domingo, febrero 10, 2008

Ek o Mahout

Ek naceu fai xa 24 primaveras nas lonxanas terras de Surín, no suroeste de Tailandia non moi lonxe do borde de Camboia e tamen Laos.
Que o destino deste rapaz estaría ligado os elefantes era fácilmente predecible dada a tradición familiar, na que os seus membros viñan exercendo o oficio de "Mahouts" durante alomenos 7 xeracións. E coma non podía ser doutro xeito, efectivamente ise foi o seu destino.
O Mahout é a persoa que se adica profesionalmente ó cuidado e entrenamento dos elefantes, chegando a ter entre ambos unha relación moi estreita dada a lonxevidade distes inmensos paquidermos. Os mais afortunados e mellor tratados poden acadar unha idade de ata 80 ou 90 anos, polo que moitas veces é o elefante o que ve morrer antes ó seu mahut.
Ek é o pequeno de 5 irmaos sendo él o único varón, ó que Buda, ademais de "bendecilo" co seu sexo, tamén lle quixo otorgar unha intelixencia extraordinaria. Tan só poido ir a escola ata idade dos 17 anos. O seu tio Tata, Mahout xefe dos 5 elefantes que temos no centro, xa lle tiña conseguido unha plaza tanto a Ek coma ó seu curmán Joy dende facía xa tempo, polo que a pesar da lonxanía da sua cidade non poido negarse. O soldo non é moi bon, xa que Tata raramente lles paga mais de 4000 Bats ó mes (menos de 100 euros), mais Ek non lle pide moito mais á vida; Ter para o tabaco, unha cervexa "Singha" á noitiña, xa mercou unha moto de segunda mao e ademais ten bastante tempo libre, ainda que o de levantarse ás 6 da mañán 6 días á semán non lle gosta tanto. Sen esquecerse ademais de que Ek sabe que os animais están ben tratados, e a él danlle cama e comida e está en contacto con mozos e mozas de todo o mundo cos que pode practicar Inglés e aprender cada día. Falar Inglés é un dos seus soños e non lle falta moito para acadalo. Ten un potencial extremo para os idiomas e unha memoria de "elefante", nunca mellor dito.
O peor é atura-lo teimudo do seu tio Tata e ter á familia e amigos a 700 Km de distancia.
Mais por sorte, e logo de 7 meses sen apenas contacto coa súa xente, Ek vai desfrutar das súas primeiras vacacións. 10 días a finais de Marzo para visitar á súa xente en Surín e desfrutar dos seus 4 sobriños na casa familiar onde viven as súas 4 irmás, as que tamén son Mahuts, cos seus respectivos maridos. Unha mágoa que os pais de Ek xa non poidan ver medrar ós seus 4 netos posto que xa finaron os dous de maneira prematura fai 3 e 5 anos respectivamente.

---------------------------------------------------------------------------

Nista última semana Ek estase a converter no meu gran compañeiro. Sempre andamos pendentes dos turnos dun e doutro para poder charlar un anaco e compartir un petillo de liar "Golden Virginia" dos meus que tanto lle gustan, e un chupito de augardante de caña de azúcar. Ás veces almorzamos xuntos unha desas pegañentas pastas de arroz e coco cocido e mallado con froitas que nunca antes vira, e á noite sempre se pasa pola casa dos voluntarios sen apenas facer barullo para non chamar a atención para irmos xuntos na súa moto a tomar unha cervexa á aldea.

As nosas vidas son moi distintas pero hai algo que nos une que é o respeto mutuo e o feito de que a él tamén lle gostaria ser pai de dous fillos. Unha nena e un neno.
Pase o que pase, faga o calor que faga e sexa coma sexa a xornada de traballo que teñamos, non deixei de ver sorrir a Ek nin un só segundo. A vida e moi curta coma para perder un só instante dela preocupándose, enfadándose ou sufrindo sen motivo.
Vese que Ek tamén gosta de celebrar cada día que pasa.

Hoxe é Domingo, día de feira nocturna na vila. Duchareime e irei ver que anda a facer Ek.
Haberá que ir festexar que seguemos vivos.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

viva Ek!!!
fai falta moitos eks neste mundo noso
saude
Lia

airen dijo...

esta é a entrada ke máis me gustou con diferencia respecto das outras... poder ser ke sexa polo feito de ke deixaste entrever unha desas partes "profundas" ke tes e ke só de cando en vez deixas saír. graciñas por compartila coa xente ke vota unha ollada polo teu recuncho. Unha aperta, kampeón!

Anónimo dijo...

cada comentarios que colgas consegues que sinta mais envexa sana de ti.
mil bicos.

Anónimo dijo...

graciñas fiz ¡¡¡ e moi importante sorrir e coas tuas entradas sempre o consegues. Grazas , seguenos contanto que me gosta moitisimo . DA saudos a ek dende un recuncho de galiza . apertazas . eva

citizenerased dijo...

Xa queda menos para que nos poidas contar estas historias "face to face".Coidate e vémonos.

Nu dijo...

Ola guapo!
A mín tamén me das envidia. Envidia sana, pero envidia. Canta razón tes con eso de que ás veces preocupámonos por tonterías e ante estas cousas...sentímonos ridículos por sufrir por banalidades. Dalle un bico tamén a ese gran mozo da miña parte e para ti un enorme!.
Nuria