Con ollos húmidos e sentimentos encontrados, deixo as terras da provincia de Petchaburi e as suas maravillosas xentes para trasladarme a Bangkok e, logo de 3 xornadas de "turismo" na capital, tomar de novo un avión de Etihad dende o novo e impresionante aeroporto da capital Thailandesa para, previo paso por Abu Dabhi e Londres, aterrar na Coruña o Vindeiro Sábado 23 ó mediodía. 20 Horiñas de Viaxe.
Os dous últimos días en Cha-Am serviron para darme conta de que a miña participación no proxecto do Wildlife Rescue Center tocaba ó seu fin. Logo de 6 semáns traballando cóbado con cóbado cos traballadores Thais, co resto de voluntarios e coma non, con todos estes maravillosos animais, resulta inevitable sentir unha fonda tristura. Mais a vida ten que continuar e o que me espera ó meu regreso e ainda mais maravilloso, se cabe.
Ainda é cedo para poder facer un balance final de toda ista historia, xa que ata que pase certo tempo os meus comentarios non serían totalmente obxetivos, mais certo é que a experiencia do Voluntariado é mais que recomendable para todo o mundo, sen importar sexo, idade, procedencia ou relixión. O feito de traballar de maneira altruista dando o mellor de cada un, é algo que elimina os prexuicios, borra a historia e o pasado das persoas, para situalas nun presente no que se loita por un futuro mellor, ainda sabendo que o futuro non ten solución.
Moitos de vós sabedes do meu extremado pesimismo, ou coma eu sempre digo, o meu "realismo". Admiro ós optimistas, mais facendo miñas as palabras de Sabina, "un Optimista non deixa de ser un pesimista mal informado". O mundo no que vivimos é unha auténtica farsa, e mentras existan intereses, seguirán a existir os interesados. E onde hai interesados sempre haberá perxudicados.
Non son ninguén para dar consellos, pero se queredes un ben sinxelo iste non pode ser outro mais que "NON VOS CREADES NADA". Decide por ti mesmo. Lembrade que todo é unha gran mentira.
O único que realmente é verdade, son as experiencias vitais e persoais de cada un de nós. Pódenmos arrebatar a nosa liberdade, as nosas pertenzas, a nosa historia, arte, tradicións, língoa e ate a nosa fé; mais as nosas vivenzas son e serán sempre nosas.
Iste é precisamente o ponto fraco do sistema.
É por isto que considero que viaxar é o mellor libro de historia que se pode ler, o mellor telexornal que se pode ver e a mellor radio que se pode escoitar.
É en definitiva, o mellor xeito de analisa-lo mundo dende a perspectiva persoal de cada un. Sen filtros nen intereses partidistas. A mellor experiencia e a mellor inversión. Algo que realmente SÍ te levas cando o teu tempo remata. O coche, o piso, o ouro e os cartos ficarán para os que esteñan agardando por eles.
É, ó fin, unha necesidade.
Cun pouco de sorte seguirei vivo para organiza-la próxima. Xa me tarda.
jueves, febrero 21, 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
100% contigo.
Biquiños mil.
Meu,acabáronseme os eloxios.Sabes que eres un crack,...Keep on going!!!
o que teño por seguro é que cando eu peche os ollos pra sempre,tua imaxe acompañarame.
one day...
queremoste
R e L
a mellor das tuas entradas...enkantoume. unha sempre fiel ao teu espazo cibernético, con moitas gañas de ver ese kareto de sinvergüenza!!! BOA VIAXE, meu.
Boa viaxe e ánimo nos novos proxectos!!
O Aeroporto de Abu Dhabi ten internet GRATIS.
A ver si tomamos nota AENA.
Saudos a todos e Gracias MIL por t'odolos vosos comentarios e seguimento.
ATA PRONTO
FIZ
bueno fiz ... que dicir .. ao igual que josi , xa non me quedan eloxios , inda que non te coñezo moito , aqui tes unha gran admiradora , e felicitote pola gran persoa que eres . mil apertas e bo regreso . apertas eva
Dacordo contigo, o mellor libro de historia, programa televisivo ou radiofónico é a viaxe.
Considero que ten que ser unha experiencia fascinante.
Un saudo
estiven desconectada deste blog algún tempo, pero vaites, cantas novidades!!!
o certo é que teño un pouco de envexa do teu voluntariado. estou a pensar en algo semellante para dentro dun ano (cando remate o que estou a estudiar agora) e ando buscando a posibilidade de irme a algún lugar de Asia. algún consello?
noraboa papÁ¡¡ bikos a toda family e tamen a ti ¡¡ BOTAMOSTE DE MENOS VOLVE¡¡¡ . bikos eva
Que andarás a facer...
Publicar un comentario