miércoles, junio 27, 2007
Metamúsicosocial
Mentras agardamos que os nosos enviados especiais ó festival de Glastonbury den sinais de vida, quixera coma xa fixen antes da entrada do Viñarock F.I.V (Facíase en Villarobledo), facer outro intermedio metamúsicosocial, mentras Mara de Frutos organiza toda a información e selecciona as mellores fotografías deste "Barrumental" evento.
Permitídeme abusar de novo da vosa confianza para pedirvos a opinión sobre unha banda, Stone Sour, que cruza o charco dende terras Americanas facendo escala na península Ibérica, onde tocarán hoxe Mércores 27 en Madrid e mañán Xoves, día de San Ireneo en Lisboa, formando parte do cartel do Festival Super Bock-Super Rock, com um cartaz de bandas espectacular, segundo reza na súa propia páxina web, acompañando entre outros ó mestre Satriani, Mastodon ou Metállica e que este ano ano repite formato con 4 actos distintos en outras tantas xornadas na cidade lusa.
Stone Sour é unha banda fundada en 1992 en Iowa polo que segue a ser actualmente vocalista e alma máter da banda Slipknot, Corey Taylor. Tamén toca a guitarra en Stone Sour outro dos membros de Slipknot, James Root. Ámbolos dous pertenceron primeiro a Stone Sour parando logo o proxecto para unirse a Slikpnot e ás súas malditas mascaritas, iso si, con suculento reparto de dividendos. A pesar de que son unha chispa deles.
E xa levo eu varios meses ollando no canal de música Kerrang e tamén no Scuzz o video do seu single Through The Glass .
Chamádeme brando, pero a min e a pesares do seu mercantilismo, fíxome tilín, e nin que decir ten que, a título persoal, alédome de que en Slipknot, a lo menos 2 de eles decidiran "sair do armario" e quita-la susodita máscara, facendo o que parece ser un exercicio de autocrítica do mundo que rodea a todas estas estrelas e ós seus estrelados, pero que de seguro non e mais que un cambio de chaqueta a cambio de dólares recén pranchados.
¿Hipócritas? ¿Vendidos? ¿Sinceiros? ¿Igual de chungos con ou sen máscara?
Bótalle unha ollada e faime saber a túa opinión antes de que pase de moda, que xa lle faltará pouco.
Pícalle aquí para ler a letra do tema
Tamén o saben facer ao vivo ainda que non sone tan ben, e nalgún tema seguen a dar bastante mais caña.
A San Ireneo me ofrezo para poder seguir festexando que seguimos vivos e que alomenos TI estas pendiente do que acontece neste humilde recuncho.
GRACIAS.
A POSTeriori:
Por Xentileza de Josiño, a quen sempre temos ahí detrás ó filo da noticia, quixera ampliar esta entrada cun video da "JosiriMuseteca", que deixa entrever claramente a opinión de moitos músicos do mundillo metal acerca do proxecto Slikpnot.
Simpática e espontanea parodia do batería de muse no backstage logo de facerse cunha desas arrepiantes mascaritas, mais propias dun martes de Entroido que dun concerto.
A min conseguiume arrincar un longo sorriso. Agardo que a vós tamén.
GRACIAS JOSI
viernes, junio 22, 2007
MISERIA E SAUDADE
De novo por terras altas e rodeado de fillos da Gran Bretaña non podo mais que escomenzar pedindo desculpas polo abandono deste voso blog durante estas últimas xornadas.
Coma vos informaba nos comments da derradeira entrada vimos de pasar uns sempre curtos e emotivos días por terras galegas onde me resulta case que imposible manter esta bitácora actualizada por motivos alleos á miña vontade. Non minto se vos digo que a saudade é a auténtica protagonista en cada regreso, mais a vida segue, e coma non podía ser doutro xeito este espazo tamén.
Mais sempre coa miña serra de fondo.
Con sorte, aló ficarei algún dia.
PARA SEMPRE
Deixei colgada antes de irnos, (coma esta fermosa ponte da foto entre Sobredo e Ferreirós sobre o rio Lor), a unha amiga e agora colaboradora deste espazo virtual, no que nin que decir ten estades tod@s convidados a participar.
Coñecendo de antemán as cualidades narrativas de ChorimaEli, rogueille eu unha participación activa para axudarme a definir o que se sinte un día SÍ e outro tamén; MISERIA.
Ela acudiu fiel ó meu chamamento e dende a cidade Olívica, previo paso por Aurium, recibimos na nosa redacción a través do correo electrónico e coa axuda da Deusa Selene esta maravilla:
-------------------------------------------------------------------
MISERIA;
¿Por qué negra? ¿Acaso o negro é máis baleiro que o branco?
Por qué non marelo, por qué non marrón, por qué non vermello?
Nada dentro, nada fóra, nada a un lado, nada ao outro.
Horizontalidade sen folgos que xace inútil no chan, mirada perdida ao infindo dereito, e agora, ollos desaparecidos no infindo esquerdo. E qué sinto? Non sinto frío, e menos calor. Non hai nada no peito, nada na mente. Dirixo os olliños cara ao infindo d’arriba, o que se supón que está ahí.
(e tento sinalar co dedo, pero non podo).
Aló. Movimentos sinuosos, suaves, paz, sosego. Se callar falan.
Acó. Nada.
As miñas extremidades non responden; os neurotransmisores deixaron de transmitir; o sangue deixou de fruír. E aquí, impasible eu xazo xunta a miseria, alienable compañeira.
Chorima Toxo Frorido
Selene
GRACIAS POR DARMO ELI
Seguimos Vivos. AVANTI E SALUTE!
miércoles, junio 06, 2007
PACHAMAMA. Terra Nai.
O 5 de Xuño de cada ano celébrase en todo o mundo o "Dia Mundial do Medio Ambiente". Este día foi establecido pola asemblea Xeral das Nacións Unidas dende 1972, sendo un dos principais vehículos, segundo a O.N.U, para estimula-la sensibilización mundial en torno ó medio ambiente.
Todo isto é puro Marketing.
Non creo nas Nacións Unidas, que non son tal. Non son mais que un grupo de paises que debendo representar a unha maioria, axeónllanse ante o poder dun grupo minoritario de 8. E ista é a bandeira democrática que impoñen nos paises que interesan. Ou te das a volta e fas que che caeu algo ou te invado. Ó carallo!!
Esta organización, que non foi quen de parar por exemplo unha das inxustizas mais clamorosas deste novo século (invasión de Iraq, alguén se lembra?) non serve para nada. O poder do cambio non reside nas nacións. Reside nas persoas. E nin así.
Pois esta organización con tanto peso moral, ven a tocarme a conciencia cada 5 de Xuño contándome que hai que ser bos, e que teño que cambi-la bombilla do salón por unha de baixo consumo.
Si é que a culpa de todo é miña. Estou acabando co planeta Terra. Como podo ser tan miserable?.
Ogallá algunha vez a O.N.U decida inverti-la tendencia e adique 364 días ó ano ó medio ambiente e o 5 de Xuño a destroza-lo medio e mirarse para o ombligo.
O poder do cambio virá o día en que o ser Humano recupere o Respeto Ancestral e se axeonlle civilizadamente ante o poder da PACHAMAMA, que culturas anteriores souperon interpretar, e non ante 8 miserables nacións usurpadoras da utopía. Que triste non fiarse xa de ninguén. Maldita MENTIRA.
A partir de aquí, a xente tira por onde quere ou por onde pode. "A MACACO y sus amigos" deulles por aquí:
Tamén o saben facer ó vivo.
Para min, logo de concederlles o premio paraugas de Ouro á mellor actuación do festival Viñarock de Benicassim, a discografía deste artista é mais que recomendable. Este tema pertence ó disco Ingrávitto.
A OUTROS pola contra deulles por acolá:
Mentirosos. Xamais poderemos esquecernos.
Este asunto está coordinado. Se piensa que el fué-el se está enfriando. Salen unos pequeños hilitos , regueros solidificados, con apariencia de plastilina en estiramiento vertical.
¿Estiramiemto vertical?.
Me cagho na cona que te botou. (Era con B ou con V...juás?)
E a MIN, dame pola paranoia de sempre:
A hipótese do botón do fin dos humanos.
É o mínimo que a Pachamama merece. Outra oportunidade. Hipótese que me fai sentir un pouco Brad Pitt en 12 monos (xa me gustaría) e que espero que vos deixe un anaco pensando, porque si eu o faría (Que o faría) pode haber mais coma min, o cal indica que podería pasar de hipótese a Teorema.
E se o que buscas é a Deus, pon una semente na terra e verás.
Extinción e a única solución!!
A Manfred Gnädinger IN MEMORIAM
Baviera 1936
Camelle Decembro 2002
MAN DE CAMELLE
Que morreu de pena rogando; "Yo decir que esto no debe limpiarse nunca...Porque Hombre no querer a Hombre, ni a mar, ni a peces ni a nada..."
Mágoa que Manfred xa non poida decir aquelo de "Seguimos Vivos".
Descansa en Paz.
viernes, junio 01, 2007
MEU GRAN IRMAO.
Seguindo a linea editorial do noso compañeiro Riki, hoxe tócame a min falar da familia, neste caso para confirmar rumores.
O Gran amiguete de amiguetes segue a sorprendernos unha vez mais, ampliando o seu currículum televisivo cun novo proxecto con formato "reality" coproducido por Continental Televisión-Filmanova; "O GRAN CAMIÑO", e que será emitido pola Television de Galicia a partires de finais deste mes de Xuño cunha duración dunhas 10 semáns.
O programa propón a dez persoas que percorran o camiño Francés de Santiago dende Roncesvalles coa motivación de deixar de fumar. Creo que se forman dous grupos e en cada etapa sométenos a probas e controis, amosando que son quen de colaborar, convivir e traballar en equipo. ¡Ou a escornarse vivos, vai ti a saber!. Elimínanse entre eles.
Nos últimos días, dende o foro de citizenerased vense opinando nunha enquisa na que podedes participar que, sexa coma sexa, dará que falar ainda que non gañe:
Gañará de seguro
25% (o meu voto Josi)
Dará que falar ainda que non gañe
75%
Fallaranlle as forzas antes de chegar á metade
0%
Outros(contade o que pensades)
0%
Por suposto, non podo mais que amosar dende este recuncho o noso total apoio ó meu "gran irmao", friki onde os haxa.
Nin que decir ten que tentarei mantervos informados das peripecias do noso pelgrín favorito, e neste caso fago miñas as súas propias verbas aquela madrugada axudando a dous Ingleses desorientados por Melide; Ti follow the yellow arrow i en un open and close the ais...Arzúa.
Polo de agora o que vos podo contar e que recibín un correo del fai uns días e que trascribo literalmente:
¿Que pasa meus?
Aqui ando cos pes cheos de bochas, eso estame ben por reirme dos peregrins que pasan por melide.
Estamos en logroño, xa sabes, como decia o avo, as de logroño non valen un...
Estou moi contento coa xente do meu equipo, pero tan só levamos unha semana e
parece que levamos meses, total , como se estiveramos nu realiti!.
Non vos puiden chamar porque non me trouxen apuntado o voso teléfono pero xa
llo pedin a Yara e tentarei chamarvos. Mil bicazos. Teño que
deixarvos.
Unha aperta.
AMIguete
Se consegue gañar, proporei unha estrela no cantón de San Roque coma xa teñen outros que andiveron menos, pero que correron mais.
Ata entón, aquí vos deixo este premonitorio video rodado fai uns meses en Santiago e no que Amiguete e Yara facían de figurantes neste documental:
Que GRANDE eres PEQUENO. Desfruta da aventura e espero poder verte pronto para decirche á cara todo o que te boto en falta e para celebrar que seguimos vivos, e porqué non? para congratularnos tamén da túa Victoria.
"Estamos contigo meu".
¡¡ÁNIMO!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)