lunes, diciembre 01, 2008

Skapara

東京スカパラダイスオーケストラ



A Tokyo Ska Paradise Orchestra, comunmente coñecida pola súa abreviatura "Skapara", é unha banda xaponesa de Ska e Jazz formada en 1985 polo percusionista Asa-Chang, ó que se lle uniron nun principio 10 veteranos do escenario "underground" de Tokyo. A banda soupo aproveitar ó longo dos últimos 20 anos as oportunidades de evolución e innovación musical, ata chegar a ser hoxendía un dos referentes do panorama musical xaponés coa súa ecléctica mestura de ska tradicional, jazz e rock. Unha delicia, vaia!

Para min, co seu tema Pedorazu, sempre serán os fenómenos da canción do Тетрис (tetris), pegadizo arranxo instrumental coñecido por tod@s, extraído da canción popular rusa chamada "Korobeiniki".



RIKI....Hai que falar con BARULLO!!



Dende o "Blog del silencio", onde podemos conseguir por descarga directa a meirande parte da discografía de Skapara, rematan por calificalos coma.....simplemente....Uns Xenios.


Música Bendita,

Bicos e gracias por seguir entrando por aquí de cando en vez.

sábado, noviembre 29, 2008

Mahatma



Consérvate sereo e resolto
coma un bosque mesto e silencioso,
cos brazos cruzados e olladas que son
as armas dunha guerra non gañada.

E, se daquela os tiranos se atreven,
deíxaos cabalgar entre as túas filas,
asestar coiteladas e puñaladas e mutilar e
/descarga-lo machado.

Deíxalles facer o que queiran.

Cos brazos cruzados e os ollos firmes,
con pouco medo e menos sorpresa ainda,
olla pra eles cando firan,
ata que a súa ira se desvaneza.
Shelley




Hai que ter tino ó tratar cun home a quen non lle interesan os praceres sensuais, a quen non lle interesan a comodidade, o eloxio nin o ascenso, si non que está resolto, simplesmente, a facer o que cree XUSTO.
Eche un inimigo perigoso e incómodo, xa que o seu corpo, que un sempre pode conquistar, non nos permite mercar a súa ialma


Homenaxe a Gandhi. 1914. OXFORD
Hibbert Journal
Profesor Gilbert Murray.


¿Algún corpo conquistado?..¿¿Todos vivos??

PARABÉNS

miércoles, julio 30, 2008

Si YO Fuera DIOS

Ayer, ayer, creo que fue ayer
Ayer, después de seis noches
Ayer, después de seis días
Ayer por fin descansé, y al fin consegui dormir

Y al dormir tuve un sueño, que como todos los sueños,
como tiene que ser, terminó en pesadilla
Y soñé, pensé, bueno soñé...

Dios no lo quiera, soñé que era Dios
Y, si yo fuera Dios, ¿sabes lo que haría?...



Si yo fuera Dios las noches tendrían mas estrellas.
Viajaría mas a la Tierra para intentar ser hombre.
Aunque al final me muera un atardecer cualquiera
El lugar, no importa donde...

Si yo fuera Dios el diluvio aún seguiría,
lagrimas que nunca terminan de asolagar esta ruina
que aburrido, en siete días fabriqué no hace mucho tiempo
sin saber que hacer, ni lo que hacia.

Si yo fuera Dios le tendría miedo al tiempo
Años sin luches, ¡silencio! carretera sin retorno de los días
Descanso de almas sin vida, horas que no se escapan.
Horas que se suicidan.

Si yo fuera Dios, constructor de castillos en el aire
que despues se llenan de hombres que poco a poco ven que sus sueños
se pierden en los desagues, alcantarillas del cielo, sí...
Cloacas del infierno.

Si yo fuera Dios, voz que tembló cuando se marchó,
dejando la tierra muda como una vieja desnuda
Sin nombre, sin recuerdos, sin sepultura...
Bueno, se me olvidó, aún le queda la luna.

Si yo fuera Dios, Noche soleada, las mañanas se esconden.
Escalando al viento, un problema menos cuando haya muerto.
Duerme el sueño, era el tiempo, risas llenas de lluvia
Oh lluvia, que llora la vida.
Noche que te vas, dame la mano, ¡Hay mi vida, como te vas!


Si yo fuera Dios le pediría perdon al diablo.
Lucifer, que al nacer así fue llamado y que por negarse a ser un criado
"No serviré", dijo y por eso, para siempre,
al infierno desterrado.

Si yo fuera Dios... ¡Nunca podría ser Dios!
Me marcharía al otro lado de la noche... cansado de mi, cansado de Dios
cansado de hacer sufrir, de vivir y mas que nada, cansado de estar solo.

Si yo fuera Dios y tu me pidieras mi vida
¿Quieres saber lo que haría? fijate lo que te digo, escucha, mira,
que sin dudar ni un momento, te juro por mi,
te juro por Dios que te la daría.

YOSI




EU TAMÉN ME EMOCIONARIA....E TI??...Ti se foras DEUS...QUE CARALLO FARÍAS??

jueves, junio 26, 2008

Silencio




El silencio es el único amigo que jamás traiciona.

Confucio
(551 AC-478 AC).

jueves, febrero 21, 2008

Tristura e Realismo

Con ollos húmidos e sentimentos encontrados, deixo as terras da provincia de Petchaburi e as suas maravillosas xentes para trasladarme a Bangkok e, logo de 3 xornadas de "turismo" na capital, tomar de novo un avión de Etihad dende o novo e impresionante aeroporto da capital Thailandesa para, previo paso por Abu Dabhi e Londres, aterrar na Coruña o Vindeiro Sábado 23 ó mediodía. 20 Horiñas de Viaxe.

Os dous últimos días en Cha-Am serviron para darme conta de que a miña participación no proxecto do Wildlife Rescue Center tocaba ó seu fin. Logo de 6 semáns traballando cóbado con cóbado cos traballadores Thais, co resto de voluntarios e coma non, con todos estes maravillosos animais, resulta inevitable sentir unha fonda tristura. Mais a vida ten que continuar e o que me espera ó meu regreso e ainda mais maravilloso, se cabe.

Ainda é cedo para poder facer un balance final de toda ista historia, xa que ata que pase certo tempo os meus comentarios non serían totalmente obxetivos, mais certo é que a experiencia do Voluntariado é mais que recomendable para todo o mundo, sen importar sexo, idade, procedencia ou relixión. O feito de traballar de maneira altruista dando o mellor de cada un, é algo que elimina os prexuicios, borra a historia e o pasado das persoas, para situalas nun presente no que se loita por un futuro mellor, ainda sabendo que o futuro non ten solución.

Moitos de vós sabedes do meu extremado pesimismo, ou coma eu sempre digo, o meu "realismo". Admiro ós optimistas, mais facendo miñas as palabras de Sabina, "un Optimista non deixa de ser un pesimista mal informado". O mundo no que vivimos é unha auténtica farsa, e mentras existan intereses, seguirán a existir os interesados. E onde hai interesados sempre haberá perxudicados.
Non son ninguén para dar consellos, pero se queredes un ben sinxelo iste non pode ser outro mais que "NON VOS CREADES NADA". Decide por ti mesmo. Lembrade que todo é unha gran mentira.

O único que realmente é verdade, son as experiencias vitais e persoais de cada un de nós. Pódenmos arrebatar a nosa liberdade, as nosas pertenzas, a nosa historia, arte, tradicións, língoa e ate a nosa fé; mais as nosas vivenzas son e serán sempre nosas.
Iste é precisamente o ponto fraco do sistema.


É por isto que considero que viaxar é o mellor libro de historia que se pode ler, o mellor telexornal que se pode ver e a mellor radio que se pode escoitar.
É en definitiva, o mellor xeito de analisa-lo mundo dende a perspectiva persoal de cada un. Sen filtros nen intereses partidistas. A mellor experiencia e a mellor inversión. Algo que realmente SÍ te levas cando o teu tempo remata. O coche, o piso, o ouro e os cartos ficarán para os que esteñan agardando por eles.

É, ó fin, unha necesidade.


Cun pouco de sorte seguirei vivo para organiza-la próxima. Xa me tarda.

sábado, febrero 16, 2008

FUCKING GREAT

I realized, guys, that some of you volunteers have been coming in here to have a look in my blogspace, so today this post belongs to all the volunteers in the Wildlife Rescue Center, and by the way, not only to those who are working here at the momment, also to those who´ve been here in the past and those who are planning to come here in the next few months.



All of us are FUCKING GREAT. The volunteer´s average age is about 25 years old, so that means that the youth is not just thinking about having a great car, the biggest house, the best job and all the crap that the media wants us to believe in and to fight for. Not everyone is in the world to play their silly competitive game. You clearly show there is a different youth who thinks that this bloody and crazy planet could be something better. A different world is possible. The power´s in our hands.
After my experience as volunteer here in the Wildlife Rescue Center in Thailand, I realized that It´s true. My mind has changed a little bit and now I trust in the next generations, so this is why I´m dedicating this stupid post to you volunteers, because you are just leaving the seed to grow up a better future.


My last working day in the center will be tomorrow, and I would be lying if I said that I don´t feel sad. Yes I do, and Budha sent me a gift. The sky is crying. Today It´s been raining "cats and dogs" and I´m having a wierd and crazy busy day, including House Volunteer duty with "pasta night" and also helping others who have just come to work in the center. It´s a never ending job and I´m absolutly knackerd. But anyway I´ve done my best, working as hard as my first day.
That´s what all of you volunteers taught me.
Once more time...WE ARE FUCKING GREAT!!
I will never forget you. I´m so proud to have met you.



ALL THE BEST to:
- Bec (Australia), Willow (E.E.U.U), Megan (Australia), Anneke (Netherlands), Nadia (U.K), Steven (Belgium), Cristina (E.E.U.U), Catia (Portugal), Petra (Germany), Paulo (Portugal), Conner (E.E.U.U), Ronald (Netherlands), Suzanne (Netherlands), Tom s. (U.K), PAT (E.E.U.U, bloody messy better room mate Ever), Sonia (U.K), Natalie (U.K), John (Scotland), Denise (Scotland), Nora (Canada), Vanessa (U.K), Natasia (Netherland), Eleonora (Italy), Tasha (Australia), Lily (Australia), Nicole (Australia), Roisin (Ireland), Arjen (Netherlands), John (Australia), Laura (U.K), Maria (U.K), Emma (U.K), Tricia (U.K), Matt (Australia), Tara (Australia), Jennifer (France), Sean (Canada), Crystal (Canada), Ashley (U.K), Siobhan (U.K), Heloise (swizerland), Gena (Australia), Jane (U.K), Claude (Swizerland), Abby (Australia), Elly (U.K), Bex (U.K), Olivia (New Zealand), Gabi (New Zealand), Jo (U.K), Tommy (New Zealand), Bradley (Canada), Tany (Poland), Emily (Belgium), Sebastian (Belgium), Hanna (UK).

Special mention to SIMON (U.K) who came last year to stay as volunteer for 4 weeks, after the first one He was wondering "What the hell am I doing here?", and at the momment, almost 2 years later he is still at the centre organising all of us.

jueves, febrero 14, 2008

Un dia Mais


O despertador "casio" que a última hora ela lle lembrara que debía levar consigo, sonou puntual un día mais ás 6:07 da mañán cando ainda o astro rei non decidira facer acto de presenza.
Sorte que ela estaba sempre ahí para lembrarlle todo e poñer un pouco de orden e concerto na súa desorganizada vida.
Logo de 4 semáns, a diferencia horaria de 7 horas que non lle permitira descansar as primeiras xornadas, xa estaba mais que superada, e por fin conseguía durmir case con normalidade. Xa non tiña pesadelos estranos nos que os amigos tentaban de aforcalo e acuchilalo, nos que serpes decidían compartir berce no medio da noite ou aquel outro no que era condeado á pena capital por inxección letal.

Mais ainda así, non conseguira durmir de maneira seguida nin unha sóa noite.
Ter a 16 cans insomnes laiando sinfonías perrunas sen parar, compartir cuarto con rás, mosquitos e lagartos e convivir cun persoeiro que decidira facer da falta de hixiene o seu modelo de vida, tampouco axudaba a concilia-lo sono. Ademais voltaba facer unha calor húmida extrema e os 4 osos do cercado traseiro levaban 3 días sumidos nunha ruidosa liorta que a xulgar polos desgarradores berros levaba trazas de rematar mal.

O destino quixo tamén que él fose un animal nocturno, polo que sempre era dos últimos en ir durmir e a ducha de auga fría que se deu antes de deitarse, espabilarao todavía mais se cabe.
Alomenos ou seu desordeado compañeiro de cuarto deixara o centro por uns días, xa que precisaba de renova-lo visado que se consegue cruzando a fronteira dalgún dos paises limítrofes, o cal sempre daba un punto de privacidade e tranquilidade.

Faltaban 2 días para cumpri-lo mes de traballo pactado inicialmente. O tempo pasara realmente voando pero as forzas escomenzaban a fraquear. O corpo ten un límite e estaba a piques de sobrepasalo. Cortes, fendas e bochas nas maos logo de preparar nos últimos turnos mais de 300 racións de comida, 2 veces o día, troceando con cuchilos xigantes todo tipo de froitas e tubérculos exóticos. Os pés destrozados por mor dos camiños cheos de penas, rochas e buratos. Incontables picaduras, rabuñazos e o hombreiro definitivamente dislocado de novo.

Parecía pois que estivera acertado cando antes de vir deixara planificados case 8 días extras para descansar e recuperarse nalgunha praia perdida disas que saen nas películas e que asemellan ser o paraiso. Unha disas nas que podes durmir por 10 euros á noite nunha cabana á beira do branco areal, con aire acondicionado, antena parabólica, ducha de auga quente, e cisterna na peza. Unha disas nas que as palmeiras rozan coa punta das follas as tranquilas augas do índico e onde os guibóns non berran coma posesos dende as 5 da mañanciña.

Mais non debía de ser todo tan negativo cando na vez de desfrutar dises merecidos días de lecer nunha disas praias vírxenes, xa tiña decidido extende-la súa estancia traballando no centro unha semana mais. Será que a pesar de todo os animais aportaban mais satisfaccións que importunios.


-------------------------------------------------------------------------------------

Cambio de plans. NON marcho do centro. O encargado dos voluntarios confirmoume que podo ficar o tempo que queira. Amplío a estancia 7 días mais. Deixarei o proxecto o vindeiro día 17 de Febreiro, de seguro con moita tristura. Mais, coma sempre me dixo miña nai dende que eu era un meniño, para que veñan outras, teñen que pasar istas.


Hoxe celebro que todos istes bichos que ollan con ollos tristes seguen a estar vivos. En parte gracias o meu ínfimo pero adicado traballo. Síntome orguioso de ter participado aportando o meu graniño de area.
E coma min, outros 23 voluntarios que arestora traballan igual de duro, e outros tantos que xa vin partir, e os que están por chegar, porque sen xente coma Nós todo isto non podería continúar. Que asi sexa.
Ten moito mérito.

SAUDE COMPAÑEIROS.

domingo, febrero 10, 2008

Ek o Mahout

Ek naceu fai xa 24 primaveras nas lonxanas terras de Surín, no suroeste de Tailandia non moi lonxe do borde de Camboia e tamen Laos.
Que o destino deste rapaz estaría ligado os elefantes era fácilmente predecible dada a tradición familiar, na que os seus membros viñan exercendo o oficio de "Mahouts" durante alomenos 7 xeracións. E coma non podía ser doutro xeito, efectivamente ise foi o seu destino.
O Mahout é a persoa que se adica profesionalmente ó cuidado e entrenamento dos elefantes, chegando a ter entre ambos unha relación moi estreita dada a lonxevidade distes inmensos paquidermos. Os mais afortunados e mellor tratados poden acadar unha idade de ata 80 ou 90 anos, polo que moitas veces é o elefante o que ve morrer antes ó seu mahut.
Ek é o pequeno de 5 irmaos sendo él o único varón, ó que Buda, ademais de "bendecilo" co seu sexo, tamén lle quixo otorgar unha intelixencia extraordinaria. Tan só poido ir a escola ata idade dos 17 anos. O seu tio Tata, Mahout xefe dos 5 elefantes que temos no centro, xa lle tiña conseguido unha plaza tanto a Ek coma ó seu curmán Joy dende facía xa tempo, polo que a pesar da lonxanía da sua cidade non poido negarse. O soldo non é moi bon, xa que Tata raramente lles paga mais de 4000 Bats ó mes (menos de 100 euros), mais Ek non lle pide moito mais á vida; Ter para o tabaco, unha cervexa "Singha" á noitiña, xa mercou unha moto de segunda mao e ademais ten bastante tempo libre, ainda que o de levantarse ás 6 da mañán 6 días á semán non lle gosta tanto. Sen esquecerse ademais de que Ek sabe que os animais están ben tratados, e a él danlle cama e comida e está en contacto con mozos e mozas de todo o mundo cos que pode practicar Inglés e aprender cada día. Falar Inglés é un dos seus soños e non lle falta moito para acadalo. Ten un potencial extremo para os idiomas e unha memoria de "elefante", nunca mellor dito.
O peor é atura-lo teimudo do seu tio Tata e ter á familia e amigos a 700 Km de distancia.
Mais por sorte, e logo de 7 meses sen apenas contacto coa súa xente, Ek vai desfrutar das súas primeiras vacacións. 10 días a finais de Marzo para visitar á súa xente en Surín e desfrutar dos seus 4 sobriños na casa familiar onde viven as súas 4 irmás, as que tamén son Mahuts, cos seus respectivos maridos. Unha mágoa que os pais de Ek xa non poidan ver medrar ós seus 4 netos posto que xa finaron os dous de maneira prematura fai 3 e 5 anos respectivamente.

---------------------------------------------------------------------------

Nista última semana Ek estase a converter no meu gran compañeiro. Sempre andamos pendentes dos turnos dun e doutro para poder charlar un anaco e compartir un petillo de liar "Golden Virginia" dos meus que tanto lle gustan, e un chupito de augardante de caña de azúcar. Ás veces almorzamos xuntos unha desas pegañentas pastas de arroz e coco cocido e mallado con froitas que nunca antes vira, e á noite sempre se pasa pola casa dos voluntarios sen apenas facer barullo para non chamar a atención para irmos xuntos na súa moto a tomar unha cervexa á aldea.

As nosas vidas son moi distintas pero hai algo que nos une que é o respeto mutuo e o feito de que a él tamén lle gostaria ser pai de dous fillos. Unha nena e un neno.
Pase o que pase, faga o calor que faga e sexa coma sexa a xornada de traballo que teñamos, non deixei de ver sorrir a Ek nin un só segundo. A vida e moi curta coma para perder un só instante dela preocupándose, enfadándose ou sufrindo sen motivo.
Vese que Ek tamén gosta de celebrar cada día que pasa.

Hoxe é Domingo, día de feira nocturna na vila. Duchareime e irei ver que anda a facer Ek.
Haberá que ir festexar que seguemos vivos.

jueves, febrero 07, 2008

Fortuna


Unha das cousas que mais chama a atención ó pisar terras Asiáticas e o feito de ver a todo o mundo facendo uso de ciclomotores para desplazarse a tódolos lados. Os tailandeses non son unha excepción, e realmente son muy preguiceiros á hora de camiñar, facendo uso das motos incluso para as mais curtas distancias, e creédeme que cando digo curtas son realmente curtas.
Na súa mentalidade non existe o concepto do paseo polo paseo.

Onte cheguei a Cha-am á tardiña reventado do traballo e cun hombreiro medio dislocado logo dunha caída fortuita dende unha escada no invernadoiro do centro onde, eu e Conner, un rapaz de Denver, Colorado, estamos a instalar un novo semilleiro para a producción de planta autóctona para repoblación de certas áreas do centro de recuperación de Fauna.

Tódolos Mércores celébrase nesta pequena localidade costeira, onde predomina o turismo local (mocidade, estudantes e familias de Bangkok na sua maioría) un mercado nocturno moi grande e extremadamente animado onde podes comer, mercar falsificacións, xoguetes, arte, mascotas e todo tipo de productos e enseres. Todo isto mesturado co feito da celebración do fin de ano chinés, fixo que me atopara no medio dun enxamio de xente movéndose dun lado a outro, o cal dificultaba desplazarse de maneira sosegada.

Non me costou moito toma-la decisión de alugar un moto Honda modelo "WaveR 125" que me está a facer sentir un dos tipos mais afortunados de toda Asia e parte de Oriente medio, e que por outra parte me está axudando a entender o porqué do seu uso por parte da xente local. Son realmente cómodas, de fácil manexo (4 marchas sen embrague), baixo consumo, baratas (o aluguer por un día costoume 5 euros ó cambio), fáciles de aparcar e moi eficaces á hora de desplazarse (cheguei a ver ata 5 persoas montadas nunha sóa destas pequenas motoretas).

A conducción é caótica, xente cruzando, pitando, coches e motos en tódalas direccións, mais é moi segura. A xente non corre e cédense o paso uns os outros. Asemella non teren nunca presa e realmente me sinto un mais no medio de todo o caos. É coma se perdera-la etiqueta de "guiri" para pasar a formar parte do seu mundo.

Por si todo isto fose pouco, a última hora de onte fun na moto a faceren unhas fotos do mercado á hora do peche e coñecín a un marchante de Bangkok, un paisano de mediana idade cun Inglés moi limitado, que con tódolos trebellos xa empacados na furgoneta e logo dunha simpática negociación me vendeu un Rolex automático modelo explorer que lle zumba o carallete, e que me está a facer sentir ainda mais afortunado se cabe. Vese que estaba para min.

O peor é recuperar de novo a estrana sensación do paso do tempo. Xa estaba case afeito a prescindir deste invento do diaño. Mais pouco me durou o problema.
No regreso do mercado e subindo as escaleiras do hotel, desmontouse o enganche do peche e soltouse a correa caendo o maldito invento satánico ó chan.
Nada que o meu amigo Silvela non poida arranxar co punteiro dun mondadentes ó meu regreso en menos que canta un galo. Polo de agora seguirei sen preocuparme da hora e do tempo.

Eso sí, a maquinaria segue viva. Eu tamén. Todo unha fortuna.

-SAWADI KHUP-
ชะอำ

miércoles, febrero 06, 2008

O TEMPO


Sempre co permiso do profesor D.Santiago Pemán, hoxe vouvos comentar como é o clima por estas terras do lonxano Oriente. Podería rematar esta entrada con un calificativo tan simple coma "Asfixiante", pero creo que debería matizar isto un pouco mais.

Cada dous días recibimos no centro un periódico local indescifrable e outro en inglés chamado "Bangkok Post" que é o único medio que temos de enterarnos (ademais do Internet no pobo mais cercano) do que acontece no mundo. O "Bangkok post" edítase en formato sábana e conta coa frioleira de 4 ou 5 páxinas.
Unha das novas en portada nos derradeiros días foi o caos existente en toda china por mor das adversas condicións climatolóxicas, todo iso xuntado ademais co feito de que o país está a celebrar esta mesma noite o seu fin de ano. Un gran colapso, en definitiva.

A noticia coas fotos en portada dos militares retirando neve nas principais estradas e aeroportos non deixa de sorprenderme cada día e faime sentir que o noso planeta eche un sitio ben curioso. Pode ser que o feito de estar a mais de 30 ºC día e noite e cunha sensación térmica asfixiante me faga cavilar ainda mais no abraiante que é o sistema que habitamos.

Tailandia (Prathet Thai en tailandés) ten 513.000 kilómetros cadrados. A súa extensión é, polo tanto, similar á de España. O país ten, botándolle un pouco de imaxinación, a forma dun elefante visto de perfil coa trompa colgando. Eu estou no medio da trompa, e ando medio trompa boa parte do día.
O norte e o oeste son lixeiramente montañosos, o centro é unha gran planicie chea de arrozales bañada polo "Chao Praya" e os seus afluentes. O sul, pola súa banda é unha sucesión de palmerais. manglares e praias. O país conta cunha chea de illas todas elas deliciosas e perfectas para a práctica do submarinismo por exemplo.
Neste bendito país viven 58 millóns de persoas (case o dobre que España coa mesma extensión).

O clima Tailandés é tropical, cunha tempada de choivas monzónicas moi marcada. A temperatura é sempre moi elevada con medias que raramente baixan dos 30 ºC en ningún mes do ano.
Poden distinguirse 3 tempadas:
- A moi calurosa vai de Abril a finais de Xuño. Hai algo de choiva pero predomina o calor premonzónico con xornadas nas que se superan ata os 45ºC de temperatura. Un inferno.
- A tempada de Choivas causadas polos famosos Monzones e que se extende mais ou menos de principios de Xuño ata finais de Outono. Chove de maneira regular e copiosa case tódolos días a partiren do mediodia durante 2 ou 3 horas. O exceso de humidade provoca unha vez mais sensacións térmicas moi altas.
- A tempada seca vai de Novembro a finais de Marzal i é tamén a menos calurosa. Podería decirse que é a mellor época para visitar estas terras. Por iso, e especialmente en Nadal, coincide coa tempada alta de turismo, o que fai incrementar os prezos dos hoteis e sitios de turismo. Se decides vir algún día recoméndoche entre Novembro e Decembro (non mais aló do 15).

Creo que dende que cheguei aquí non parei nin un só minuto de súar, polo que logo dista disertación sobor do clima, creo que para nós occidentais, poderiamos resumir o clima en unha soa tempada. MOI CALUROSA, con 2 pequenas variacións; Infernalmente calurosa e fodidísimamente calurosa.

Non me quero nin imaxinar como será vivir aquí cando o calor é realmente asfixiante, e chámame a atención ver á xente local tapada con chaquetas e gorros a primeira hora da mañán e á noitiña cando ti medio espido non fas mais que escomezar a respirar.
O 3 primeiros días de traballo duro andiven medio deshidratado cunha sensación constante de debilidade e flaqueza tanto mental coma física, mais logo de 4 ou 5 días o corpo comeza a aclimatarse e precisas beber menos líquidos sentíndote mellor e mais animado.

Mais antonte, por fin, un gran neboeiro cruzuo a rexión de norte a sul e deixounos un agasallo en forma de choiva que fixo asenta-lo pó ó chan e refresca-lo ambiente a lo menos por unha noite. Por fin baixamos da cifra de 30ºC e todo o mundo, nativos incluídos, parecian estar a desfrutar desa maravillosa sensación. Os animais relaxáronse por un par de horas adicándose simplemente a observar e escoitar a auga petar nas follas das árbores. Todos os voluntarios esbozaban un sorriso ó cruzarse sen necesidade de articular verba algunha. Sobraban as palabras. Detívose o tempo e todos nos tomamos un respiro.


Neste intre no que vos estou a escribir é mediodía e comprobei no termómetro da cociña que rozamo-los 34ºC cunha porcentaxe de humidade dun 77%. O ceo segue parcialmente cuberto, polo que o astro rei non castiga tanto os lombos nin as almas. Non se está nada mal, para servos sinceiro. Ademais mañán é o meu día libre e marcho cara Cha-Am esta mesma tarde para pasa-la noite nun hoteliño con aire acondicionado, auga quente e cisterna no excusado. Lin que as cousas por China están indo un pouco mellor. Xa non neva tanto e o goberno escomeza a controla-la situación.

Creo que me vou pasar a xornada na praia desconectando do durísimo traballo e celebrando que sego vivo. Non hai queixa.

FELIZ ANINOVO CHINÉS.

SAUDOS.
Kwawp Khun.

sábado, febrero 02, 2008

Xente de aqui e de acola

O proxecto no que estou a traballar conta con xente de tódolos lados do globo. Logo de mais de 2 semáns aquí, incluso me atrevo a afirmar que algún é de outro remoto planeta da galaxia.
O centro é moi dinámico e tódalas semáns recibe xente nova e tamén por suposto xente que finaliza a súa estancia. En total soemos ser entre 20-25 voluntarios cunha media de idade que ronda os 25 anos, e un dato curioso que me sorprendeu é o feito de que a meirande parte dos voluntarios sexan rapazas. Descoñezo o motivo, e anímovos a participar expoñendo as vosas teorías, pero podería ser porqué para chegar a aventurarse nun traballo desta índole, só os mais sensibles, xenerosos e compasivos (ou parvos coma é o meu caso) dan o paso, características estas mais próximas o xénero feminino. É tan só unha hipótese, que ninguén se sinta ofendido.


Dende que cheguei vin partir xa a mais de 15 persoas, así coma outras tantas novas que foron chegando. A primeira persoa coa que traballei á mañán seguinte á miña chegada, quen xa está de regreso en New York, resultou ser a filla dunha das 15 persoas mais ricas do mundo, de cuio pai se agarda por certo que inxecte unha boa cantidade de cartos no centro. Por respeto a ela, que se portou con total naturalidade conmigo e me amosou o traballo cotiá do centro, prefiro manter a súa identidade no anonimato. De feito eu entereime a posteriori de quen viña sendo a rapaza. Mentiría se vos dixera que non me quedei abraiado. Ó seu favor teño que decir que era unha rapaza completamente normal e moi traballadora. Coma dato curioso tamén vos podo comentar que persoaxes tan coñecidos coma o príncipe de xapón ou Meg Ryan estiveron traballando aquí tamén coma persoas anónimas fai un tempo.

Coma vos decía, as nacionalidades son diversas, sendo a maioría Australianos. Tamén convivo con xente de Canadá, E.E.U.U, Nova Zelanda, Francia, Suiza, Holanda, Irlanda, Alemania, Inglaterra, Italia...En fin, todo unha mistura.
Como podedes comprobar realmente hai xente de aquí e de acolá.
Cheguei a pensar que eu sería o único con D.N.I español que pisou estas terras, pero o fundador de toda ista historia, Edwin, contoume que fai uns 3 anos outro rapaz andaluz estivera aquí por un período de 3 semáns. Do que sí me podo sentir orguioso, é do feito de ser o primeiro GALEGO. Hai un libro enorme onde todos os voluntarios escreben as súas impresións da experiencia vivida, no que sen lugar a dúbidas a miña despedida será case completamente en galego.
O programa por suposto é en inglés, e o feito de estar 24 horas ó día, 7 días á semán falando e pensando en inglés estame axudando a espabilar o idioma a un ritmo incrible, factor iste do que estou encantado dito sexa de paso, e polo que xa vale a pena vir. Como podedes imaxinar os acentos son tan diversos coma as orixes do personal, sendo os mais fortes os Neozelandeses e os australianos, sobor de todo os primeiros.

A miña adaptación ó centro foi moi boa, pero logo de mais de 15 días, por suposto empezas a ter as túas preferencias e afinidades con uns, así coma certo grao de incompatibilidades con outros. Digamos que o feito de estar todos xuntos todo o día, obrígache a vivir unha especie de "reality show", o cal pode chegar a ocasionar certos encontronazos na convivencia diaria.

Eu que pertenzo o xénero masculino, e dado que a sensibilidade non é un dos meus pratos fortes, teño que recoñecer que viñen por motivos mais profesionais que humanitarios, polo que estou a pasar bastante de case todo o mundo e as súas historias persoais, centrándome na medida do posible en aprender o máximo posible no manexo e o coidado dos animais, así coma na xestión dun centro destas características.

Mais ainda así non poiden evitar o feito de ter que mandar a tomar polo cú nun par de ocasións a un par de zorras cotillas que se están adicando a contaminar a boa parte do grupo. A pesar de todo, teño moi claro o porqué da miña estancia aquí, e nada nin ninguén van conseguir arruinar esta experiencia. Para aqueles que me coñecedes persoalmente e sabedes da miña capacidade de perder a razón polas formas, decirvos que podedes estar tranquilos porque non sei se será Buda ou o calor que me apapostia, pero estou aprendendo a controla-la ira de maneira espléndida.
O feito de estar ben conectado coa familia case a diario por medio de internet tamén axuda a ubicarme no meu mundo real.

De tódolos xeitos o mais fermoso de todo isto é a convivencia coa xente local. No centro traballan de maneira fixa mais de 20 tailandeses, entre cuidadores, cociñeiras, persoal de mantemento, mahoots (coidadores de elefantes, os meus favoritos) asistentes de veterinarios etc. Todos eles maravillosos. Moi boa xente, conformistas por natureza e tranquilos por devoción. Honestos e moi agradecidos con calquera xesto de cariño ou esforzo pola nosa parte de falar a súa língua. Encantálles que tentemos expresarnos en Tai e que respetemos as súas creencias e formas de vida. Sempre están a sorrir e realmente é unha mágoa que a barreira idiomática non permita unha comunicación mais fluida.

Nin que decir ten, que as mulleres tailandesas son probablemente das mais fermosas do mundo, concepto este moi relativo, polo que non deixa de ser mais que unha opinión persoal.

E con este derradeiro párrafo sobor da sensualidade e fermosura das mulleres desta terra, despídome por hoxe, non sin antes esquecerme de facervos chegar a miña ledicia polo feito de seguir vivos.
Ata pronto.



Diaw joe kan ná.
Kháp khun.