
Hoxe retomamo-la información televisiva, porque temos que voltar a falar de Victoria Folgueira, esta Coruñesa do barrio de Monelos que está a superar tódolos rexistros históricos do veterano programa "Saber y Ganar", que se emite dende fai xa 10 anos na 2 de Televisión Española.
A nosa arqueóloga favorita está a se converter nunha das concursantes que, sen lugar a dúbidas, vai ser lembrada durante moito tempo.

Certamente os rexistros desta moza fan perde-lo sentido.
No momento no que este voso servidor escribe esta entrada, Victoria leva nada mais e nada menos, que a frioleira de 77 programas, cun premio acumulado que xa supera os 60.000 euros. Mais o record absoluto que ostenta Victoria e no apartado do reto, xa que leva mais de 45 programas consecutivos sen ter que acudir a esta proba eliminatoria, o que representa un rexistro único nos anais da historia de saber y ganar.

Mais nos últimos días, puidemos ver a unha Victoria un pouco más nerviosa do habitual. Creo que a presión de poder chegar á supera-la barreira dos 100 programas está empezando a pasar factura, amén dos outros 2 concursantes que estes días se enfrontan a Victoria, e que raian un nivel moi alto. Un deles é un enxeñeiro Vallisoletano chamado Kiko e o outro é un veciño de Vigo chamado Tino Pérez, mestre de piano no conservatorio da Cidade Olívica, ambos como xa dixen de gran nivel intelectual. Haberá que preguntarlle a David Grandu se coñece a Tino, xa que debe ser un persoeiro coñecido en Vigo.
Por último decirvos a todos aqueles interesados, que se queredes acudir ó programa a probar sorte, a retar a Victoria ou a face-lo ridículo como sería o meu caso, podédelo facer escribindo unha carta cos vosos datos e unha foto ó apartado de correos 32223. C.P 08080. Barcelona.
E para rematar esta entrada televisiva do día de hoxe, tan só me queda decir:

¡¡¡PARABÉNS AMIGUETE!!!

E Nós que o vexamos. Con sorte seguiremos Vivos. Que así sexa. ¡SALUD!