jueves, febrero 14, 2008

Un dia Mais


O despertador "casio" que a última hora ela lle lembrara que debía levar consigo, sonou puntual un día mais ás 6:07 da mañán cando ainda o astro rei non decidira facer acto de presenza.
Sorte que ela estaba sempre ahí para lembrarlle todo e poñer un pouco de orden e concerto na súa desorganizada vida.
Logo de 4 semáns, a diferencia horaria de 7 horas que non lle permitira descansar as primeiras xornadas, xa estaba mais que superada, e por fin conseguía durmir case con normalidade. Xa non tiña pesadelos estranos nos que os amigos tentaban de aforcalo e acuchilalo, nos que serpes decidían compartir berce no medio da noite ou aquel outro no que era condeado á pena capital por inxección letal.

Mais ainda así, non conseguira durmir de maneira seguida nin unha sóa noite.
Ter a 16 cans insomnes laiando sinfonías perrunas sen parar, compartir cuarto con rás, mosquitos e lagartos e convivir cun persoeiro que decidira facer da falta de hixiene o seu modelo de vida, tampouco axudaba a concilia-lo sono. Ademais voltaba facer unha calor húmida extrema e os 4 osos do cercado traseiro levaban 3 días sumidos nunha ruidosa liorta que a xulgar polos desgarradores berros levaba trazas de rematar mal.

O destino quixo tamén que él fose un animal nocturno, polo que sempre era dos últimos en ir durmir e a ducha de auga fría que se deu antes de deitarse, espabilarao todavía mais se cabe.
Alomenos ou seu desordeado compañeiro de cuarto deixara o centro por uns días, xa que precisaba de renova-lo visado que se consegue cruzando a fronteira dalgún dos paises limítrofes, o cal sempre daba un punto de privacidade e tranquilidade.

Faltaban 2 días para cumpri-lo mes de traballo pactado inicialmente. O tempo pasara realmente voando pero as forzas escomenzaban a fraquear. O corpo ten un límite e estaba a piques de sobrepasalo. Cortes, fendas e bochas nas maos logo de preparar nos últimos turnos mais de 300 racións de comida, 2 veces o día, troceando con cuchilos xigantes todo tipo de froitas e tubérculos exóticos. Os pés destrozados por mor dos camiños cheos de penas, rochas e buratos. Incontables picaduras, rabuñazos e o hombreiro definitivamente dislocado de novo.

Parecía pois que estivera acertado cando antes de vir deixara planificados case 8 días extras para descansar e recuperarse nalgunha praia perdida disas que saen nas películas e que asemellan ser o paraiso. Unha disas nas que podes durmir por 10 euros á noite nunha cabana á beira do branco areal, con aire acondicionado, antena parabólica, ducha de auga quente, e cisterna na peza. Unha disas nas que as palmeiras rozan coa punta das follas as tranquilas augas do índico e onde os guibóns non berran coma posesos dende as 5 da mañanciña.

Mais non debía de ser todo tan negativo cando na vez de desfrutar dises merecidos días de lecer nunha disas praias vírxenes, xa tiña decidido extende-la súa estancia traballando no centro unha semana mais. Será que a pesar de todo os animais aportaban mais satisfaccións que importunios.


-------------------------------------------------------------------------------------

Cambio de plans. NON marcho do centro. O encargado dos voluntarios confirmoume que podo ficar o tempo que queira. Amplío a estancia 7 días mais. Deixarei o proxecto o vindeiro día 17 de Febreiro, de seguro con moita tristura. Mais, coma sempre me dixo miña nai dende que eu era un meniño, para que veñan outras, teñen que pasar istas.


Hoxe celebro que todos istes bichos que ollan con ollos tristes seguen a estar vivos. En parte gracias o meu ínfimo pero adicado traballo. Síntome orguioso de ter participado aportando o meu graniño de area.
E coma min, outros 23 voluntarios que arestora traballan igual de duro, e outros tantos que xa vin partir, e os que están por chegar, porque sen xente coma Nós todo isto non podería continúar. Que asi sexa.
Ten moito mérito.

SAUDE COMPAÑEIROS.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

SAUDE,SEMPRE
Rebe e Lia

Anónimo dijo...

É verdade Fiz¡¡ fas aflorar os nosos mellores sentimentos lendote . Todos os que estades ahí tendes moito mérito , e por iso xa demostrades a caste de persoas que sodes . A ti decirche que NORABOA POR SERES ASI . APERTAZAS E COIDATE . EVA

Maria Daniela Salgado dijo...

saludos fizz, bonita experiencia