jueves, agosto 09, 2007

AMIWALKER

Supoño que a maioría de vós estades probablemente mais ó Loro que Eu co acontecido no programa da T.V.G o gran Camiño no que participou meu irmao Ami Walker. Eu non puiden seguilo polo miudo dado o meu horario nocturno, pero si que vin os resumos dos programas que foron colgando, (moi mal editados por certo) na páxina da Galega. Por iso non son quen de "faguer" unha análise profunda, mais sí que gostaria de aportar a miña profana opinión.

Cando meu irmao pasou a primeira criba do casting, eu sabía que iba ser un dos elexidos para participar no concurso e confeso que cando me dixo que o elexiran e me explicou en que consistía pareceume unha idea un pouco patateira. Mesturando churras con Merinas; o camiño de Santiago co tabaco, o xogo da oca, co parchís (azul come a rojo, cuento 20 y tiro dado...).
E efectivamente, así foi, ainda que o resultado final non quedou tan mal:

Na miña opinión e a pesar das críticas que tivo, Carlos Blanco non o está a facer mal de todo no papel de presentador e o camiño de Santiago coma telón de fondo ten o seu atractivo. O do tabaco é tema aparte e incluso parece que "amola" a todo o mundo. Pero os productores teñen que sacar petróleo de tódolos lados. Tamén me comentou meu irmao que o equipo técnico no camiño era moi boa xente e moi profesional, o cal non me sorprende pero sempre se agradece.
Nin que decir ten que con matrícula de honra quero destacar a Yara cumprindo de maneira impecable no seu papel de acompañante-familiar. Sempre moi guapa, discreta e cauta nos comentarios.

Pola contra, penso que para que fose considerado realmente telerrealidade, como a deron en chamar, tería que ser un programa con emisións EN DIRECTO dende o principio, non só ó final. Deste xeito todo depende da dirección do programa. Tampouco me agradou nin me pareceu nada innovador o plantexamento do concurso facendo equipos con tan so 10 persoas. Non sei cal, pero penso que se podía ter feito outro tipo de idea con todo o grupo xunto ou alomenos votándose todos contra todos. En xeral, quizais lle falte un pouco de creatividade e espontaneidade a pesar de que o formato chamou a atención e tivo a súa repercusión.
Unha mañá no comezo da emisión do programa escoitei a Francino nas noticias da cadena Ser comentar o estreno a nivel nacional o que me deixou bastante abraiado.

Eu ainda non tiven moito tempo de compartir impresións con meu irmao, e non será por ganas, pero en canto o contrato asinado lle permita sair do pais e poidamos vernos xa falaremos. Asi que en canto teña mais información, e como non, en canto se emita o final do concurso, agardo aportar mais detalles. Ou como diría Riki; "secretitos de la producción" e "datos concretos".
Polo de agora o que vos podo achegar e este correo que Amiguete nos deixou fai días na redacción de Lia a Día e que quere compartir con todos nós:

"Xa fai tempo que quería agradecer ó meu grande irmán, e a todos vós que vos comunicades neste blog, o grande interese e apoio que demostrastes o longo do concurso. Efectivamente con eso xa me sinto mais que gañador, pero a telesangre dos realitis aliméntase de outras cousas moi diferentes da amizade; está moito mellor ser un pallasete, un flipadete ou un perrete.
Por iso e por outros factores alleos a min, estou fora dun concurso que non se merecia un amiguete dentro. O unico que de verdade sinto é o ter defraudado a todos os que me seguistes e confiabades en que duraría algo mais. Así que desculpas, grazas, vogal, e quenda para Lía.
(Que raro que aproveitase para colgar un comentario en esta linea tan
feminina....)
Asdo : Expulsadete"
Mil bicos a Todas/os



Como resumo e tamén para aqueles que non vistes o programa aquí vos queda o video homenaxe a Amiguete que fixeron na gala da expulsión e que xa está colgada dende fai uns días en internet.
Meu Gran Irmao:






Eu o que teño seguro é que a experiencia que viviu Amiguete é única, e fixo moi ben en non deixala escapar, e o meu apoio será outra vez TOTAL para a próxima. Porque coñecendo a meu irmao, de seguro que hai unha próxima.
Non podía ser doutro xeito tendo en conta que Él sempre está ahí dende que teño uso de razón para darme o seu apoio incondicional e gratuito.
A saber o que, onde e cando, pero algo fedellarás pequeno. E todo sen deixar de sorrir.





E como di Macaco na canción favorita de Lia, "oye mi hermano...disfruta el camino", porque o teu neste programa xa está a piques de rematar, pero seguimos vivos e o camiño da vida continúa. E ise non hai productor nin guionista que o pare, e de seguro traerá cousas ainda mellores. Xa o veráss. Así que, a desfrutala con SAUDE.
De Oca a Oca y me piro porque me toca.


Quenda pro destino.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

ola fiz¡ primeiramente decirlle a ami , que para nada nos sentimos defraudados con el , bueno falo por min, para nada , nada , ami eres un campion , polo feito de ser como es ti sempre , eres do mellorciño que hai , noraboa por ser asi , eu non me vou a fixar que duraras 2 nin 3 nin todas as semanas , senon , que vexo que tal cual es tomando uns , " PACHARAN " que fuches no programa e a min eso xa me basta . UN BIKAZO MUY GRANDE E NORABOA POR SER COMO Es, tamen a noraboa a fiz por ser tan bo irman . un BEISINHO POS DOUS

airen dijo...

moi emotiva a entrada, pekeno-gran fiz... gustoume moito a sensibilidade a flor de pel e aproveito a okasion ke brindas no teu rekuncho para subliñar duas kousas: as liñas ke dedicas a amiguete como irma e a presenza dun figura na tele-gaita. e komo ti ben dis..."o kamiño da vida segue" e iso é o máis importante. bikos para todos

Anónimo dijo...

Xa que nos convidas a falar de camiños,destino e vida,Lia mais eu queriamos aproveitala tua acertada entrada para agradecerte que os compartas con nos (e mesmo as veces fagas de guia).Grazas por estares con nos.Queremoste
xa sabes quen son

FIZ dijo...

Vexo que o de mimar ás rapazas está a dar resultado. Pleno fiminino nos comentarios de esta entrada.Ahí vos teño ó pe do cañón ainda en estas datas tan dadas á desconexion cibernética.
Moitísimas Gracias. Recibide o mais agarimoso de tódolos biquiños.

Onde estades rapaces?...Vaivos reñir o sr. Zapatero por falta de paridade.
SALUD

pepetrola dijo...

jejejeje Os rapaces xa imos vindo, trón! ^^

Gustoume moito este artículo, centrado en todo un personaxe, teu irmao, que de seguro lle esperan grandes metas de seguiren así. Entón que non se preocupe, que non defraudou a nadie, senón o reves, ilusionounos a todos e seguenos a ilusionar coa sua valentia.

pepetrola dijo...

jejejeje Os rapaces xa imos vindo, trón! ^^

Gustoume moito este artículo, centrado en todo un personaxe, teu irmao, que de seguro lle esperan grandes metas de seguiren así. Entón que non se preocupe, que non defraudou a nadie, senón o reves, ilusionounos a todos e seguenos a ilusionar coa sua valentia.

FIZ dijo...

Hai esta o noso troleiro favorito. Don Joseph Trolillas en representacion da parte masculina.
Mais lembra...Non por moito repetir, ganharemos os rapaces...JAJAJAJa
Un SAUDO COMPANHEIRO

(Non me convertin ao reintegracionismo...e que escribo dende os quirofanos do hospital e esta xente Inglesa segue sen apreciar a delicadeza do enhe....Asi que SORRY)
UN BIQUINHO e unha aperta...