Seguindo a linea editorial do noso compañeiro Riki, hoxe tócame a min falar da familia, neste caso para confirmar rumores.
O Gran amiguete de amiguetes segue a sorprendernos unha vez mais, ampliando o seu currículum televisivo cun novo proxecto con formato "reality" coproducido por Continental Televisión-Filmanova; "O GRAN CAMIÑO", e que será emitido pola Television de Galicia a partires de finais deste mes de Xuño cunha duración dunhas 10 semáns.
O programa propón a dez persoas que percorran o camiño Francés de Santiago dende Roncesvalles coa motivación de deixar de fumar. Creo que se forman dous grupos e en cada etapa sométenos a probas e controis, amosando que son quen de colaborar, convivir e traballar en equipo. ¡Ou a escornarse vivos, vai ti a saber!. Elimínanse entre eles.
Nos últimos días, dende o foro de citizenerased vense opinando nunha enquisa na que podedes participar que, sexa coma sexa, dará que falar ainda que non gañe:
Gañará de seguro
25% (o meu voto Josi)
Dará que falar ainda que non gañe
75%
Fallaranlle as forzas antes de chegar á metade
0%
Outros(contade o que pensades)
0%
Por suposto, non podo mais que amosar dende este recuncho o noso total apoio ó meu "gran irmao", friki onde os haxa.
Nin que decir ten que tentarei mantervos informados das peripecias do noso pelgrín favorito, e neste caso fago miñas as súas propias verbas aquela madrugada axudando a dous Ingleses desorientados por Melide; Ti follow the yellow arrow i en un open and close the ais...Arzúa.
Polo de agora o que vos podo contar e que recibín un correo del fai uns días e que trascribo literalmente:
¿Que pasa meus?
Aqui ando cos pes cheos de bochas, eso estame ben por reirme dos peregrins que pasan por melide.
Estamos en logroño, xa sabes, como decia o avo, as de logroño non valen un...
Estou moi contento coa xente do meu equipo, pero tan só levamos unha semana e
parece que levamos meses, total , como se estiveramos nu realiti!.
Non vos puiden chamar porque non me trouxen apuntado o voso teléfono pero xa
llo pedin a Yara e tentarei chamarvos. Mil bicazos. Teño que
deixarvos.
Unha aperta.
AMIguete
Se consegue gañar, proporei unha estrela no cantón de San Roque coma xa teñen outros que andiveron menos, pero que correron mais.
Ata entón, aquí vos deixo este premonitorio video rodado fai uns meses en Santiago e no que Amiguete e Yara facían de figurantes neste documental:
Que GRANDE eres PEQUENO. Desfruta da aventura e espero poder verte pronto para decirche á cara todo o que te boto en falta e para celebrar que seguimos vivos, e porqué non? para congratularnos tamén da túa Victoria.
"Estamos contigo meu".
¡¡ÁNIMO!!
viernes, junio 01, 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
17 comentarios:
Claro que si.Apoiamos todos ó grande amiguete.
Con él nace un novo concepto de PELEGRÍN.Cando o programa esté en funcionamento temos,tódolos blogs, que poñer os enlaces fara facer as pertinentes votacións moito máis fáciles.
Os que o coñecemos sabiamos que dunha maneira ou doutra ía acabar nunha historia destas.Sempre se lle dixo,:Ami, ti tiñas que ir ó GH...
había que facer algo cando lle tocara pasar por melide ,non?
Josiño...
PRESENTE!!
Gracias polo apoio Josi. O novo concepto de peregrínamigo, "peregrinete".
O programa xa está en funcionamento e polo que teño entendido non vai ser por medio de votacións externas. Así que creo que o noso apoio vai ter que ser moral e virtual. Mais por suposto, ahí estaremos!!
Teño unha xuntanza pendente con Yara, que será quen acuda ás galas, para que me comente os pormenores do programa. Normas, probas, equipos, sistema de expulsión. Polo de agora podo adiantar que o video presentación coma concursante foi rodado en Melide o pasado Maio coa pousada chiquitín coma telón de fondo amén de outras localizacións no casco vello, coa participación entre outros de Noela Broz e Armandito do chiqui.
En canto ó da entrada triunfal pola Madanela haberá que velo pois é unha das últimas etapas e xa haberá bastantes persoas expulsadas. Por suposto que alí estaremos tod@s para animar en caso de que chegue.
Era visto que meu irmao ía acabar facendo algo disto. O que xoga con Lume.....
There is no emotion; there is peace.
There is no ignorance; there is knowledge.
There is no passion; there is serenity.
There is no death; there is the Force
MAY THE FORCE BE WITH YOU AMIGUETE JEDI!
UNHA GRANDE APERTAAAAAAAAAAAAAA
TODOS CON AMIGUETE NESTA SINGLADURA, POR SUPOSTO QUE GAÑARÁ, AÍNDA QUE POR SUPOSTO PARA NÓS XA GAÑOU. UNHA APERTA A CONCHEIRO´S FAMILY
Doutor RIKI...
PRESENTE!!
Aquí queda un voto mais para a enquisa. Riki está conmigo. Gañará de seguro, (Oficialmente quero decir):D, ainda que sexa pasándose ó lado escuro da forza!.
Peace is a lie; there is only passion:
Through passion, I gain strength.
Through strength, I gain power.
Through power, I gain victory.
Through victory, my chains are broken.
The Force shall free A(me)GUETE.
Dende o BEN ou dende o MAL...Ánimo!!
SALUD
Grande amiguete.
Estuve hablando con el cuando estaba en Logroño, que mucha fiesta lo está pasando bien pero que era duro.
Como dicía o pequeno: Montamola en Arzúa.
Xakín.
PRESENTE!!
Pero dinos. ¿Que mais che contou?. ¿Algunha novidade?. Supoño que en Logroño foi onde tivo ocasión de chamarnos a todos e de conectarse a internet, pero diso xa fai días e imaxino que a cousa irá mais avanzada.
xa anda por burgos, propoño un seguimento virtual, por etapas, da ruta frsncesa pola que discorre o concurso, sortr adrian tu vales mucho.
manolo, amigo da caña-disco.
Buah!!! Este Amiguete é un tipo muy pero que muy freaky, colegas! XDDD
Joder, debeo estar pasando de medo, trón! Se falas con el dalle un saúdo tamén de parte miña. Que perigo, eu xa me esperaba algo de esto.
Bueno, ahora só nos queda apoialo e seguir a información que nos poidas transmitir do tema, porque eu estaba cero enterado. Así que Fiz quedas encargado de ternos o tanto do asunto, eh! ;)
AMIGUETE FOREVER; CARALLO!!!
Pdata: Un saúdo para o Amigo Manolo (caña disco), que xa o botaba eu de menos, me caghona!
Manoloo
PRESENTE!! (En cuerpo y Alma)
PePetrola
PRESENTE!!
Coma ben indica "Manolo", efectivamente xa están por Burgos. Nin que decir ten que seguiremos virtualmente o camiño, e ós camiñantes. Iso "por descontao".
Dende a miña humilde butaca de Ikea mantereivos informado de todo na medida das miñas posibilidades. Asumo o papel de "Hermano Mayor".
Hoxe chamoume miña nai e contoume que meu irmao estaba moi enfadado porque seica lles tangaron os do programa ó seu equipo inxustamente nunha das probas. a MALA FE?.
Creo que se perden, un do grupo ten que ser eliminado e durmen en tendas en lugar de ó quentiño. Por iso é tan importante ir gañando as probas. Agardemos que amiguete poida safar da expulsión.
ÁNIMO BRODEL e Gracias a tod@s polo voso interese.
R.U.H with Amiguete
. All the staff will be checking your web site daily in order to know about the pilgrins way to Siantiago. Let us know whatever happens.
all the best!!
GOOD LUCK from Bath.
Team Hospital
QUE TAL TODO MEU?
COMO ME ALEGRO DE VER ESA FOTO DE TEU IRMÁN,EU XA SABIA QUE IA O PROGRAMA E DENDE QUE ME ENTEREI ALGO ME DIXO QUE GAÑARÁ.ESTOU SEGURO.
UNHA APRETA
COCHE
R.U.H...Presente!
Coche...PRESENTE!!
Coño Coche!!O teu xa non son Ánimos. É UNHA PREMONICIÓN
"Ogallá". A ver si é certo, e xa de vender a súa alma ó diaño...
Alomenos reiríase do sistema e gañaría o premio. Porque haberá mais premio que o de deixar de fumar ..non??...Ou ti coma médico referiaste a isa Victoria...coche??
(Meu irmao díxome o premio en cartos que poderían gañar, pero non me lembro...Enterareime...ou si alguén o sabe que o diga)
R.U.H....NO COMMENT..
BORED??...
Do some Proper Job!!
6000€ y regalo sorpresa
Evidentemente non é coma os premios de T5 ou de calquera cadea que teña un reality,pero non está mal.Se da chegado a melide hai que facerlle unha entrada triunfal.
Esperemos que nos teñas informados cando xa ande preto.
Vale Xakín. GRacias.
Josi...Carallooo........Non che está nada mal. Dame pa Hipoteca de todo un ano.XD
A vere se hai sorte.
Claro que vos teño informados, (Ou vos a min, maldita distancia)
Bicos
http://paranojazz.blogspot.com/
SORPRESAAA!!!
ESTÁS INVITADO A VISITARME
cOÑOOOOOOOOOOOOO
BIENVENIDO A CASA HARPO!
POR FIN BLOGUEIRO ACTIVO.
estás desde xa linkeado e promocionado. dame tempo
unha aperta.-
Publicar un comentario