
Saudos Xente. ¿Como estades?
Por estes lares tan Liados coma sempre, pero esta vez con boas novas.
Logo de recibir autorización por parte do departamento de economía e finanzas famiLIAr para facer uso dunha partida especial de fondos reservados para a adquisición dun novo portatil, teño o pracer de anunciar que xa conto cun novo equipo que me permitirá seguir no maravilloso mundo cibernético do Blogomillo.

------------------------------------
E para celebralo, e visto o éxito de participación da entrada anterior na que o sexo foi o protagonista, e visto tamén que o Lume parece que volve a ser protagonista nos telexornais, hoxe vou sacar da recámara un video que puiden salvar do disco duro do Airis e que quería compartir con vós dende fai xa un tempo, no que o xa vello ritual do amor e o protagonista supremo.
A pesares de estar extraído dun noticiario para tódolos publicos, a crudeza das imaxes obrígame a recomendar a súa visualización só por maiores de idade, ou no seu defecto por menores experimentados no tamén maravilloso mundo do pornomillo.

Teremos que pensar en colle-lo coche para o ano que ven e pasarnos por algún destes eventos.
Eso sempre tendo en conta que chegamos vivos aló.
QUE ASÍ SEXA.
SALUD "Camaradas"
6 comentarios:
hai que ver,para esto si que tes tempo e non podes pasalo aspirador,non?
aiaiaiaiaia
jijiji
Rebe from work
BENVIDO DE NOVO,UNHA APRETA
COCHE
O tempo é relativo rebequiña. Un bico..
E outra apreta grande para ti coche.
mimÁ ¡¡¡ bueno hai de todo na viña do señor non ? , veña fiz pasa o aspirador , e benvido . eva
jajajajaja xa tiña falta eu de pasarme por este teu pornoblog, home. XDDDDDDDDDDD
Benvido de novo pepetrola..
Xa se che botaba de menos hom....
Eva...aspirador pasado...
Publicar un comentario