domingo, enero 18, 2009

Zeitgeistcismo

Ó fío da anterior entrada, na que Pérez Reverte facía unha atinada visión económica futurista, véuseme á cabeza unha película que fai uns días me recomendara meu irmao e da que procedo a cortar e pegar o seguinte video, que resulta coma pouco, curioso, ou coma diría amiguete, "vale pa ver".
Ademais dase a casualidade de que me enterei que onte á noite foi emitida pola segunda cadena da Televisión Española, creo que no mítico programa "Versión Española"..¿Alguén a viu?.

E lembrade...Todo é unha broma (Sobre todo para os que se ríen de nós, mais tedes que saber, bastardos, que iso non vos vai durar toda a vida.)




E non podo desaproveitar a oportunidade que me brinda outro post "económico" para facer un pouco de "militancia". ¿Quen se lembra xa de Zeitgeist?. Recoméndovos unha vez mais este famoso documental sen ánimo de lucro e realizado no, xa lonxano, 2007. A recomendación xira de xeito especial, en torno á terceira e derradeira parte do documental, a que analiza a historia da economía moderna, aínda que as outras dúas tampouco teñen desperdicio, relixión e terrorismo internacional.

Conspirade conmigo compañeir@s.



SALUD!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

pos mira eu esta peli vina... e recomendada polo meu ben querido amigo , amiguete¡¡¡ i e unha curiosa maneira de ver a economia, o peor que é certo de seguro?¿? ou non ?¿?...

APERTAZAS PARA TI , FIZ , EPARA AMI (SINOFO).

EVA dijo...

son eu . EVA .

pepetrola dijo...

Eu teño que decir que seguin aquela túa recomendación o pé da letra e vin "Zeitgeist", todo gracias o ben que falaches dela. E debo decir que me deixou alucinado de verdade.

¡SAUDOS!

Son Unha Xoaniña dijo...

Pois como nunca nos paramos a pensar en como son as cousas en realidade, sinon que actuamos xa por inercia, cando un se para un pouco e reflexiona e mira iste video, dan gañas de coller as metralletas e cargarse aos banqueiros todos, está claro que son os qe mandan e os que deciden cando convén unha crise e cando debe rematar. En fin, nos seguimos a lle dar moediñas aos banqueiros, para que nos presten cartos, somos ns pobres incautos.
Bicos.

Pollahomosapiens dijo...

:)

enlil dijo...

Polo visto Zeitgeist ten numerosos fallos e licencias de autor sobre teorías que manexa ó seu antoxo nesa primeira parte de relixión. Agora sólo me acordo do mito de Horus, que comparaba co de Xesús, e algunhas desas cousas estaban tergiversadas ou basadas en teorías non contrastadas.
Eso faime desconfiar do resto do documental.