Levamos xa unhas cantas xornadas o Doutor Coche e eu intercambiando informacións, fotos, vivencias e lembranzas de algo que a ámbolos dous nos toca a fibra. A serra do Caurel, ou coma diría o poeta Uxío; O templo máis vasto.
Así que, sendo precisamente este tema un dos que me quedara no tinteiro o pasado mes e coma me dixo aquel día Coltrane falando das orquestras e dos canons da S.G.A.E, hoxe toca militancia.
Dende a Plataforma ecolóxica S.O.S Caurel e co apoio de moitas persoas anónimas e de asociacións ecoloxistas coma ADEGA, estase a levar a cabo unha campaña de concienciación social para axudarnos a entender a importancia da protección dun espazo tan rico na súa biodiversidade e importante como é Caurel. A campaña está a centrar os seus esforzos, entre outras cousas, na recollida de sinaturas para seren enviadas antes do 21 de Xullo ás autoridades competentes da Chupa de Galicia. Así que aqueles que ainda non asinástedes ainda estades a tempo. O Modelo de recollida de sinaturas podédelo atopar na páxina de ADEGA, premendo no título desta entrada ou pedíndomo por correo electrónico.
E básicamente o que solicita a plataforma S.O.S Caurel é o seguinte:
A Xunta de Galicia, na mesma liña que o anterior Goberno, vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización, de catro novas macrocanteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máis de unha ducia delas.
Por iso nós, a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural ó Caurel de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor e Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre ó territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, parques eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros etc.
O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón alomenos un 1/3 da Serra Courelá. A proposta que fai a Xunta de Galicia é de menos de 1/7 do conxunto montañoso. Esta proposta é un completo timo, deixa fóra lugares tan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, Campodola..... A metade sur da cunca do Lor, chea de canteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase en conta a disposición totalmente rectilínea do Canón do Lor, o camiño natural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra.
Agardemos chegar vivos e a tempo para evitar outra catástrofe e ser capaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto” dun despacho de Santiago con fermosas fotos de Turgalicia na parede.
Despois virán as lamentacións, as manifestacións e de novo as bandeiras de Nunca Mais....
Outra vez "Mais".
E xa van non sei cantas....
"Irei un día do Caurel a Compostela por terras Liberadas".
UXIO NOVO NEIRA
Parada de Caurel 1930
Santiago compostela 1999
IN MEMORIAM
sábado, julio 14, 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Si señor, un dos paraxes máis bonitos que temos en Galiza, a ver se entre todos o damos salvado.
Saúdos.
Unha vez mais e gracias ó teu seguimento, esta entrada non quedará sen comentarios.
Unha aperta Trolillas.
Publicar un comentario