viernes, junio 22, 2007
MISERIA E SAUDADE
De novo por terras altas e rodeado de fillos da Gran Bretaña non podo mais que escomenzar pedindo desculpas polo abandono deste voso blog durante estas últimas xornadas.
Coma vos informaba nos comments da derradeira entrada vimos de pasar uns sempre curtos e emotivos días por terras galegas onde me resulta case que imposible manter esta bitácora actualizada por motivos alleos á miña vontade. Non minto se vos digo que a saudade é a auténtica protagonista en cada regreso, mais a vida segue, e coma non podía ser doutro xeito este espazo tamén.
Mais sempre coa miña serra de fondo.
Con sorte, aló ficarei algún dia.
PARA SEMPRE
Deixei colgada antes de irnos, (coma esta fermosa ponte da foto entre Sobredo e Ferreirós sobre o rio Lor), a unha amiga e agora colaboradora deste espazo virtual, no que nin que decir ten estades tod@s convidados a participar.
Coñecendo de antemán as cualidades narrativas de ChorimaEli, rogueille eu unha participación activa para axudarme a definir o que se sinte un día SÍ e outro tamén; MISERIA.
Ela acudiu fiel ó meu chamamento e dende a cidade Olívica, previo paso por Aurium, recibimos na nosa redacción a través do correo electrónico e coa axuda da Deusa Selene esta maravilla:
-------------------------------------------------------------------
MISERIA;
¿Por qué negra? ¿Acaso o negro é máis baleiro que o branco?
Por qué non marelo, por qué non marrón, por qué non vermello?
Nada dentro, nada fóra, nada a un lado, nada ao outro.
Horizontalidade sen folgos que xace inútil no chan, mirada perdida ao infindo dereito, e agora, ollos desaparecidos no infindo esquerdo. E qué sinto? Non sinto frío, e menos calor. Non hai nada no peito, nada na mente. Dirixo os olliños cara ao infindo d’arriba, o que se supón que está ahí.
(e tento sinalar co dedo, pero non podo).
Aló. Movimentos sinuosos, suaves, paz, sosego. Se callar falan.
Acó. Nada.
As miñas extremidades non responden; os neurotransmisores deixaron de transmitir; o sangue deixou de fruír. E aquí, impasible eu xazo xunta a miseria, alienable compañeira.
Chorima Toxo Frorido
Selene
GRACIAS POR DARMO ELI
Seguimos Vivos. AVANTI E SALUTE!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Ben bonito, por certo!
Feliz regreso, Fiz, botabámoste de menos...
Benvido de novo a rede de redes, Compañeiro!
Espero que o pasaras de mother fuck you por terras galegas.
¡Saúdos!
Gracias compañeir@s!
Non estivo nada mal o break mais un pouco curto. Coma sempre.
Vémonos polo blogomillo. BICOS
QUE TAL COMPAÑEIRO?COMO VAI TODO?
DEIXOCHE NO FONDO DO MEU BLOG UN VIDEO PARA QUE ESCOITES E PENSES,TITULASE SALVAR COUREL,SEGURO QUE CHE AGRADA,UNHA APRETA.
COCHE
Gracias mil coche!!!
Xa coñecía o video pero darei boa conta del no blog así coma unha entrada de "S.O.S" Caurel antes de que remate o prazo de entrega de tódalas firmas recollidas pola plataforma.
Unha aperta.
Non perdamo-la espranza.
SALUD
Publicar un comentario