jueves, noviembre 22, 2007

¿Sabias Que...?

Recibo hoxe de miña prima Manuela un correo con "información privilexiada" que nun alarde de xenerosidade me vexo na obriga moral de compartir con todos vós. Será que non valgo para gardar un segredo, ou será que antes de que escomece a precampaña electoral das eleccións do ano que ven coa que nos enchouparán con promesas, panfletos e boas palabras temos que estar sobreaviso de como funciona a política.

Ou será tamén que miña prima Manuela úrxeme a difundilo xa que os medios de comunicación, non comunican tanto coma pensamos e resulta bastante complicado conseguir informarse DE VERDADE e con veracidade.

Algúns levan semanas tentando sacar rendemento eleitoral con todo o que está a acontecer coas obras da alta velocidade e cos problemas que están surxindo sobre todo por terras catalanas.
Dacordo....Falemos do A.V.E:
-----------------------------------------------

¿Sabías que o Ministerio de Fomento do Partido Popular creou e encargou a un organismo autónomo, pero dependente deste ministerio, a execución das obras do ave Madrid-Barcelona, e que ise organismo chámase G.I.F (Gestor de infraestructuras Ferroviarias)?

¿Sabías que a principal empresa a quen, o G.I.F, adxudicou realiza-las multimillonarias obras do ave Madrid-Lleida é unha U.T.E (Unión Temporal de Empresas) constituída por Cobra e por unha empresa Italiana do grupo de Berlusconi?

¿Sabías que isa operación tivo un comisionista que se embolsou 8000.000.000(SÍ, oitomil millóns das pesetiñas de antes, ou si prefires 48.000.000 dos euros actuais) por intermediar entre as empresas adxudicatarias e o G.I.F?
¿Sabías que o nome dise comisionista é Alejandro Agag?

¿Sabías que Agag casou coa filla de Aznar no real monasterio do Escorial en presencia entre outros de Berlusconi e Blair coma convidados de Honra, nunha ceremonia que pode ser calificada tamén de "Real" dado o seu protocolo e os gastos derivados ó estado?Pois xa o sabes, o braguetazo non o deu Él, deuno Jose Mari co A.V.E a Guadalaxara.

¿Sabías que o A.V.E en Guadalaxara, non para na propia cidade?. A parada do A.V.E en guadalaxara está no término municipal de Yebes. Este lugar está a 10 minutos en coche da própia capital por unha vella e tortuosa estrada de carril único.
Sabendo que o tren normal de Guadalaxara a Madrid tarda 37 minutos e que o A.V.E "tan só" tarda 27 minutos e o billete é moito mais caro, parece claro que poucos en Guadalaxara irán a Yebes a colle-lo A.V.E.
Entón, ¿Que sentido ten face-la parada do A.V.E en Yebes?
Descubrámolo. "Que siga la fiesta..."



O negocio arrinca en 1998, cando o P.P decidiu colocar a única estación do A.V.E Madrid-Lleida, ó seu paso por Guadalaxara, na cativa localidade de Yebes. A decisión favorecía a Fernando Ramírez de Haro, esposo de Esperanza Aguirre (Presidenta da Comunidade de Madrid) e á súa familía que poseen nese municipio e arredores miles de hectáreas.
Ramírez de Haro e os seus irmaos teñen 1610 Hectáreas repartidas en cinco "leiras"
que foron mercadas á súa propia nai a cambio dunha renda vitalicia anual escasamente superior ó millón de pesetas.
O prezo dese solo rústico, que ainda non foi recalificado, sería hoxe de 1000 millóns de pesetas.
Pero a mais beneficiada desas revalorizacións é a tía do marido de Esperancita Aguirre, Teresa Micaela Valdés.
Os andéns disa estación do A.V.E foron parar as súas leiras.
Despois das pertinentes expropiacións de Fomento, ela decidiu construir unha urbanización, Valdeluz, de mais de 9000 vivendas.
Os terreos disa futura urbe en Yebes, mais coñecida xa como "Avelandia" foron recalificados en 2001 nun plan de ordenación urbana. Este solo urbanizable é propiedade de "ARVEJAL S.L" cuios donos son Teresa Micaela Valdés e os seus fillos, primos de Esperancita Aguirre.

Micaela otórgalle a esas terras un valor de mais de 8.000 millóns de pesetas. O arquitecto municipal de Yebes é Jaime de Grandes, irmao de Luís de Grandes, diputado do P.P, e de Lorenzo de Grandes, xefe de prensa da asamblea de Madrid pola presidenta da cámara, Concepción Aguirre.


Vaia...Que casualidade. Todo queda en casa.
Que vergoña.
Raro parece tamén que o P.S.O.E non faga un uso mais partidista de este e de outros escándalos.
Se cadra é mellor te-la boquiña pechada non vai ser que saian á luz tamén historias escabrosas do A.V.E a Sevilla, por exemplo. E que xa se sabe, hoxe por ti, e mañán por min.
Sodes todos fillos da mesma cadela.

E de aquí a pouco vannos lembrar casí apuntándonos co dedo acusador que é de obrigado cumprimento acudir ás urnas e exercer o noso dereito a voto para ser verdadeiros cidadáns.
Sí, sí.......Para que non se vos foda o negocio.
Ide votar....Ide....

Paréceme a min que ese Domingo EU adicareime a celebrar que sigo vivo. Si é que chego claro.



SALUD

12 comentarios:

Anónimo dijo...

manda carallo,acabo de quedar planchado.Realmente incrible.Pero que escoria
coche

Anónimo dijo...

Quedoche como dios!!me encanta a Espe de promo de su single Guadalajara!! pois si cae info desta xa cha pasarei, pq eu non é q non teña obriga moral, e que non teño moral para a tecnoloxía. bicos para Lía e para volos 2.muacas!

Anónimo dijo...

como ben dixo coche , incrible¡¡¡¡ A MIN ESTO DAME , CANDO MENOS , VERGOÑA¡¡¡ QUE NOXO¡¡¡ apertas

citizenerased dijo...

incrible? en serio,...eu vexoos capaces de facer estes trapicheos e moitos máis graves.Ademáis non temos porque fixarnos no do A.V.E.,xa que en Galicia temos a cidade da cultura que seguro ten a súa parte escura.
Como dixo outro:
PP: P artido P aratodalavida

Raposo dijo...

Vaia tropa!!! E esto pode que só sexa a punta do iceberg. A saber que se agocha por outros lares.

FIZ dijo...

Isto...Señoras e señores é o NEGOCIO Da POLÍTICA.

Pero claro...logo os malos somos os demais; os antisistema, os non democráticos, os alporizadores, a mocidade pasota e non comprometida, os inadaptados, os radicais...

Políticos sode-lo peor.
A RAÑALA.
Conmigo non contedes.

SALUD

Mararía dijo...

Estou impresionada. Hai que agradecerche tan clara exposición dos feitos. Creo que, despois dun par de minutos, todavía continúo pálida.

¡Qué f... de p....!

A Conxurada dijo...

A pesares de ser información totalmente nova para min...pois a verdade é que non me sorprendeu nada.
É unha vergonza.

Noraboa pola blogue, volverei.
Saúdos.

FIZ dijo...

Un bico a Silvana e outro á Conxurada.
Moi agradecido polas vosas visitas.

SAUDOS

oko dijo...

o peor de todo é que se se comeza a sacar, hai cousas destas en cada unha das obras públicas que se fan. pero non creo que non-votar sexa a solución...

Son Unha Xoaniña dijo...

Efectivamente e como dis, isto é o negocio da política.
Qué escándalo e que vergoña!!!, eu quedo aterrorizada de pensar que isto so é unha pequena parte do que non sabemos, e que se cadra non saberemos.
Grazas por ilustrarnos.
Un saúdo.

A lareira de Santiso dijo...

Dá gusto lerte, compañeiro.
apertas, e ledicia, como dis, por estarmos vivos.