jueves, febrero 07, 2008
Fortuna
Unha das cousas que mais chama a atención ó pisar terras Asiáticas e o feito de ver a todo o mundo facendo uso de ciclomotores para desplazarse a tódolos lados. Os tailandeses non son unha excepción, e realmente son muy preguiceiros á hora de camiñar, facendo uso das motos incluso para as mais curtas distancias, e creédeme que cando digo curtas son realmente curtas.
Na súa mentalidade non existe o concepto do paseo polo paseo.
Onte cheguei a Cha-am á tardiña reventado do traballo e cun hombreiro medio dislocado logo dunha caída fortuita dende unha escada no invernadoiro do centro onde, eu e Conner, un rapaz de Denver, Colorado, estamos a instalar un novo semilleiro para a producción de planta autóctona para repoblación de certas áreas do centro de recuperación de Fauna.
Tódolos Mércores celébrase nesta pequena localidade costeira, onde predomina o turismo local (mocidade, estudantes e familias de Bangkok na sua maioría) un mercado nocturno moi grande e extremadamente animado onde podes comer, mercar falsificacións, xoguetes, arte, mascotas e todo tipo de productos e enseres. Todo isto mesturado co feito da celebración do fin de ano chinés, fixo que me atopara no medio dun enxamio de xente movéndose dun lado a outro, o cal dificultaba desplazarse de maneira sosegada.
Non me costou moito toma-la decisión de alugar un moto Honda modelo "WaveR 125" que me está a facer sentir un dos tipos mais afortunados de toda Asia e parte de Oriente medio, e que por outra parte me está axudando a entender o porqué do seu uso por parte da xente local. Son realmente cómodas, de fácil manexo (4 marchas sen embrague), baixo consumo, baratas (o aluguer por un día costoume 5 euros ó cambio), fáciles de aparcar e moi eficaces á hora de desplazarse (cheguei a ver ata 5 persoas montadas nunha sóa destas pequenas motoretas).
A conducción é caótica, xente cruzando, pitando, coches e motos en tódalas direccións, mais é moi segura. A xente non corre e cédense o paso uns os outros. Asemella non teren nunca presa e realmente me sinto un mais no medio de todo o caos. É coma se perdera-la etiqueta de "guiri" para pasar a formar parte do seu mundo.
Por si todo isto fose pouco, a última hora de onte fun na moto a faceren unhas fotos do mercado á hora do peche e coñecín a un marchante de Bangkok, un paisano de mediana idade cun Inglés moi limitado, que con tódolos trebellos xa empacados na furgoneta e logo dunha simpática negociación me vendeu un Rolex automático modelo explorer que lle zumba o carallete, e que me está a facer sentir ainda mais afortunado se cabe. Vese que estaba para min.
O peor é recuperar de novo a estrana sensación do paso do tempo. Xa estaba case afeito a prescindir deste invento do diaño. Mais pouco me durou o problema.
No regreso do mercado e subindo as escaleiras do hotel, desmontouse o enganche do peche e soltouse a correa caendo o maldito invento satánico ó chan.
Nada que o meu amigo Silvela non poida arranxar co punteiro dun mondadentes ó meu regreso en menos que canta un galo. Polo de agora seguirei sen preocuparme da hora e do tempo.
Eso sí, a maquinaria segue viva. Eu tamén. Todo unha fortuna.
-SAWADI KHUP-
ชะอำ
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
andades mercando esas falsificacions...aiaiaiaiai...
si,despois levallo a Silvela...
saude
REBE
Eres caralludo, macho, eu de maior si que quero ser coma ti. Se che digo que eres todo un exemplo para min non che minto.
Espero que esteñas ben e que te recuperes pronto desa maldita caída.
E como che di Rebe non compres falsificacións, carallo jajaja Pero bueno, fixecheslle un favor o marchante, que igual pásaas putas pa comer, quen sabe.
Saúdos e a coidarse!!
Pequeno,seguímoste lendo.Vémonos en nada.Unha aperta.
CLARO QUE TE SEGUIMOS LENDO ¡¡¡ coidate moito , mira que chulo o peluco¡¡¡ . apertas galegas fiz . eva
encantoume a tua entrada...non sei... "buen rollito", como diría alguén. en fin, iso... ke moito coidadiño coas motoretas esas...é o ke che faltaba!!! jajjajajaj
bicos mil. Irene.
Gustaríme andar por ise mercado, ha ser ben interesante, seguro que tamén había mercar algunha que outra falsificación,
E ti segue a contarnos cousas dese país, encántanme as historias que contas.
saúdos.
Publicar un comentario