
Xa parece que pasou a tormenta de orixen africana que nos azotou días atrás e que trouxo Altas presións á vella Europa polo conflicto surxido co país "amigo" do Chad logo de reter a unha presa de Franceses e á tripulación dun avión español, todos eles mesturados nun oscuro caso de Tráfico de menores amparados baixo as siglas dunha O.N.G con nome tenebroso; El Arca de Zoé.
Tíñano todo amañado. Aló estaban eles de salvadores da África profunda coa super Arca. Vendas falsas, feridas de mercromina, transfusións de juja, soborno ó policía de turno, billete de baixo coste e para Francia. 3000 euros OIGA. Compre señora...Bueno, negrito y barato.
Negocio redondo.
Mais non foi tan sinxelo. Algo fallou:
Iste era o ANTES:
E iste foi o DESPOIS:

O señor Zapatero congratúlase da liberación dos seus compatriotas gracias ós seus contactos co señor Sarkozy, que colleu o seu avión e se presentou no lonxano Chad para liberar ós menos culpables.
E os que quedan, que non se preocupen, que o Goberno de Francia xa se encargará de ameazar ós dirixentes corruptos do Chad coa retirada de empresas, negocios, subvencións, apoio político, militar etc.
Vaia....O que no primeiro mundo chamamos "Diplomacia".

Lin días atrás que o Goberno de España íballes montar un colexio. Que ben!. Que boa xente somos. Os nosos paisanos de volta en casa e a conciencia purificada. Si señor. Problema solucionado.
E ademais seguimos vivos.
Que sorte...
4 comentarios:
Unha grande maioría aínda seguen sen estar coas suas familias.Por un lado comprendo que se queiran asegurar de que non lle dán un neno a calquera que diga que X é o seu fillo,anque por outro estou seguro de que o trámite podería ser máis rápido,e así evitar convertir esto nun trauma(que seguro que xa o é) para os nenos.
Fiz,nice to see you again.
pobres nenos¡¡ seguimos vivos , si¡¡ pero algun segue vivo sen alma , porqe isto non ten nome . eva
echokai rapaces...
gracias polos comentarios.
bicos
joder, o do arca esta foi impresionante, como mercar negritos a bon precio para mamás guays en el primer mundo.
De verdade que hai cousas que me dan ganas de potar, e o peor é ver os que debían facer algo lambandose os mocos.
Publicar un comentario