lunes, marzo 05, 2007

R.U.H. Crónica negra


Hai un rapaz que traballa no mesmo hospital que eu, que se chama John Bolton, pero que por respeto a súa persoa e por mantelo no anonimato, ímoslle chamar John Boy, que é como lle chama todo o mundo. John Traballa no turno de noite en quirófanos, coma un dos responsables de materiais, así coma do traslado de pacientes as plantas logo das intervencións cirúrxicas, entre outras cousas.
E levaba eu xa tempo sen ver a John.. cousa que me extrañou, xa que coincidiamos moitas veces en quirófanos traballando eu de 6 da tarde a 12 da noite, e decidín indagar que lle pasara. E o que busca sempre atopa e me enterei, por medio dunha enfermeira alemana, que Jonh estaba suspendido de emprego e soldo.
E ¿Porqué?, preguntarédesvos. Pois porque John decidíu, xunto con 2 compinches mais, convertir un aburrido turno nunha noite amena, agradable e divertida, facendo acopio de material de quirófano; unha bombona de Óxido nitroso, mascarilla e bombona de oxíxeno.

O óxido nitroso , tamén coñecido coma "gas da risa", foi descuberto e aplicado na ciruxía como narcótico, por Horace Wells a principios do século XIX, logo de ter asistido a sesións de risoterapia nas feiras da época. Provoca alucinacións e un estado de euforia, motivo polo cal é utilizado por algúns (Non é o meu caso, ainda!!) coma droga lúdica. Para aqueles atrevidos, decirvos que é unha sustancia PERIGOSA, que non debe ser administrada en bruto, sempre mesturada nunha proporción dun 30% con Oxíxeno. Ollo, mal utilizada pódete enviar pro outro barrio.

Resultado da aventura: John foi atopado xunto cos compinches, inconsciente e tirado no chan dunha das habitacións da residencia de médicos xunto coas bombonas de gases ás 3 tarde do día seguinte.
En fin, coma diría Toshack, NO COMMENT!!


Reflexión esta que me fai lembrar, que as mezclas mal feitas nunca che foron boas. E se non que llo pregunten ó profesor F.Arrabal naquel famoso programa de Sanchez Dragó, no que a posteriori, se defendería das seguintes imaxes afirmando que mesturara unhas pastillas antidepresivas con alcohol. Resultado; o que sigue: Lembrades?...."Hablemos de minerialismo....."

Para información de persoal, decir que John segue vivo, e nós tamén. Parabéns!!. Seguimos de sorte. Bicos A todas/os. En breve, Mais....SALUD!!!

7 comentarios:

pepetrola dijo...

Este John Boy éche un personaxe de película... Hai que estar ben pra alo, oh!

E do Arrabal mellor... No comment!

Saúdos.

Ghaiteira dijo...

Gracias pola túa visita chico! Pois nada, sobra decir que ti estarás tamén no meu punto de vista.

Ale, bikiñ0s e saúde! ^^

Anónimo dijo...

Non..non...non.....GRACIAS a Ti Ghaiteira, vexo que acudiche puntual a miña solicitude. Eche un placer pola miña parte.

En canto a ti..Gaiteiro pepetroleiro. Sen ti esto non tería arrincado.

OBRIGADO Ós 2 e a todos os /as que parades un anaco por aqui.
Tereivos presentes nas miñas oracións. Equisde

milapertas
FIZ

citizenerased dijo...

joder...pois a min o arrabal dame pena...mira tí...quén non tivo algunha vez un desliz son..."alcohol"...

Fiz,o blog sáese cada vez máis.

Anónimo dijo...

Xa vexo josiño que te identificache e solidarizache co profesor arrabal. Acaso tiveche situacións parecidas por culpa de mesturas raras??
Xa o decían os rapaces de S.A no seu famoso tema..."Cervezas y ......"
Hai......Como seguía a letra..??.
Gracias polos ánimos _Josi..
SALUD FIZ

rikimelide dijo...

Bueno perdoade pola tardanza, pero xa estou aqui e veño para quedar ;.
Fiz noraboa pola tua bitácora, si señor, agardábaseche ansiadamente e dáseche unha quente benvida dende estas-terras-tuas do atlántico, bueno nós mais ben no interior.
Parabens e a seguir asi fenómeno.
PD: Que guapa está Lia, comparto con Joe Rebordiños.

FIZ dijo...

Que grande Riki. Estás perdoado. Mais cheguei a pensar que che pasara algo. Tíñasnos preocupados. Débenche ir ben os negocios que non che dan apenas tempo de lecer.
Gracias por acudir á miña chamada promocional.
Estamos en contacto. Estímote.
Ate pronto.
SALUD