
A palabra SEXO, segundo os informes presentados polos mais importantes buscadores da rede, é a raiña de tódalas buscas no internete. Hoxe intentarei logo darlle un pouco de pulo ó meu recuncho falando do tema en cuestión. Falemos pois de SEXO.
------------------------------
SAUDOS xentalla.
Xa estamos de volta por terras británicas logo de conducir o superClio de regreso a Galicia coma vos contaba na entrada anterior, ateigado de enseres e trebellos varios.
Xa queda pois menos para o noso "maternity break" por terras Galegas dende o vindeiro 1 de Xaneiro, día de San Manuel no calendario Gregoriano.
Un dos enseres que xa está de volta na Coruña é o meu ordenador de escritorio, de ahí o meu retraso editorial no recuncho Lia a Día, xa que agora só conto co portatil Airis (aparato non recomendado nin ó mais ruín dos meus inimigos) que non funciona correctamente, xa que se apaga el soíño cando lle sale do disco duro e non volve acender ata que se lle pon nos cables. De ahí a pouca participación activa no blogomillo.
Mais a estancia por terras Galegas, serviu para algo mais que para gañar case 3 Kgs de peso no tempo record de 6 días (E non me refiro o bebé). Serviu tamén para facer unha visita médica á Doutora Roival, na Clínica Herculina de Sta. Teresa, onde como parte normal do proceso de control fixemos unha rutinaria ecografía na que vimos de maneira clara O SEXO do bebé que está de camiño. Estou polo tanto en condicións de compartir con todos vós de maneira case certeira que se todo vai ben imos ter un MENIÑO.
De verdade que non minto se vos digo que non me importaría en absoluto que fose outra nena, pero os que falastes conmigo en persoa do tema sabedes que vos dixen dende o primeiro momento que tiña a certeza persoal (intuición masculina, que tamén a temos) que nesta ocasión iba ser un NENO.
E acertei.
Hoxe teño polo tanto algo mais que festexar que aquelo que digo sempre de que SEGUIMOS VIVOS.
Hoxe celebramos ademais, que se todo vai ben imos ser pais (que locura, ainda non me afixen á primeira e xa falo do segundo...) dunha parexiña de fedellos.
Recurrindo o tópico, sexa o que sexa....que veña SAN.
Amén.
SAUDOS













