miércoles, abril 18, 2007

"El Inquilino Comunista"


O pasado 4 de Agosto, o dono da casa na que estabamos a vivir en Bath (nunha zona moi céntrica e moi "posh") decidiu vende-la súa propiedade por mor de problemas económicos. O dono, que se chama Nélson, é un persoeiro peculiar de orixen peruana que fala un spanglish moi divertido. Nesa casa, en "Rivers street", desfrutabamos dunha conexión a internet bastante boa.

De Rivers Street voltamos para a zona de "Weston Village", que está mais perto do traballo e donde xa viviramos nunha primeira etapa. Mais o cambio resultou ter algunhas consecuencias negativas. Unha delas foi que por culpa de BT (Bastards) e dunha parella de Filipinos, a miña liña teléfonica non admitía conexión ADSL, a pesares de centos de intentos, chamadas a Mumbay e outras tantas queixas por escrito. MaLia
todo, o cambio tamén tivo cousas boas como.....Bueno, algunha tivo!...
De ahí a explicación de que estivera desconectado do mundo cibernético durante todo ese tempo.

Fartos da situación, un bendito día do pasado mes de febreiro, e axudados polo feito de dispoñer de coche, decidimos voltar á zona de Rivers Street, atopando unha acolledora vivenda non moi lonxe de onde xa estiveramos o ano anterior. E HOXE, día 18 de Abril, queridos compañeiros e compañeiras, volvo recupera-la miña dignidade coma usuario, volvo ter identidade propia: ¡Volvo ter a miña propia conexión a internet! logo de 8 meses, 14 días, 7 horas e 9 minutos. ¡CABROIS!

A tódalas empresas proveedoras de servicios de telefonía e internet (non se salva ningunha); SODES UNS PUTOS MANGANTES.

E preguntarédesvos, mais... ¿como é que estiveche conectado dende fai meses?. Pois estiven conectado gracias á xenorosidade de benditos "inquilinos comunistas", xa que sacando ó fresco a tarxeta wifi pola fiestra, recibes a sinal dos xenerosos e bondadosos inquilinos que cohabitan a túa rúa. Así que dende aquí, e ainda que eles non o saiban, quero mandarlle un agarimoso agradecemento a "TRAMSHED", "NETGEAR", "GUINEA" e "SCOTT", por abrirse de portos e permitirme cefellarlles e facer uso das súas conexións a internet, e dende hoxe, eu mesmo poño a disposición de todo aquel interesado a miña propia conexión.


E para festexalo, coma non podía ser de outro xeito, un pouco de música:

"El inquilino Comunista"

E ainda por riba seguimos vivos. ¿Que mais se pode pedir?. Unha aperta para todos os que vos pasades por aquí e unha especial a aqueles que chegastes ata esta derradeira frase: "Harpo, benvido a casa."

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Benvido logo Harpo. osteus irmáns Groucho, Chico e Zeppo botaronte de menos.
Por certo, vendo a que montaches cunha conexion de caridade da medo pensar que vai ser esto a partir de agora

pepetrola dijo...

Si oh! Esto agora vai ser a ostia!!! XD

Bueno, trón! Agora que xa non eres un "fuera de la ley", pero si un bon comunista, espero que dende aquí (a rede de redes) lle sigamos dando caña os que ti, os que len esto e máis eu sabemos, ¿ein? Ti xa me entendes, facer unha revolución irreverente, sarcástica, pero cañera. Como auténticos niños malos. Pero sen mancarse, que temos familia, e o primeiro é o primeiro, e cada un ten que mirar pola comida de cada quen, “que hoxe non che está o mundo para bromas”, diche miña abuela.

Bien, Pues te dejo, que teño que ir revolucionar a miña cama, que está moi fría, carallo! A ver se a quento...

Veña, saúdos dende o revolucionado Bocelo para a tamén revolucionada Bath.

airen dijo...

graciñas pola tua lembranza do noso novo inkilino... e grazas tamén a todos aqueles que deixaron a Fiz seguir escribindo no seu espazo (sempre atopo cousas de interés público, como por exemplo ese enlace á páxina dos consumidores!)... sigo crendo que o trueke é o mellor camiño para a nosa civilización.

FIZ dijo...

GRacias a tod@s por seguiren ahí, e gracias por compartir a miña alegría de ser novamente un usuario legal.

David: queremos o teu blogue XA!

Pepe: Moito me temo que sego a ser un auténtico fora da lei, e un comunista en prácticas, "mucho Lirili y poco Lerele", mais calar non nos vai calar NIN DIOS, pero coma ti ben dis, sen mancarse!!
The only Solution...The Revolution

Airin: A mandar miña nena. Te cambio a Lia por Harpo. TruekePower!

Un biquiño a tod@s.

Anónimo dijo...

Antes de ofrecer esos truekes, deberias de hablar con tu compañera de vida (XDDDD). A lo mejor no le hace mucha gracia ir a bañar a Lia, y encontrarse con harpo meandose por toda la casa.
Cuidad unos de otros en el Tiña Rock, que os va a hacer falta.
AP! Y no dejeis que os timen, ni que os roben, ni na de na.

Unha aperta!

FIZ dijo...

oddiie:
Escatolóxicamente falando. Dubido moito que Harpo chegue a mexar tanto como Lia. Por non falar de augas maiores, que haí sí que non hai quen nos gañe.

Polo do Viña, tranquilo!!, que xuramos non timar nin roubar a ninguén. Prometemos que non chamaremos dende a comisaria como a última vez. XD

P:D- Xa teño a todo o equipo de DELL traballando no meu novo equipo. Chega en 7 días. Falamos.
BICOS: Robin Hood

Xaquin dijo...

Bueno después de mucho tiempo por fin te escribo unas lineas en tu blog.
Respecto a lo del blog desde la capital bursátil va a estar jodido, casi tanto como que nos veamos por melide.
Pues nada como siempre sigues siendo todo un personaje expresandote.
Ah¡¡¡¡ ya me dijeron que tu corte de pelo sufriera una mutación al más puro estilo bisbal, quiero foto ya.
bikos para los tres.

Anónimo dijo...

Acabo de poñerme a escoitar un disco que non podo deixar de recomendarche.
Artista: Weather Report
Album: I Sing the Body Electric
E para flipar un bon rato e se non xa me dirás

PD.: Non te poñas a bombardear co do blogue que son un recén chegado

FIZ dijo...

XAK:
Unha mágoa...
A blogosfera da capital financieira do estado necesita de aire fresco do norte. Ti serías un bon balón de oxíxeno. Con respecto ó pelo....en fin......siguiente pregunta letrado.
P:D : Foto en camiño. Gracias por estar ahí. Como o de Melide está difícil, pegareiche un toque dende Madrid logo. Antes do que pensas.

David: Oído COCIÑA¡¡¡
tzze..TIRA MULA
Gracias polas recomendacións meu. "Dime con quien andas....Y te diré lo que descargas"
Unha aperta Compañeiros....

Xaquin dijo...

jejeje que bueno lo de dime con quien andas y te diré lo que descargas.

Home yo voy a Melide en las elecciones y dentro de dos semanas, si no nos vemos en la ciudad donde todo el mundo es extranjero no como en coruña.

unha longa aperta my friend

Anónimo dijo...

felix? he tought me the first spanish word i know and its very interesting, wanna know why? coz i am a christian and he tougth me the word or the expression cago en dios. funny isnt it... now you can laugh...
ceferino ronato
cebu philipinas

Anónimo dijo...

we are surfing through the fucking hospital;s patientline.for free? can;t believe it.
we are the bloody best team around.
mrsa power

felix and peter
models
bleep me on 7300
i;ll see you in the morning. take care