jueves, diciembre 06, 2007

Viaxe en camello

Debido e gracias á visita por estas terras Victorianas da madriña da miña máxima responsabilidade, deixo terras británicas por uns días para pasar unha semán rodeado dos meus, é dicir de todos vós, pola Galaecia imperial.
En apenas 5 horas voo dende Heathrow á Coruña co macuto cheo de trebellos e de sensacións contradictorias, sendo isto segundo o que mais me pesa no lombo.

Regresarei de novo e con enerxías renovadas para rodearme de fillos da gran Bretaña o vindeiro día 12, polo que ata entón, é mais que probable unha desconexión activa do blogomillo, ainda que, de seguro, estarei pendente de tódolos vosos movementos.

Pero antes de partir, quixera compartir con vós unha nova curiosa que veño de ler na páxina Web da cadena SER e que me fixo replantexarme a idea de converterme nun camello, que dado o continuo traxín darriba para abaixo, era un dos plans de futuro que tiña proxectado, ainda que vexo que posto na balanza o factor Beneficio-Risco-, mellor vou rexeitar e desistir de tal idea e deixar o estraperlo para outra vida.

O mellor sería, sen dúbida alguna, que a despenalización fose unha realidade, pero polo de agora teremos que seguir burlando a lei xa que a lei non fai mais que burlarse de nós.

E por certo, falando de paradigmas...Eva, boa viaxe a Holanda.

MALDITO SISTEMA.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Cadenaser 3-12-2007
NON É RENTABLE SER UN CAMELLO EN FRANCIA.

O Observatorio Nacional de Drogas deste país ven de publicar un estudio, no que se afirma que un traficante de cannabis a pé de rúa apenas gaña cartos: entre 4.500 e 10.000 euros ó ano, é decir apenas o salario mínimo interprofesional que se sitúa no país veciño en 1.200 euros mensuais. Algúns incluso, non chegan nin a "mileuristas", e iso que do que perciben polos trapicheos non se ten en conta os coste de producción e as tasas xudiciais no caso de condea. unha ruina, vamos.

O negocio, segundo o estudio, está a partires da venta de 10 kilos ou mais. Neste sentido, os "semi-maioristas" ingresan ata medio millón de euros anuais; O salario equiparable ó de director dunha pequena empresa.
E non será por falta de mercado, que o hai: En Francia existen algo mais de un millón e medio de consumidores, a metade de eles de "canuto diario".


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


Ata pronto compañeir@s.
Ahh, por certo, autocultivo, perdón...quería decir "case me olvido"...Pasade de trapicheos na rúa.
A seguir vivos e ata a volta.
SALUD!!

2 comentarios:

Son Unha Xoaniña dijo...

Tes razón no do autocultivo, pero non che é tan doado, hai que ter moita dedicación e entender do tema, seino ben porque coñezo a un tipo que o fai e non te imaxinas a de cousas que hai que ter en conta para ter boas plantas e boa herba, e si non mira a película "El jardín de la alegría" e de paso riste un bon rato.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

graciñas Fiz ¡¡¡ , esperamoste de novo pola galiZa , para outra partida o " party " , e dicir , para levar-des os homes outra malleira.... , unha aperta e boa viaxe para ti tamen . EVA