miércoles, febrero 06, 2008

O TEMPO


Sempre co permiso do profesor D.Santiago Pemán, hoxe vouvos comentar como é o clima por estas terras do lonxano Oriente. Podería rematar esta entrada con un calificativo tan simple coma "Asfixiante", pero creo que debería matizar isto un pouco mais.

Cada dous días recibimos no centro un periódico local indescifrable e outro en inglés chamado "Bangkok Post" que é o único medio que temos de enterarnos (ademais do Internet no pobo mais cercano) do que acontece no mundo. O "Bangkok post" edítase en formato sábana e conta coa frioleira de 4 ou 5 páxinas.
Unha das novas en portada nos derradeiros días foi o caos existente en toda china por mor das adversas condicións climatolóxicas, todo iso xuntado ademais co feito de que o país está a celebrar esta mesma noite o seu fin de ano. Un gran colapso, en definitiva.

A noticia coas fotos en portada dos militares retirando neve nas principais estradas e aeroportos non deixa de sorprenderme cada día e faime sentir que o noso planeta eche un sitio ben curioso. Pode ser que o feito de estar a mais de 30 ºC día e noite e cunha sensación térmica asfixiante me faga cavilar ainda mais no abraiante que é o sistema que habitamos.

Tailandia (Prathet Thai en tailandés) ten 513.000 kilómetros cadrados. A súa extensión é, polo tanto, similar á de España. O país ten, botándolle un pouco de imaxinación, a forma dun elefante visto de perfil coa trompa colgando. Eu estou no medio da trompa, e ando medio trompa boa parte do día.
O norte e o oeste son lixeiramente montañosos, o centro é unha gran planicie chea de arrozales bañada polo "Chao Praya" e os seus afluentes. O sul, pola súa banda é unha sucesión de palmerais. manglares e praias. O país conta cunha chea de illas todas elas deliciosas e perfectas para a práctica do submarinismo por exemplo.
Neste bendito país viven 58 millóns de persoas (case o dobre que España coa mesma extensión).

O clima Tailandés é tropical, cunha tempada de choivas monzónicas moi marcada. A temperatura é sempre moi elevada con medias que raramente baixan dos 30 ºC en ningún mes do ano.
Poden distinguirse 3 tempadas:
- A moi calurosa vai de Abril a finais de Xuño. Hai algo de choiva pero predomina o calor premonzónico con xornadas nas que se superan ata os 45ºC de temperatura. Un inferno.
- A tempada de Choivas causadas polos famosos Monzones e que se extende mais ou menos de principios de Xuño ata finais de Outono. Chove de maneira regular e copiosa case tódolos días a partiren do mediodia durante 2 ou 3 horas. O exceso de humidade provoca unha vez mais sensacións térmicas moi altas.
- A tempada seca vai de Novembro a finais de Marzal i é tamén a menos calurosa. Podería decirse que é a mellor época para visitar estas terras. Por iso, e especialmente en Nadal, coincide coa tempada alta de turismo, o que fai incrementar os prezos dos hoteis e sitios de turismo. Se decides vir algún día recoméndoche entre Novembro e Decembro (non mais aló do 15).

Creo que dende que cheguei aquí non parei nin un só minuto de súar, polo que logo dista disertación sobor do clima, creo que para nós occidentais, poderiamos resumir o clima en unha soa tempada. MOI CALUROSA, con 2 pequenas variacións; Infernalmente calurosa e fodidísimamente calurosa.

Non me quero nin imaxinar como será vivir aquí cando o calor é realmente asfixiante, e chámame a atención ver á xente local tapada con chaquetas e gorros a primeira hora da mañán e á noitiña cando ti medio espido non fas mais que escomezar a respirar.
O 3 primeiros días de traballo duro andiven medio deshidratado cunha sensación constante de debilidade e flaqueza tanto mental coma física, mais logo de 4 ou 5 días o corpo comeza a aclimatarse e precisas beber menos líquidos sentíndote mellor e mais animado.

Mais antonte, por fin, un gran neboeiro cruzuo a rexión de norte a sul e deixounos un agasallo en forma de choiva que fixo asenta-lo pó ó chan e refresca-lo ambiente a lo menos por unha noite. Por fin baixamos da cifra de 30ºC e todo o mundo, nativos incluídos, parecian estar a desfrutar desa maravillosa sensación. Os animais relaxáronse por un par de horas adicándose simplemente a observar e escoitar a auga petar nas follas das árbores. Todos os voluntarios esbozaban un sorriso ó cruzarse sen necesidade de articular verba algunha. Sobraban as palabras. Detívose o tempo e todos nos tomamos un respiro.


Neste intre no que vos estou a escribir é mediodía e comprobei no termómetro da cociña que rozamo-los 34ºC cunha porcentaxe de humidade dun 77%. O ceo segue parcialmente cuberto, polo que o astro rei non castiga tanto os lombos nin as almas. Non se está nada mal, para servos sinceiro. Ademais mañán é o meu día libre e marcho cara Cha-Am esta mesma tarde para pasa-la noite nun hoteliño con aire acondicionado, auga quente e cisterna no excusado. Lin que as cousas por China están indo un pouco mellor. Xa non neva tanto e o goberno escomeza a controla-la situación.

Creo que me vou pasar a xornada na praia desconectando do durísimo traballo e celebrando que sego vivo. Non hai queixa.

FELIZ ANINOVO CHINÉS.

SAUDOS.
Kwawp Khun.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ai Fiz¡¡¡ que incribel parece todo¡¡¡ , o peor e o calor, pero ti segue contandonos cousas da viaxe , do traballo e da vida en xeral que leva-DES ahi . ENCANTAME LERTE¡¡¡
Apertas . eva

Mararía dijo...

Estivo ben o de "infernalmente caluroso e fodidísimamente caluroso". Jajjajaj. Ninguén pode explicar o clima mellor, con tal claridade. Jjajajaj.

Un saúdo.