viernes, julio 20, 2007
Cousas do 7sete7
Por estricta petición de Irene e logo de terllo prometido, abrimo-la entrada de hoxe con esta foto con reclamo erótico-festivo na que se pode ver un "shorbo" en todo o seu flácido esplendor e coa que agardo que disfrute Irene e lle serva como reclamo para seguiren ahí día a día. A ela e a tódalas rapazas que vos pasades por aqui de vez en cando. Que sodes poucas e temos que mimarvos.
En canto a vós rapaces, testosteronizados compañeiros e seguidores habituais deste espazo, remítovos de novo á entrada anterior do 12 de Xullo con ese fermoso desnudo, ou no seu defecto, á páxina 3 do Sun.
Para aqueles que non se atopen en ningún dos dous grupos anteriores aquí vos queda esta fermosa foto deste curioso pemento coa que, co grado de imaxinación axeitado, te podería levar a onde quixeras e con quen quixeras. Vivide da Horta.
Sexa como sexa, desfrutade da vida.
-------------------------------------------------------------------------------------
No blog de Vanessa veño de poñer un comentario no se que se falaba da diferencia cultural entre pobos, o que me fixo lembrar que tiña un video na recámara tubeira de liadia dende fai tempo que quería amosarvos.
Agora que estamos neste sétimo mes de Xullo onde se tende ós excesos, aproveito para decir que me sinto moi orguioso de pertencer a miña cultura e de como nos divertimos.
Sabede tamén que se vos bota a todas/os moito de menos.
Outros non poden deci-lo mesmo.
Un de estes simpáticos adolescentes non sei eu se poderá afirmar aquelo de "Seguimos vivos". Nós si.
Saudos dende a cultura da gaita á cultura do Jackass. Que vos vaia bonito. Sode-lo peor. (The last según chávez, lembrades?)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Como vai, Fiz!
únome ao séquito de rapazas seguidoras deste recuncho. Graciñas por mimarnos, eh, que nunca vén mal. Ben chula a imaxe do poderío masculino!
Eu penso que as formas de divertirnos son bastante máis ca unha cousa de modas. Son a cultura da que ti falas e deixala esmorecer é aceptar que nos fundimos nunha masa homoxenea que imaxino viscosa, verde e pastenta coma un chicle pegado a unha zapatilla...agghhh
Bicos!
Imos tirando Vane.
E como non vos iba mimar si sodes poucas, pero moi selectas eso si.
VEÑA RAPAZAS....Anímadevos a participar ou me chivo a ZP por falta de paridade no blog.
Moi viscoso e descriptivo o teu comentario. Graciñas. XD
Bicos
Bueno, bueno... aunke siguieras poniendo fotos para el disfrute del grupo masculino...yo seguiría pasándome por akí (además...si se trata de belleza ke kojones importa!). por problemas técnicos no puedo escribir en mi blog, así ke te pido permiso para denunciar en tu rinconcito la noticia del secuestro de la revista del jueves por "sátira peligrosa" hacia la familia real... a ver si te haces eco. yo afortunadamente la pude comprar en el aeropuerto. bicos y graciñas.
Irenilla...Non dubido da tua fidelidade.
Creo que despois de toda a cobertura que lle deron ó secuestro do noso diario amigo "El Jueves" imos obviar calquer tipo de aclaración.
Longa< vida ó Jueves.
Xuices deste bendito estado.....Sodelo pior!!!!
SAUDOS
Publicar un comentario