lunes, abril 23, 2007

Impresionante Victoria


Hoxe retomamo-la información televisiva, porque temos que voltar a falar de Victoria Folgueira, esta Coruñesa do barrio de Monelos que está a superar tódolos rexistros históricos do veterano programa "Saber y Ganar", que se emite dende fai xa 10 anos na 2 de Televisión Española.
A nosa arqueóloga favorita está a se converter nunha das concursantes que, sen lugar a dúbidas, vai ser lembrada durante moito tempo.
A nosa campiona ven de ser recibida na sede da deputación provincial da Coruña, como se ve na foto, polo presidente desta entidade o Sr. Fernández Moreda e por membros da corporación municipal coruñesa, que se fixeron eco do bon facer desta simpática rapaza no programa e quixeron felicitala personalmente.

Certamente os rexistros desta moza fan perde-lo sentido.
No momento no que este voso servidor escribe esta entrada, Victoria leva nada mais e nada menos, que a frioleira de 77 programas, cun premio acumulado que xa supera os 60.000 euros. Mais o record absoluto que ostenta Victoria e no apartado do reto, xa que leva mais de 45 programas consecutivos sen ter que acudir a esta proba eliminatoria, o que representa un rexistro único nos anais da historia de saber y ganar.

Mais nos últimos días, puidemos ver a unha Victoria un pouco más nerviosa do habitual. Creo que a presión de poder chegar á supera-la barreira dos 100 programas está empezando a pasar factura, amén dos outros 2 concursantes que estes días se enfrontan a Victoria, e que raian un nivel moi alto. Un deles é un enxeñeiro Vallisoletano chamado Kiko e o outro é un veciño de Vigo chamado Tino Pérez, mestre de piano no conservatorio da Cidade Olívica, ambos como xa dixen de gran nivel intelectual. Haberá que preguntarlle a David Grandu se coñece a Tino, xa que debe ser un persoeiro coñecido en Vigo.

Por último decirvos a todos aqueles interesados, que se queredes acudir ó programa a probar sorte, a retar a Victoria ou a face-lo ridículo como sería o meu caso, podédelo facer escribindo unha carta cos vosos datos e unha foto ó apartado de correos 32223. C.P 08080. Barcelona.

E para rematar esta entrada televisiva do día de hoxe, tan só me queda decir:


¡¡¡PARABÉNS AMIGUETE!!! MOITA SORTE. QUE CHEGUES VIVO ATA O FINAL DO CAMIÑO.

E Nós que o vexamos. Con sorte seguiremos Vivos. Que así sexa. ¡SALUD!

miércoles, abril 18, 2007

"El Inquilino Comunista"


O pasado 4 de Agosto, o dono da casa na que estabamos a vivir en Bath (nunha zona moi céntrica e moi "posh") decidiu vende-la súa propiedade por mor de problemas económicos. O dono, que se chama Nélson, é un persoeiro peculiar de orixen peruana que fala un spanglish moi divertido. Nesa casa, en "Rivers street", desfrutabamos dunha conexión a internet bastante boa.

De Rivers Street voltamos para a zona de "Weston Village", que está mais perto do traballo e donde xa viviramos nunha primeira etapa. Mais o cambio resultou ter algunhas consecuencias negativas. Unha delas foi que por culpa de BT (Bastards) e dunha parella de Filipinos, a miña liña teléfonica non admitía conexión ADSL, a pesares de centos de intentos, chamadas a Mumbay e outras tantas queixas por escrito. MaLia
todo, o cambio tamén tivo cousas boas como.....Bueno, algunha tivo!...
De ahí a explicación de que estivera desconectado do mundo cibernético durante todo ese tempo.

Fartos da situación, un bendito día do pasado mes de febreiro, e axudados polo feito de dispoñer de coche, decidimos voltar á zona de Rivers Street, atopando unha acolledora vivenda non moi lonxe de onde xa estiveramos o ano anterior. E HOXE, día 18 de Abril, queridos compañeiros e compañeiras, volvo recupera-la miña dignidade coma usuario, volvo ter identidade propia: ¡Volvo ter a miña propia conexión a internet! logo de 8 meses, 14 días, 7 horas e 9 minutos. ¡CABROIS!

A tódalas empresas proveedoras de servicios de telefonía e internet (non se salva ningunha); SODES UNS PUTOS MANGANTES.

E preguntarédesvos, mais... ¿como é que estiveche conectado dende fai meses?. Pois estiven conectado gracias á xenorosidade de benditos "inquilinos comunistas", xa que sacando ó fresco a tarxeta wifi pola fiestra, recibes a sinal dos xenerosos e bondadosos inquilinos que cohabitan a túa rúa. Así que dende aquí, e ainda que eles non o saiban, quero mandarlle un agarimoso agradecemento a "TRAMSHED", "NETGEAR", "GUINEA" e "SCOTT", por abrirse de portos e permitirme cefellarlles e facer uso das súas conexións a internet, e dende hoxe, eu mesmo poño a disposición de todo aquel interesado a miña propia conexión.


E para festexalo, coma non podía ser de outro xeito, un pouco de música:

"El inquilino Comunista"

E ainda por riba seguimos vivos. ¿Que mais se pode pedir?. Unha aperta para todos os que vos pasades por aquí e unha especial a aqueles que chegastes ata esta derradeira frase: "Harpo, benvido a casa."

viernes, abril 13, 2007

Rutina


Coa familia xa de volta por terras herculinas, retomamo-la rutina do Lia a Día sen sobresaltos e coa fermosa primavera ameazando a golpe de tacón e minisaia.
Bendita Luz!

E tirando unha vez mais da vena Garea, hoxe non podo mais que recomendarvos un par de blogues que me tocan o apelido. O blogocornio amplía a súa riqueza de talentos anónimos coa aportación dende o rico e productivo "Valle de Mesoiro" de mais carnaza informativa.

Meu primo José, e a pesares de que moitos creían que él non daría feito nada de nada, aparece no blogomillo co seu ameno e agradable proxecto "JOSÉ NO DA". Interesante proposta na que vos podo asegurar que non vos ides aburrir e na que atoparedes recomendacións, xogos, trucos e unha delicada selección dos videos mais frikis e bizarros da rede, sempre co permiso de David Husqvarna, por suposto.

Para darnos a benvida José proponnos facer un exercicio de sinceridade e anímanos a recoñecer unha das verdades divinas da rede de redes. Abride os corazóns, xuntade as vosas mans, e cantade todos xuntos as nosas alabanzas.



E tamén dende a factoría Mesoirense chéganos un proxecto dunha andaluza afincada en Galicia, por certo con matrícula de honra no aprendizaxe da nosa lingua nai, que como non, ten cousas que contar e non quere perder a oportunidade de facelo a través desta gran ferramenta que é o Blogomillo, tamen chamado Blogocornio na súa vertiente mais tenebrosa. ¡Bravo Irene!
En Irene atoparedes de todo. De seguro cada entrada será sempré imprevisible e distinta da anterior. Do estado anímico desta perla do mediterráneo, dependerá en gran medida o asunto a tratar no seu espazo. Atrevédevos a descubrilo. O que de seguro non vai faltar é a boa música, como se pode comprobar nunha das entradas de Irene, que nos daba unha calurosa benvida tal que así:



E precisamente do Blog de José, no que aparecía unha lista de xogos de rede, empecei a crear unha sorte de Aldea no mundo virtual de TRAVIAN. Xa sabedes que eu non vos entendo moito de xogos, polo que non vou entrar a valoralo, pero non debe estar mal cando ata eu soupen manexalo. Evidentemente non é un xogo de pachanguear 10 minutos e deixalo, se non que precisa dunha adicación diaria, mais pode ser calificado como ameno e simple. Como vos decía, Travian é un xogo que introduce ó xogador nun mundo virtual con miles de xogadores gobernando unha aldea, que tes que ampliar. Animádevos a descubrilo por vos mesmos.


Unha aperta a todos. Ata pronto.
Desfrutade da rutina. ¡¡Seguimos vivos!!

domingo, abril 08, 2007

TrouLiando


A plana maior de Liadia ven de desplazarse por uns días a Galicia, onde tivemos a ocasión de percatarnos de que en canto se poida, deberiamos trazar de voltar, porque cada vez os regresos se tornan mais e mais duros, xa non polo mal facer de Iberia, que tamén, senon por ter que deixar o que un mais quere.
Mais desta volta, e a pesares de Iberia, que tivo a ben cancelarnos o voo directo de Coruña a Londres mandándonos por Madrid, o regreso fíxose levadeiro xa que o pasado Mércores recibimos a visita en Bath de parte da nosa familia.
E isto que significa? Pois significa que ademais de ter que levar a túa vida cotiá normal, que non é pouco, tes que exercer de anfitrión, polo que o tempo para un mesmo, e neste caso para vós, e moito menor.
Así que logo desta información tan só me queda pedirvos desculpas pola falta de dedicación neste voso blogue agardando que comprendades a situación, mais "sei que ben sabedes" que non me esquezo de vós, e que nestes días de retiro, devoción e meditación téñovos presentes nas miñas plegarias.

En breve seguiremos co Lia a Dia cotiá e co ritmo de entradas normal.



E mañán, aproveitando que por fin teño un Domingo libre, seguiremos trouliando visitando Cardiff e parte do País de Gales, que logo de todo este tempo por estes lares, nunca tiven oportunidad de coñecer, e iso que non está a mais de unha hora en coche de Bristol. Agardo poder contarvos que a visita pagaba a pena. Polo de agora creo que o tempo vai a acompañar, que non é pouco.

E para aqueles que coma min teñades claro que o de resucitar logo de mortos queda para os libros sagrados e para as películas de Mel Gibson, lembrade desfrutar cada dia. Seguimos vivos!! SAUDE