se le llame venderse, si hoy ser comerciales y vender ¿500.000? discos es venderse... pues son unos vendidos, pero entonces creo que habrá muchas más bandas vendidas y comerciales por ahí pululando que se van de muy independientes y alternativas.

Ah, no se habrá notado que me gusta Slipknot? Aunque creo que hay muchas bandas que le dan mil vueltas, ojo!

Ahora duas preguntas para o GRAN Fiz, veremoste durante as festas do San Roque, tunante? ¿Ou reserbaste para outras fechas?

(E diredes vos: ¿por qué utilizou dous linguas para escribir este coment o pepetrola? Eu que carallo sei!!! XDD

FIZ dijo...

SAludos Encarna de Minchi:
Gracias por tu comment y tu análisis, aunque quisiera matizar algo. Stone Sour no empezaron hace 4 o 5 años. Regresaron, que no es lo mismo, ya que ese pequeño matiz podría demostrar que el verdadero proyecto comercial de Corey fue y es Slipknot..con toda esa mierda de las mascaritas y el ruido por el ruido. (La mayoría ya sabeis que no me entusiasman en demasía...). Si acaso se salvan un par de temas como Duality y más por el recuerdo que me trae de momentos de Roadtrip familiar por tierras yankees que por otra cosa.
En todo caso, ambos proyectos de Corey buscan la pasta y cubrir diferentes segmentos de mercado.
Al final quedará mal con ambos. Al tiempo.
(All I´ve got is insane)

Saudos Josephtrolillas:
GRacias a ti tamén por todo e tomamos nota das túas apreciacións sobor do mercantilismo musical. O que pasa e que, como dixo aquel dia meu tio Estany, "Lo cortés no quita lo valiente" i e que hai formas e formas de venderse.
Dende logo en plan violento e con mascaritas de entroido, a min particularmente non me acaba de convencer. pero hai xente para todo.
En resposta á túa pregunta das festas deste ano "Jodido lo tengo". Non dou estirado mais o almanaque das vacións, e mira que lle din voltas. PEro non hai maneira compañeiro. Quedará para Setembro e xa teño programado tamén outro roadtrip baixando co coche dende U.k a G.Z (X.D) para Outubro, se e que chegamos aló; o coche e eu. O Ferry xa o teño pagado. Informareivos polo miudo.

e dirás Ti...E ¿porqué Cona usa o Fiz 3 línguas neste comment?...Pois porque en iso reside a riqueza da linguaxe. Cantas mais mellor. Dende logo aquí non teredes que preocuparvos nunca por iso. Sodes todos benvidos sexa a lingua que sexa e serva este largo comment para pedirvos a todos desculpas por todos os erros gramaticais que cometo sexa o idioma que sexa mais o que importa é comunicarse...e ter salud.

P.D: En breve seccións en mandarín(lingua mais falada do mundo non esquecerse), tagaloc, polaco etc.
UN BICO A TODAS-TODOS

Anónimo dijo...

[B]NZBsRus.com[/B]
Skip Idle Downloads Using NZB Files You Can Swiftly Find High Quality Movies, Games, MP3 Singles, Applications & Download Them @ Fast Speeds

[URL=http://www.nzbsrus.com][B]Newsgroup[/B][/URL]

Anónimo dijo...

Making money on the internet is easy in the underground world of [URL=http://www.www.blackhatmoneymaker.com]blackhat team[/URL], It's not a big surprise if you don't know what blackhat is. Blackhat marketing uses alternative or misunderstood ways to produce an income online.