lunes, abril 23, 2007
Impresionante Victoria
Hoxe retomamo-la información televisiva, porque temos que voltar a falar de Victoria Folgueira, esta Coruñesa do barrio de Monelos que está a superar tódolos rexistros históricos do veterano programa "Saber y Ganar", que se emite dende fai xa 10 anos na 2 de Televisión Española.
A nosa arqueóloga favorita está a se converter nunha das concursantes que, sen lugar a dúbidas, vai ser lembrada durante moito tempo.
A nosa campiona ven de ser recibida na sede da deputación provincial da Coruña, como se ve na foto, polo presidente desta entidade o Sr. Fernández Moreda e por membros da corporación municipal coruñesa, que se fixeron eco do bon facer desta simpática rapaza no programa e quixeron felicitala personalmente.
Certamente os rexistros desta moza fan perde-lo sentido.
No momento no que este voso servidor escribe esta entrada, Victoria leva nada mais e nada menos, que a frioleira de 77 programas, cun premio acumulado que xa supera os 60.000 euros. Mais o record absoluto que ostenta Victoria e no apartado do reto, xa que leva mais de 45 programas consecutivos sen ter que acudir a esta proba eliminatoria, o que representa un rexistro único nos anais da historia de saber y ganar.
Mais nos últimos días, puidemos ver a unha Victoria un pouco más nerviosa do habitual. Creo que a presión de poder chegar á supera-la barreira dos 100 programas está empezando a pasar factura, amén dos outros 2 concursantes que estes días se enfrontan a Victoria, e que raian un nivel moi alto. Un deles é un enxeñeiro Vallisoletano chamado Kiko e o outro é un veciño de Vigo chamado Tino Pérez, mestre de piano no conservatorio da Cidade Olívica, ambos como xa dixen de gran nivel intelectual. Haberá que preguntarlle a David Grandu se coñece a Tino, xa que debe ser un persoeiro coñecido en Vigo.
Por último decirvos a todos aqueles interesados, que se queredes acudir ó programa a probar sorte, a retar a Victoria ou a face-lo ridículo como sería o meu caso, podédelo facer escribindo unha carta cos vosos datos e unha foto ó apartado de correos 32223. C.P 08080. Barcelona.
E para rematar esta entrada televisiva do día de hoxe, tan só me queda decir:
¡¡¡PARABÉNS AMIGUETE!!! MOITA SORTE. QUE CHEGUES VIVO ATA O FINAL DO CAMIÑO.
E Nós que o vexamos. Con sorte seguiremos Vivos. Que así sexa. ¡SALUD!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Que pasa Fiz!? O outro día non dei máis, pero agora empeza o horario intempestivo de estudio e terrazeo, así que xa sabes... Non me dou conta de quen é o tal Tino, claro que se é prefesor o máis probable é que o conocera polo nome real, non por Tino e o apelido Perez como comprenderás non axuda moito. Se te enterás do nome real ou incluso colgas un vídeo do programa onde saia el, ao mellor si que o conozo.
Unha aperta grande para que che colla toda a familia.
Procurarei aportar mais datos. Ainda que sexa por curiosidade.
Na seguinte entrada informarei a cerca das tuas recomendacións musicais, que sempre resultan ben interesantes.
Bicos
Xa escoitaches algo? Que che pareceu a devandita versión de Nirvana polo gran Caetano? Dos Weather Report xa falaremos con calma, que dan para moito... Os Pink Floyd do Jazz
A Victoria xa o seu propio nome indica o cariz dos sucesos.
Pero o que é un autentico campión é o Mestre Amiguete. Mírao aí na Enterpraise manexando o temón de mando. ¡Tudo un persoeiro!
P.d. ¿A quén se parecera? XD
Acaban de eliminar a Victoria dos programas especiais co gallo do 10º aniversario do programa. Unha mágoa. mais seguirá na programación diaria normal a partires do 4 de Maio.
Do mestre Amiguete, en canto teña o seu consentemento, dareivos en primicia unha gran Nova que vos sorprenderá. Bueno, vindo dél, xa nada sorprende.
En canto a min, esta madrugada viaxo de Bristol a Valencia para estar presente no Festival Viña Rock. O Luns Dios mediante dareivos información e fotos.
Polo de agora, podo aventurar que o clima non vai acompañar. Agárdase que chova toda a fin de semana. Paradóxicamente en England hoxe fai un día caralludo. Así é a miña vida. Sempre ó revés.
Mantereivos informados.
UN BICAZO A TOD@S
Publicar un comentario