domingo, abril 08, 2007

TrouLiando


A plana maior de Liadia ven de desplazarse por uns días a Galicia, onde tivemos a ocasión de percatarnos de que en canto se poida, deberiamos trazar de voltar, porque cada vez os regresos se tornan mais e mais duros, xa non polo mal facer de Iberia, que tamén, senon por ter que deixar o que un mais quere.
Mais desta volta, e a pesares de Iberia, que tivo a ben cancelarnos o voo directo de Coruña a Londres mandándonos por Madrid, o regreso fíxose levadeiro xa que o pasado Mércores recibimos a visita en Bath de parte da nosa familia.
E isto que significa? Pois significa que ademais de ter que levar a túa vida cotiá normal, que non é pouco, tes que exercer de anfitrión, polo que o tempo para un mesmo, e neste caso para vós, e moito menor.
Así que logo desta información tan só me queda pedirvos desculpas pola falta de dedicación neste voso blogue agardando que comprendades a situación, mais "sei que ben sabedes" que non me esquezo de vós, e que nestes días de retiro, devoción e meditación téñovos presentes nas miñas plegarias.

En breve seguiremos co Lia a Dia cotiá e co ritmo de entradas normal.



E mañán, aproveitando que por fin teño un Domingo libre, seguiremos trouliando visitando Cardiff e parte do País de Gales, que logo de todo este tempo por estes lares, nunca tiven oportunidad de coñecer, e iso que non está a mais de unha hora en coche de Bristol. Agardo poder contarvos que a visita pagaba a pena. Polo de agora creo que o tempo vai a acompañar, que non é pouco.

E para aqueles que coma min teñades claro que o de resucitar logo de mortos queda para os libros sagrados e para as películas de Mel Gibson, lembrade desfrutar cada dia. Seguimos vivos!! SAUDE

9 comentarios:

Odd dijo...

A callar y a disfrutar de la familia , coño.
En cuanto a lo de regresar a galicia countri... Deberiais de platearoslo muy muy seriamente. Para nosotros tambien es una putada!

Un biko

airen dijo...

mira ken fala agora! si, si...é Irene!! a verdade é que me mola moito o teu blog e vou seguir a tua recomendación a ver se melloro e meu galego, que aínda deixa moito que desexar. moi mal pola tua parte de non facer especial mención dos teus compatriotas mesoirenses!!!! fiz non dá tampouco! jajajaj bicos e vémosnos no super viña!

citizenerased dijo...

morriña,morriña,...non fagades caso a eso.Se non vides vos ,xa sabedes que imos nós.Disfrutade a vosa estancia na illa todo o que poidades.
PD:Dálleme caña a este blogue.

FIZ dijo...

Pepe Service....Only members!!
Xa che recordarei o da familia cando che toque a ti.

Hai ren...Hai ren.....Que grata a túa visita no meu blogue. E ben sei que tes ti un própio que en breve formará parte da miña estricta selección..Quen cho iba decir a ti. Ó final vas ser a mais Friki de tódalas Frikis. Que será o próximo??¿Ir ó báter coa Gameboy?Facer un curso de Flash?. ¿Participar no campeonato mundial de bolos na Wii?
Torres mais altas caeron¡¡¡

josiri. Que "morro" cando falas da morriña. Sobre todo estando na túa casa. As portas de Weston sempre estarán abertas para ti. Xa o sabes.
(Non me fagas poñerme de "te quiero" outra vez.)

UNHA APERTA ÓS 3 e a todos.

pepetrola dijo...

A ver Mr. Fiz! Vostede reláxese, adiquese a súa vida familiar, visite o que aínda non coñece, disfrute, e non se preocupe por nos. Que aínda que o imos a botar en falta, sabemos que ten outras responsabilidades. Ademais, sempre imos estar aquí para ter tempo para adicarnos. E cando non estéamos, chungo!

Alédame saber que seguides ben, e con unha gran vida social ;) BICOS!

Pdata: O que máis sinto é que na vosa visita a Terra Nai eu non puidese ter tempo para adicarche. Esto está soando un pouco gay ¿Verdad? XD

Tranqui, Rebeca! Creo que as miñas tendencias sexuais non xiran en torno os homes...¿? (jajaja...)

¡Saúdos e apertas @s tres!

Ghaiteira dijo...

Hombreee!! Apareciches, alégrome que só fora por facer de anfitrión, ti faino ben he! Que non se diga..
Aproveito para decirche que mudamos de web na Agrupación Castelo e tamén che digo que añadimos unha ligazón ao teu blog (que non era sen tempo)
Eiquí a nova dirección:
www.agrupacioncastelo.com

FIZ dijo...

PEPE.....Gracias por seguiren ahí. O de non vernos por terras galegas foi un pouco culpa miña que tiven a axenda moi ocupada (Coma un ministro) con boda incluida, polo que cando cheguei o sábado do aniversario ó gatos xa non coñecía nin a miña nai. Tiven que face-la checa porque me mareei. (Non llo contes a ninguén pero creo que perdín parte das miñas habilidades alcohólicas, hai que entrenar mais, voute contratar de adestrador).

Ghaiteira. O de facer de anfitrión dáseme bastante ben. Sobre todo cando o fago a gastos paghos, coma é o caso. Gracias pola información da agrupación e por incluirme nas ligazóns. Fíxome moita ilusión. A vos porsuposto xa vos teño correxidos no meu blogue.

UN BICAZO. (Ó final ídesme facer chorar)

Anónimo dijo...

boas!tanto tempo sen me pasar por este o teu lar blogueiro. Alédome lerte de novo. Nesta volta escriboche pra falarmos de recomendaciós, e é que hai tres días que comencei a ler un libro que me ten, con ollos en sangue o non poder parar de lelo, a verdade e que non podo esperar a rematalo para cho recomendar, ao millor é un pouco arriscado pola miña parte, ainda que desta creo que non me vou equivocar. Ahí vai: "Tres segundo de memoria" de Diego Ameixeiras, espero que che guste.

FIZ dijo...

ELI:

OIDO COCIÑA!!!!

BICOS