lunes, abril 23, 2007

Impresionante Victoria


Hoxe retomamo-la información televisiva, porque temos que voltar a falar de Victoria Folgueira, esta Coruñesa do barrio de Monelos que está a superar tódolos rexistros históricos do veterano programa "Saber y Ganar", que se emite dende fai xa 10 anos na 2 de Televisión Española.
A nosa arqueóloga favorita está a se converter nunha das concursantes que, sen lugar a dúbidas, vai ser lembrada durante moito tempo.
A nosa campiona ven de ser recibida na sede da deputación provincial da Coruña, como se ve na foto, polo presidente desta entidade o Sr. Fernández Moreda e por membros da corporación municipal coruñesa, que se fixeron eco do bon facer desta simpática rapaza no programa e quixeron felicitala personalmente.

Certamente os rexistros desta moza fan perde-lo sentido.
No momento no que este voso servidor escribe esta entrada, Victoria leva nada mais e nada menos, que a frioleira de 77 programas, cun premio acumulado que xa supera os 60.000 euros. Mais o record absoluto que ostenta Victoria e no apartado do reto, xa que leva mais de 45 programas consecutivos sen ter que acudir a esta proba eliminatoria, o que representa un rexistro único nos anais da historia de saber y ganar.

Mais nos últimos días, puidemos ver a unha Victoria un pouco más nerviosa do habitual. Creo que a presión de poder chegar á supera-la barreira dos 100 programas está empezando a pasar factura, amén dos outros 2 concursantes que estes días se enfrontan a Victoria, e que raian un nivel moi alto. Un deles é un enxeñeiro Vallisoletano chamado Kiko e o outro é un veciño de Vigo chamado Tino Pérez, mestre de piano no conservatorio da Cidade Olívica, ambos como xa dixen de gran nivel intelectual. Haberá que preguntarlle a David Grandu se coñece a Tino, xa que debe ser un persoeiro coñecido en Vigo.

Por último decirvos a todos aqueles interesados, que se queredes acudir ó programa a probar sorte, a retar a Victoria ou a face-lo ridículo como sería o meu caso, podédelo facer escribindo unha carta cos vosos datos e unha foto ó apartado de correos 32223. C.P 08080. Barcelona.

E para rematar esta entrada televisiva do día de hoxe, tan só me queda decir:


¡¡¡PARABÉNS AMIGUETE!!! MOITA SORTE. QUE CHEGUES VIVO ATA O FINAL DO CAMIÑO.

E Nós que o vexamos. Con sorte seguiremos Vivos. Que así sexa. ¡SALUD!

miércoles, abril 18, 2007

"El Inquilino Comunista"


O pasado 4 de Agosto, o dono da casa na que estabamos a vivir en Bath (nunha zona moi céntrica e moi "posh") decidiu vende-la súa propiedade por mor de problemas económicos. O dono, que se chama Nélson, é un persoeiro peculiar de orixen peruana que fala un spanglish moi divertido. Nesa casa, en "Rivers street", desfrutabamos dunha conexión a internet bastante boa.

De Rivers Street voltamos para a zona de "Weston Village", que está mais perto do traballo e donde xa viviramos nunha primeira etapa. Mais o cambio resultou ter algunhas consecuencias negativas. Unha delas foi que por culpa de BT (Bastards) e dunha parella de Filipinos, a miña liña teléfonica non admitía conexión ADSL, a pesares de centos de intentos, chamadas a Mumbay e outras tantas queixas por escrito. MaLia
todo, o cambio tamén tivo cousas boas como.....Bueno, algunha tivo!...
De ahí a explicación de que estivera desconectado do mundo cibernético durante todo ese tempo.

Fartos da situación, un bendito día do pasado mes de febreiro, e axudados polo feito de dispoñer de coche, decidimos voltar á zona de Rivers Street, atopando unha acolledora vivenda non moi lonxe de onde xa estiveramos o ano anterior. E HOXE, día 18 de Abril, queridos compañeiros e compañeiras, volvo recupera-la miña dignidade coma usuario, volvo ter identidade propia: ¡Volvo ter a miña propia conexión a internet! logo de 8 meses, 14 días, 7 horas e 9 minutos. ¡CABROIS!

A tódalas empresas proveedoras de servicios de telefonía e internet (non se salva ningunha); SODES UNS PUTOS MANGANTES.

E preguntarédesvos, mais... ¿como é que estiveche conectado dende fai meses?. Pois estiven conectado gracias á xenorosidade de benditos "inquilinos comunistas", xa que sacando ó fresco a tarxeta wifi pola fiestra, recibes a sinal dos xenerosos e bondadosos inquilinos que cohabitan a túa rúa. Así que dende aquí, e ainda que eles non o saiban, quero mandarlle un agarimoso agradecemento a "TRAMSHED", "NETGEAR", "GUINEA" e "SCOTT", por abrirse de portos e permitirme cefellarlles e facer uso das súas conexións a internet, e dende hoxe, eu mesmo poño a disposición de todo aquel interesado a miña propia conexión.


E para festexalo, coma non podía ser de outro xeito, un pouco de música:

"El inquilino Comunista"

E ainda por riba seguimos vivos. ¿Que mais se pode pedir?. Unha aperta para todos os que vos pasades por aquí e unha especial a aqueles que chegastes ata esta derradeira frase: "Harpo, benvido a casa."

viernes, abril 13, 2007

Rutina


Coa familia xa de volta por terras herculinas, retomamo-la rutina do Lia a Día sen sobresaltos e coa fermosa primavera ameazando a golpe de tacón e minisaia.
Bendita Luz!

E tirando unha vez mais da vena Garea, hoxe non podo mais que recomendarvos un par de blogues que me tocan o apelido. O blogocornio amplía a súa riqueza de talentos anónimos coa aportación dende o rico e productivo "Valle de Mesoiro" de mais carnaza informativa.

Meu primo José, e a pesares de que moitos creían que él non daría feito nada de nada, aparece no blogomillo co seu ameno e agradable proxecto "JOSÉ NO DA". Interesante proposta na que vos podo asegurar que non vos ides aburrir e na que atoparedes recomendacións, xogos, trucos e unha delicada selección dos videos mais frikis e bizarros da rede, sempre co permiso de David Husqvarna, por suposto.

Para darnos a benvida José proponnos facer un exercicio de sinceridade e anímanos a recoñecer unha das verdades divinas da rede de redes. Abride os corazóns, xuntade as vosas mans, e cantade todos xuntos as nosas alabanzas.



E tamén dende a factoría Mesoirense chéganos un proxecto dunha andaluza afincada en Galicia, por certo con matrícula de honra no aprendizaxe da nosa lingua nai, que como non, ten cousas que contar e non quere perder a oportunidade de facelo a través desta gran ferramenta que é o Blogomillo, tamen chamado Blogocornio na súa vertiente mais tenebrosa. ¡Bravo Irene!
En Irene atoparedes de todo. De seguro cada entrada será sempré imprevisible e distinta da anterior. Do estado anímico desta perla do mediterráneo, dependerá en gran medida o asunto a tratar no seu espazo. Atrevédevos a descubrilo. O que de seguro non vai faltar é a boa música, como se pode comprobar nunha das entradas de Irene, que nos daba unha calurosa benvida tal que así:



E precisamente do Blog de José, no que aparecía unha lista de xogos de rede, empecei a crear unha sorte de Aldea no mundo virtual de TRAVIAN. Xa sabedes que eu non vos entendo moito de xogos, polo que non vou entrar a valoralo, pero non debe estar mal cando ata eu soupen manexalo. Evidentemente non é un xogo de pachanguear 10 minutos e deixalo, se non que precisa dunha adicación diaria, mais pode ser calificado como ameno e simple. Como vos decía, Travian é un xogo que introduce ó xogador nun mundo virtual con miles de xogadores gobernando unha aldea, que tes que ampliar. Animádevos a descubrilo por vos mesmos.


Unha aperta a todos. Ata pronto.
Desfrutade da rutina. ¡¡Seguimos vivos!!

domingo, abril 08, 2007

TrouLiando


A plana maior de Liadia ven de desplazarse por uns días a Galicia, onde tivemos a ocasión de percatarnos de que en canto se poida, deberiamos trazar de voltar, porque cada vez os regresos se tornan mais e mais duros, xa non polo mal facer de Iberia, que tamén, senon por ter que deixar o que un mais quere.
Mais desta volta, e a pesares de Iberia, que tivo a ben cancelarnos o voo directo de Coruña a Londres mandándonos por Madrid, o regreso fíxose levadeiro xa que o pasado Mércores recibimos a visita en Bath de parte da nosa familia.
E isto que significa? Pois significa que ademais de ter que levar a túa vida cotiá normal, que non é pouco, tes que exercer de anfitrión, polo que o tempo para un mesmo, e neste caso para vós, e moito menor.
Así que logo desta información tan só me queda pedirvos desculpas pola falta de dedicación neste voso blogue agardando que comprendades a situación, mais "sei que ben sabedes" que non me esquezo de vós, e que nestes días de retiro, devoción e meditación téñovos presentes nas miñas plegarias.

En breve seguiremos co Lia a Dia cotiá e co ritmo de entradas normal.



E mañán, aproveitando que por fin teño un Domingo libre, seguiremos trouliando visitando Cardiff e parte do País de Gales, que logo de todo este tempo por estes lares, nunca tiven oportunidad de coñecer, e iso que non está a mais de unha hora en coche de Bristol. Agardo poder contarvos que a visita pagaba a pena. Polo de agora creo que o tempo vai a acompañar, que non é pouco.

E para aqueles que coma min teñades claro que o de resucitar logo de mortos queda para os libros sagrados e para as películas de Mel Gibson, lembrade desfrutar cada dia. Seguimos vivos!! SAUDE

viernes, marzo 23, 2007

Animalia


Hoxe recibimos boas novas dende o centro de "El Acebuche" en Doñana, onde unha femia de Lince Ibérico chamada Saliega (Lynx pardinus) pariu esta mañanciña 2 fermosos e sans cachorros, xusto un día despois de que outra lince , Aura, parise outras 3 crías, dentro do programa de cría en cautividade impulsado pola Consejería de Medio Ambiente e o Ministerio, como apoio á conservación desta especie en serio perigo de extinción.

Saliega tivo, con estes dous, sete cachorros, xa que no 2005 alumou a Brezo, Brisa e Brezina (os 3 da foto superior), aínda que o día 11 de maio do 2005, morreu Brezina nunha liorta cun dos seus irmáns, Brezo. ¡Unha mágoa!. Seguramente xogando apretaría demais. E o ano pasado, pariu a Castañuela e Camarina.
Os linces que nacen en cautividade póñenselle nomes de prantas seguindo o abecedario. Así no 2004 a letra A (Adelfa, alhucemas...) e os do 2005 a B (Brezo, Brisa, Boj...)

Mais a pesares do mérito que ten a cría en cautividade deste felino, e por moito que este tipo de programas traballen a prol da reintroducción da especie no seu entorno orixinal, opinamos que é a destrucción do hábitat o que está a extinguir de maneira case irreversible a esta, e outras moitas especies. E debería ser precisamente en ese punto, no que incidisen os programas de conservación de especies. Para que vos fagades unha idea, un só exemplar de lince precisa de alomenos unha extensión territorial de 10 km2 ou mais. Por non falar de outros grandes mamíferos. Por exemplo, os osos. Un macho adulto radiomarcado no actual Parque Rexional de Riaño moveuse durante catro anos por unha extensión de 2.447 km2. Así que, visto o panorama, mal futuro lle adeviño a estas e a outras especies. E sabedes o porqué?, pois porque a situación é irreversible. Así de claro. Non nos engañemos e a poder ser, que non nos engañen. Esta é a realidade. Guste ou non.
Mais o planeta atopará solucións, sendo a nosa desaparición unha das mais probables. Que así sexa!! Ata entón desfrutade.



E falando de animais en perigo de extinción, veño de ver unhas imaxes do ex presidente Aznar dende o gran premio de Australia de F-1, gravadas da emisión en directo da canle inglesa ITV que en U.K ten adquiridos os dereitos do evento, nas que unha vez mais a súa imaxe queda bastante dañada. Nelas, o presentador sabe que ten que entrevistalo pero non o recoñece. Vaia, que lle din que lle pregunte algo e non sabe quen carallo é.
Pero José Mari xa vos ten experiencia nesto. Non podo mais que lembrarme dunhas imaxes que quedarán para sempre gravadas na miña retina.¿Lembrades?


Vexo que o Sr. Aznar sigue percorrendo mundo na percura de armas de destrucción masiva. Él sabe que as deixou nalgures, pero non acaba de lembrarse onde. Incluso chegáronnos rumores de que o propio Aznar en persoa ataviado cos atuendos própios da rexión andivo buscando as armas.
¿Como que non mo creedes?. Ollade, ollade:


Polo visto, Aznar segue vivo. Nós tamén. ¡Sorte que temos!
Pena non poder deci-lo mesmo de case 600.000 seres humanos en Irak.
Mr Danger, Josi Mari, Blair. Sodes unhos putos asasinos. A historia Xulgará!

martes, marzo 20, 2007

É de ben nacidos


É de ben nacidos recomendar o que che recomendan. Por iso, hoxe adentrámonos no Blogocornio para dar cabida a varias propostas que por distintas canles foron chegando a este voso blog.


Ó fio das entradas que fixen ó longo dos últimos dias, e falando con "Encarna de Minchi" (gran compañeiro das noites) a través do mesenlleiro, pasoume un link a un video que eu xa coñecía, pero que tamén quere compartir con todos e todas. Nel móstrase a perspectiva que dende E.E.U.U se ten do resto do mundo. Está en Inglés e é un pouco longo, mais con ver o primeiro minuto, xa podedes intui-lo final.
Pola súa parte, Charly non quere deixar pasar a oportunidade de recomendarnos, xa que falamos deles, que visitemos a páxina da productora de Thievery Corporation, eslmusic, así coma a páxina web do fotógrafo bonaerense Daniel Cima, que tamén colabora co grupo.




Éncheme de satisfacción que dende a cidade Olívica, ainda que con parada e fonda no barrio do Vinteún, en Ourense, Chorima-Eli nos faga chegar unha proposta musical, que agardemos non sexa a derradeira.
Transportémonos pois con ela a Manchester, Inglaterra, con todo un clásico; "The Smiths", "please, please, please, let me get what i want!" Interesante proposta, mais un pouco triste, ainda que estou seguro que leva implícito un mensaxe positivo. Ou eso espero!.



E de novo dende Visantoña, David Grandu, por medio dun correo eléctronico, proponnos unha boa alternativa para non deixar descansar á muliña. Jorge Pardo e Carles Benavent, disco "Los 10 de Paco". Proposta que eu, por xentileza de Nino, fago extensiva a Gerardo Núñez. Flamenco moderno, progresivo e fusionero a un nivel case nunca visto.
De igual xeito, tamén podedes agradecer a David, que esta sección non se chame amigalia, propostalia ou calquera das súas variantes.
Que ganas de playita y chiringuito.



E tamén Txini dende Melide, que segue coa revolución silenciosa, achéganos a sua preocupación polo que se está a cocer coa nova reforma da lei de propiedade intelectual, coa que se pretende impoñer un novo cánon que alcanzaría a tódolos soportes dixitais. Dito canon, dispararía os precios dos productos electrónicos un 25% como media, poidendo chegar ata un 80%. Txini está facendo circular un correo no que podedes asinar nun escrito, para tratar de frenar o que parece que xa é mais que inminente novo canon.

Gracias a todos polas vosas ideas, opinións e propostas, que son, e serán sempre, benvidas coma bon parásito que son.
Vivitos e coleando seguimos. "Que la suerte te acompañe".
Ata pronto. BICOS

lunes, marzo 19, 2007

FestivaLia


Hoxe inauguramos en Liadia unha nova e interesante sección chamada Festivalia. Nela atoparedes enlaces e información sobre os festivais que coñecemos e recomendamos. Uns mais que outros!!. En todo caso, queda aberta tanto a sección comentarios como o meu propio enderezo electrónico, para recibi-las vosas opinións, inclusións doutros festivais que non aparecen na lista, ou incluso a eliminación dalgún que non pague a pena visitar, e que sí está na lista. O Blog é voso xentalla, así que xa sabedes.

E xa levaba eu varios días tentando rematar esta entrada, porque o vindeiro mes de Abril vaise celebrar (dias 27,28 e 29) o afamado festival de Arte-Nativo VIÑAROCK, que este ano, por vez primeira na súa historia desplaza os seus bártulos á localidade Castellonense de Benicássim, que conta cun dos mellores recintos para este tipo de actos de todo o estado español. Dende Liadia, contaremos cun enviado especial que nos manterá ó dia de todo o que aconteza. É decir, que alí estarei Eu.

Os organizadores do ViñaRock, Produccións Matarile, levan anos pedíndolle ás institucións oficiais e en concreto á coorporación municipal de Villarobledo, melloras nos accesos e nas instalacións do recinto habitual. Ditas demandas nunca chegaron a bon porto, polo que Matarile decidiu o cambio de ubicación ainda a risco de perder en aforo (a última edición xuntou a mais de 75.000 almas e en Benicássim difícilmente se superarán as 50.000), mais apostando claramente pola mellora na calidade dos servicios. Esperemos que así sexa e que non lles salga o tiro pola culata como lles pasou ós organizadores de Festimad na edición do 2005. ¿Lembrades?

Do cartel do Viña deste ano, decir que se confirma a tendencia por parte dos organizadores, da diversificación de estilos musicais. Nótase unha, cada vez mais influinte, tendencia Hip-Hopeira, en detrimento de mais bandas de heavy. Mais seguen a estar presentes grandes bandas de onte, de hoxe e de sempre, do panorama Heavy-Rock nacional.
Pola miña parte destacaría a presencia de artistas e bandas coma; Arianna Puello, Boikot, Fermín Muguruza, S.A, Frank T, Ill Niño, J mayúscula, La Mala, Ojos de Brujo, Ratos de Porao, SoulFly, Rosendo, Skizoo, Todos tus muertos, Potato e moitos mais.


Mais a maior sorpresa de todas viría da man dun dos, na miña opinión, grandes do panorama mundial. Xa non coma artista, que tamén, se non coma persoa. Matarile confirmou o Venres pasado, para maior felicidade do que escribe, a presencia nesta edición, en concreto a noite do Venres, do grande MANU CHAO. Virá acompañado, según contan os organizadores logo dun gran palizón de kilómetros, con toda a súa tropa radiobemba. Impresionante Novidade, que non fai mais que confirmar que efectivamente, o Viña Rock é un dos grandes festivais hoxe por hoxe do panorama nacional.

Esperemos chegar vivos á data en cuestión. Polo de agora aquí seguimos. "May the Force be with you..". Ata Pronto. Saudos a tod@s.