
Mentras agardamos que os nosos enviados especiais ó festival de Glastonbury den sinais de vida, quixera coma xa fixen antes da entrada do Viñarock F.I.V (Facíase en Villarobledo), facer outro intermedio metamúsicosocial, mentras Mara de Frutos organiza toda a información e selecciona as mellores fotografías deste "Barrumental" evento.

Permitídeme abusar de novo da vosa confianza para pedirvos a opinión sobre unha banda, Stone Sour, que cruza o charco dende terras Americanas facendo escala na península Ibérica, onde tocarán hoxe Mércores 27 en Madrid e mañán Xoves, día de San Ireneo en Lisboa, formando parte do cartel do Festival Super Bock-Super Rock, com um cartaz de bandas espectacular,

Stone Sour é unha banda fundada en 1992 en Iowa polo que segue a ser actualmente vocalista e alma máter da banda Slipknot, Corey Taylor. Tamén toca a guitarra en Stone Sour outro dos membros de Slipknot, James Root. Ámbolos dous pertenceron primeiro a Stone Sour parando logo o proxecto para unirse a Slikpnot e ás súas malditas mascaritas, iso si, con suculento reparto de dividendos. A pesar de que son unha chispa deles.
E xa levo eu varios meses ollando no canal de música Kerrang e tamén no Scuzz o video do seu single Through The Glass .
Chamádeme brando, pero a min e a pesares do seu mercantilismo, fíxome tilín, e nin que decir ten que, a título persoal, alédome de que en Slipknot, a lo menos 2 de eles decidiran "sair do armario" e quita-la susodita máscara, facendo o que parece ser un exercicio de autocrítica do mundo que rodea a todas estas estrelas e ós seus estrelados, pero que de seguro non e mais que un cambio de chaqueta a cambio de dólares recén pranchados.
¿Hipócritas? ¿Vendidos? ¿Sinceiros? ¿Igual de chungos con ou sen máscara?
Bótalle unha ollada e faime saber a túa opinión antes de que pase de moda, que xa lle faltará pouco.
A POSTeriori:
Por Xentileza de Josiño, a quen sempre temos ahí detrás ó filo da noticia, quixera ampliar esta entrada cun video da "JosiriMuseteca", que deixa entrever claramente a opinión de moitos músicos do mundillo metal acerca do proxecto Slikpnot.
Simpática e espontanea parodia do batería de muse no backstage logo de facerse cunha desas arrepiantes mascaritas, mais propias dun martes de Entroido que dun concerto.
A min conseguiume arrincar un longo sorriso. Agardo que a vós tamén.
GRACIAS JOSI