Así que, sendo precisamente este tema un dos que me quedara no tinteiro o pasado mes e coma me dixo aquel día Coltrane falando das orquestras e dos canons da S.G.A.E, hoxe toca militancia.

E básicamente o que solicita a plataforma S.O.S Caurel é o seguinte:
A Xunta de Galicia, na mesma liña que o anterior Goberno, vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización, de catro novas macrocanteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máis de unha ducia delas.

Por iso nós, a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural ó Caurel de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor e Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre ó territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, parques eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros etc.
O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón alomenos un 1/3 da Serra Courelá. A proposta que fai a Xunta de Galicia é de menos de 1/7 do conxunto montañoso. Esta proposta é un completo timo, deixa fóra lugares tan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, Campodola..... A metade sur da cunca do Lor, chea de canteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase en conta a disposición totalmente rectilínea do Canón do Lor, o camiño natural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra.
Agardemos chegar vivos e a tempo para evitar outra catástrofe e ser capaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto” dun despacho de Santiago con fermosas fotos de Turgalicia na parede.
Despois virán as lamentacións, as manifestacións e de novo as bandeiras de Nunca Mais....
Outra vez "Mais".

E xa van non sei cantas....
"Irei un día do Caurel a Compostela por terras Liberadas".
UXIO NOVO NEIRA
Parada de Caurel 1930
Santiago compostela 1999
IN MEMORIAM
2 comentarios:
Si señor, un dos paraxes máis bonitos que temos en Galiza, a ver se entre todos o damos salvado.
Saúdos.
Unha vez mais e gracias ó teu seguimento, esta entrada non quedará sen comentarios.
Unha aperta Trolillas.
Publicar un comentario