sábado, febrero 02, 2008

Xente de aqui e de acola

O proxecto no que estou a traballar conta con xente de tódolos lados do globo. Logo de mais de 2 semáns aquí, incluso me atrevo a afirmar que algún é de outro remoto planeta da galaxia.
O centro é moi dinámico e tódalas semáns recibe xente nova e tamén por suposto xente que finaliza a súa estancia. En total soemos ser entre 20-25 voluntarios cunha media de idade que ronda os 25 anos, e un dato curioso que me sorprendeu é o feito de que a meirande parte dos voluntarios sexan rapazas. Descoñezo o motivo, e anímovos a participar expoñendo as vosas teorías, pero podería ser porqué para chegar a aventurarse nun traballo desta índole, só os mais sensibles, xenerosos e compasivos (ou parvos coma é o meu caso) dan o paso, características estas mais próximas o xénero feminino. É tan só unha hipótese, que ninguén se sinta ofendido.


Dende que cheguei vin partir xa a mais de 15 persoas, así coma outras tantas novas que foron chegando. A primeira persoa coa que traballei á mañán seguinte á miña chegada, quen xa está de regreso en New York, resultou ser a filla dunha das 15 persoas mais ricas do mundo, de cuio pai se agarda por certo que inxecte unha boa cantidade de cartos no centro. Por respeto a ela, que se portou con total naturalidade conmigo e me amosou o traballo cotiá do centro, prefiro manter a súa identidade no anonimato. De feito eu entereime a posteriori de quen viña sendo a rapaza. Mentiría se vos dixera que non me quedei abraiado. Ó seu favor teño que decir que era unha rapaza completamente normal e moi traballadora. Coma dato curioso tamén vos podo comentar que persoaxes tan coñecidos coma o príncipe de xapón ou Meg Ryan estiveron traballando aquí tamén coma persoas anónimas fai un tempo.

Coma vos decía, as nacionalidades son diversas, sendo a maioría Australianos. Tamén convivo con xente de Canadá, E.E.U.U, Nova Zelanda, Francia, Suiza, Holanda, Irlanda, Alemania, Inglaterra, Italia...En fin, todo unha mistura.
Como podedes comprobar realmente hai xente de aquí e de acolá.
Cheguei a pensar que eu sería o único con D.N.I español que pisou estas terras, pero o fundador de toda ista historia, Edwin, contoume que fai uns 3 anos outro rapaz andaluz estivera aquí por un período de 3 semáns. Do que sí me podo sentir orguioso, é do feito de ser o primeiro GALEGO. Hai un libro enorme onde todos os voluntarios escreben as súas impresións da experiencia vivida, no que sen lugar a dúbidas a miña despedida será case completamente en galego.
O programa por suposto é en inglés, e o feito de estar 24 horas ó día, 7 días á semán falando e pensando en inglés estame axudando a espabilar o idioma a un ritmo incrible, factor iste do que estou encantado dito sexa de paso, e polo que xa vale a pena vir. Como podedes imaxinar os acentos son tan diversos coma as orixes do personal, sendo os mais fortes os Neozelandeses e os australianos, sobor de todo os primeiros.

A miña adaptación ó centro foi moi boa, pero logo de mais de 15 días, por suposto empezas a ter as túas preferencias e afinidades con uns, así coma certo grao de incompatibilidades con outros. Digamos que o feito de estar todos xuntos todo o día, obrígache a vivir unha especie de "reality show", o cal pode chegar a ocasionar certos encontronazos na convivencia diaria.

Eu que pertenzo o xénero masculino, e dado que a sensibilidade non é un dos meus pratos fortes, teño que recoñecer que viñen por motivos mais profesionais que humanitarios, polo que estou a pasar bastante de case todo o mundo e as súas historias persoais, centrándome na medida do posible en aprender o máximo posible no manexo e o coidado dos animais, así coma na xestión dun centro destas características.

Mais ainda así non poiden evitar o feito de ter que mandar a tomar polo cú nun par de ocasións a un par de zorras cotillas que se están adicando a contaminar a boa parte do grupo. A pesar de todo, teño moi claro o porqué da miña estancia aquí, e nada nin ninguén van conseguir arruinar esta experiencia. Para aqueles que me coñecedes persoalmente e sabedes da miña capacidade de perder a razón polas formas, decirvos que podedes estar tranquilos porque non sei se será Buda ou o calor que me apapostia, pero estou aprendendo a controla-la ira de maneira espléndida.
O feito de estar ben conectado coa familia case a diario por medio de internet tamén axuda a ubicarme no meu mundo real.

De tódolos xeitos o mais fermoso de todo isto é a convivencia coa xente local. No centro traballan de maneira fixa mais de 20 tailandeses, entre cuidadores, cociñeiras, persoal de mantemento, mahoots (coidadores de elefantes, os meus favoritos) asistentes de veterinarios etc. Todos eles maravillosos. Moi boa xente, conformistas por natureza e tranquilos por devoción. Honestos e moi agradecidos con calquera xesto de cariño ou esforzo pola nosa parte de falar a súa língua. Encantálles que tentemos expresarnos en Tai e que respetemos as súas creencias e formas de vida. Sempre están a sorrir e realmente é unha mágoa que a barreira idiomática non permita unha comunicación mais fluida.

Nin que decir ten, que as mulleres tailandesas son probablemente das mais fermosas do mundo, concepto este moi relativo, polo que non deixa de ser mais que unha opinión persoal.

E con este derradeiro párrafo sobor da sensualidade e fermosura das mulleres desta terra, despídome por hoxe, non sin antes esquecerme de facervos chegar a miña ledicia polo feito de seguir vivos.
Ata pronto.



Diaw joe kan ná.
Kháp khun.


8 comentarios:

Anónimo dijo...

A pesares do feito de seren ainda nonato,recalco a opinion da miña irma,
eu de maior tamen quero ser coma ti (sobretodo por aquelo de vela fermosura e sensualidade das mulleres tailandesas,jeje)
bicos,pai
Mael

airen dijo...

Un gustazo ke kompartas con nosotr@s tus experiencias y sensaciones por esos lares...la verdá, contagias las ganas de aprovechar lo máximo de kada pekeño detalle.
ke usté siga por ese kamino y, de nuevo, un placer leerte.
PD: tenias razón...me enkanta leer tu gallego. Un biko, campeón!

citizenerased dijo...

Vexo que realmente lle estás a sacar todo o partido a esa experiencia,que de seguro é abraiante.Coidate meu,e deixanos saber de ti por aí.Sempre é agradable ler a un trotamundos...
Bña pequeno.

Anónimo dijo...

bueno fiz , sorprendesme como contas as cousas , gosta¡¡¡¡. Pasao ben , aprende moito , e volve axiña que Mael xa FALA¡¡¡¡. apertas eva

Anónimo dijo...

Que pasa Fiz, joder non sabía que andabas xa por alí,
Nunca deixaras de sorprenderme, pois nada meu coidate moito disfruta da experiencia e a ver se nos podemos ver dunha vez que coas coñas creo que fai cerca dun ano que non nos vemos.

Un abrazo.

coche dijo...

JODER TIO.QUE BEN.FAI FALLA MOITA XENTE COMA TI.UNHA APRETA DENDE UN RINCON DE COMPOSTELA
COCHE

A lareira de Santiso dijo...

Tennos ó tanto das túas historietas, que sonche máis vistosas e amenas ca os documentais da 2 e coa mesma carga didáctica.
Apertas, willy fogg!

Mararía dijo...

Tal e como o describes parece unha aventura fascinante, é maravilloso exercer o traballo dun sabendo que aínda por riba estás axudando os demáis. Gárdame por ahí un oco, entre os moniños a poder ser.

Un saúdo.