miércoles, marzo 14, 2007

Garea´s Corporation

Dende Visantoña, Santiso, terra de grandes músicos como saberedes, e a través do mesenlleiro, recibín unha nota de David "Grandu", gran músico, como non podía ser de outro xeito, e que últimamente anda metido no proxecto "Freaknosis", do que agardamos recibir algún tipo de material multimedia, para compartilo con todos e todas.
Pois ben, David, entre outras cousas, agradecía no seu correo-nota a inclusión neste blog, no seu apartado Musicalia, do grupo Thievery Corporation. Unha vez mais, coincidimos David e Eu á hora de abrirnos de orellas. David tamén se lamentaba da pouca acollida que ten esta banda na nosa comarca. Por iso dende aquí vémonos na obriga moral de facer unha recomendación musical e animarvos a que desfrutedes deste magnífico grupo de músicos.

Thievery Corporation é un dúo de DJs e productores musicais da cidade de Washington, Estados Unidos. Está integrado por Rob Garza e Eric Hilton. A súa música é única, mais poderíase encuadrar (malditas etiquetas) dentro do estilo de música electrónica denominado downtempo, con influencias do dub, o acid jazz, a música da India e de Brasil, nunha fusión combinada cunha estética lounge.

As letras de Thievery Corporation están claramente influenciadas por algúns dos últimos sucesos políticos de notoriedade, mostrando a oposición que manteñen ás políticas da administración Bush. En setembro de 2005, participaron no concerto da "Operación Alto al fuego" (Operation Ceasefire), co obxetivo de dete-la guerra de Mr.Danger en Irak.
Teñen 4 discos editados, todos eles maravillosos, e mais de 15 EP´s. Tamén podédelos escoitar en moitos discos compilatorios e nas Bandas sonoras de Vanilla Sky e Garden State entre outros.

Sirva esta entrada para lembrar que en E.E.U.U haí moitísima xente que non se queda calada, e que está a sufrir como o resto do mundo as consecuencias do seu modelo político e social. Xente que loita a diario por intentar cambia-las cousas a risco de seren boikoteados ou amenazados.

Pero en xeral......Que xentiña....Vaia pola Virxen Do Carme!!!
Se tedes un minuto ollade no seguinte enlace o que podería ser unha boa presentación desta banda.

Se o corpo vos pide mais..pincha aquí!
Se xa non podes parar pincha aquí!


E Agora que falo de Thievery corporation, non podo mais que lembrarme de como chegou o primeiro disco desta banda as nosas mans. Foi o album "The Richest Man in Babylon" terceiro dos seus 4 discos, editado no 2002 e que meu primo Charly, facendo alarde da súa preparación a nivel musical, tivo a ben deixarme dentro dun lote doutros 15 Cds (Doors, Black Sabath, G&R, Monxes Benedictinos, Hendrix y otros grandes éxitos..) no Nadal de 2002. Charly daríanos de novo a todos outra lección, nun viaxe familiar a E.E.U.U no nadal de 2004, encargándose da selección musical nas longas horas de coche que percorrimos cruzando varios estados.
Mais o simpático desta historia foi o como chegou as mans de Charly dito CD. A súa nai viaxa a miudo a estados unidos, xa que é orixinalmente de aló e ainda ten a súa nai e unha irmá vivindo en Atlanta. Cada vez que vai, Charly encárgalle música a miña tia, que é mais boa que o pan e sempre se anda preocupando de tódolos encargos. Mais tamén hai que decir dela que é un pouco despistada. Neste caso, Charly encargáralle un disco de Richie Hawtin, e ela apareceulle co "The richest man in Babylon", polo que podedes imaxinar cal foi a cara de Charly cando llo deu toda contenta por ter cumplido coa misión.
Mira ti por donde, o disco resultou ser impresionante e o propio Charly recoñece ser, musicalmente, un dos mellores da súa colección. Así que xa se sabe. Nesta vida, cando está pra un, está pra un.. e ó carallo¡
E é que con Charly and Garea´s, as cousas son así, sabemos como se empeza, mais nunca sabemos como remata. Bueno, as veces, cando nos xuntamos, predecímolo!
Que siga la fiesta, seguimos vivos. Bicos a tod@s e ós Gareas DOBLE ración!!

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Gran entrada, Fiz. Hai que traballarse a esta peña. Na miña opinión, e sen querer descalificar á critica, teño que dicir que me parece que teñen moito que ver coa música de Henry Mancini, xa sabes: The Pink Panther, Peter Gunn, Hattari... Escoitaos pensando no tema a ver se atopas paralelismos

FIZ dijo...

...GRACIAS Deivid!!
Nunca houbese chegado a Mancini. De seguro..Jajajjaja

P.D: By the way...QUE GRANDE MANCINI.
Un bico. Ata pronto.

citizenerased dijo...

mira,sempre esta ben descubrir cousas novas.Anque este duo sóname,pq creo que o outro 1/2 de freaknosis me falou de él.De todas maneiras,esta ben ese video sampler que nos proporcionas vía youtube.

E por suposto que charly é "o crack".Grandes discos que solo coñecía en formato mp3,o cabron tenos en orixinal.O primeiro de Audioslave(J-O-Y-A) e Serart(disco de Serj T. e Arto T.) .
Segue así charly.Iluminanos.


PD:Fiz,como molaba ter un video no que se poidera ver ese homenaxe ós bitels que fixemos no trece a noite de fin de ano,con charly por alí regalandonos a súa fabulosa voz de tenor.

Ghaiteira dijo...

A verdade é que non é o meu estilo de música predilecto pero bueno, é bastante escoitable, vamos, que non está mal.
Saúd0s!!

PD. Por certo, a futura canción de verán, (o hit do San roque, unha mezcla Manu Chau-bisbaliana-rumbera-ghipghopeira, coma ben dis ti), a min gústame, (non o direi moi alto). Bailareina nos pafes...

FIZ dijo...

Josiri: Hai que decir con respecto ós discos que mencionas que ambos son de Minchi, (Grandísimo disco o Serart) personaxe que tamén é outra boa fonte de inspiracións musicais.
Por certo que Minchi e 4 compañeiros mais teñen dende fai un par de meses un novo local de ensaio en Madrid donde se está xestando o que parece ser unha nova banda do panorama metaleiro madrileño. En breve comentareivos mais e a ver se consigo algún material deles.

Ghaiteira: Se haí que bailar se baila....jejje...O que sea. Ó temita en cuestión, como lle fagan unha mínima promoción, seguro que triunfa, porque é pegadiza de carallo.
Unha aperta a todos

Anónimo dijo...

Ah otra pagina a tener en cuenta relacionada cn el tema es http://www.eslmusic.com/ q debe ser la pagina d la productora del grupo al q acemos referencia abur liados!!!!

Anónimo dijo...

m cago en la tecnologia digital, en santa tecla, en bill puertas y en todo lo cagable: escribo 2 mnsajes 1 largo y otro corto y ay m cago ademas en Murphy va y se jode el largo. A grandes rasgos decia q m ecnata el blog, los comntarios sobre el tema, el grupo y q deberais ver el book del disco muy ueno: solo fotos sobre gentes del mundo en blanco y negro del fotografo bonaerense Daniel Cima mirar su pagina http://danielcima.com/Artist.asp?ArtistID=689&Akey=DGWHCN5E

FIZ dijo...

Pasa pa dentro Charly....Anda.....Ponte Cómodo!!...
Tu sigue así charly...Sigue así que vas bien¡¡¡
Equisde
SAUDOS