martes, diciembre 04, 2007

Zeitgeist.

Esta semán veño de ver un documental que a aqueles que esteñades dispostos a invertir casi 2 horas do voso precioso tempo, de seguro non vos vai deixar indiferentes.
É incluso un producto válido para compartir con toda a familia, sobre todo agora que se aproxima o Nadal e que, de seguro xa vístedes outros anos "sorrisos e bágoas" ou o célebre mensaxe de noiteboa da súa maxestade. (que digo eu..¿Por qué carallo non calará él, se dí sempre o mesmo?)
É unha mágoa que, ainda que sei que moit@s de vós xa o coñecedes, os medios e as canles "oficiais" apenas fixeron mención desta estrea, da que incluso se dí que se intentou frustrar o seu lanzamento gratuíto por parte "das forzas oscuras".
Se de min dependese, permitídeme esaxerar, sería de obrigada visualización en tódolos institutos e colexios, formando parte por exemplo da polémica asignatura de "educación para la ciudadanía", por moito que ós purpuritas e demais membros da curia romana lles escocese. (Estes últimos salen verdadeiramente malparados na primeira parte do documental, xa que se lles tumba o negocio ás claras).

Zeitgeist é orixinariamente unha expresión do idioma Alemán que significa "o espíritu (Geist) do tempo (Zeit)". Denota o clima intelectual e cultural dunha era.
Ademais Zeitgeist é o nome do 6º disco do grupo The Smashing Pumpkins, unha Galería de Arte en Oregón e o nome dunha banda Australiana de Rock Gótico.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


Zeitgeist é un documental sen ánimo de lucro do 2007, producido por Peter Joseph con difusión gratuita por Internet. Grabado orixinalmente en inglés é posible atopalo con subtítulos en moitos idiomas, entre eles en español.
É un traballo á maneira de intrahistoria que tenta partir dunha análise racionalista e histórica da estratexia e cálculo político, de varias creencias relixiosas e de institucións políticas e económicas.
Dende a súa publicación na primavera deste ano, este video foi visto mais de 5 millóns de veces.

Iste é o trailer:





O documental está estructurado en tres partes, a primeira é unha exposición do cristianismo como una mitoloxía astrolóxica que é o terreo abonado para que as masas crean cegamente en mitos, a segunda expón o funcionamento da propaganda e adoctrinación mediática acadando que os propios cidadáns asintan ser mais controlados polos seus gobernos, e a terceira fala sobre a xeopolítica e economía global enfocándose no monopolio dos cartos (xunto á especulación financieira) e o gasto militar.

Sen mais dilación, se queredes ve-lo documental completo con subtítulos en español premede aquí.

Se o preferides ver por entregas por falta de tempo aquí tede-las partes, premede en cada unha:

Primeira Parte; A historia mais grande xamais contada.

Segunda Parte; Todo o planeta é un escenario.

Terceira Parte; Non fagas caso á xente detrás da cortina.



Se o vedes de seguro faravos pensar, e lembraravos que non nos podemos crer nada. NIN SEQUERA O PROPIO DOCUMENTAL.
Sorte que alomenos seguimos vivos.
Eu celebrareino esta fin de semán por terras galegas, con entroutros moitos MEU IRMAO, que onte cumpriu 28 anos. E isto garantizo que é certo.
PARABÉNS PEQUENO.

sábado, diciembre 01, 2007

A Petite Mort

Hoxe diríxome a vós RAPAZAS, que ademais últimamente sodes maioría nos comentarios e nas visitas a iste voso recuncho, para compartir un video que vin fai uns días mergullándome neste fantástico océano da Rede de Redes.
Dito video, que seguro que moitos de vós xa vístedes, é unha magnífica creación utilizando tipografías cunha narración do mais suxerente que relata a "petite mort".



A Petite Mort, é un término francés utilizado para designa-lo momento no que unha muller alcanza o orgasmo, perde a conciencia prácticamente durante uns segundos e queda incluso en coma por uns instantes.

Ollade, e por favor Rapazas...OPINADE...
E a vós Rapaces....Un Saudo meus......NON SOMOS NADA..




Iste ó parecer, é o primeiro conto de Late Chocolate. O primeiro dunha colección de pequenas historias de mulleres e sexo, un reflexo do que pensan, sinten e desexan. Estaremos pendientes das sucesivas entregas desta marca, feita por e para mulleres que integra o lado corporal, emocional e intelectual da muller de hoxe.
E NON, por desgracia non recibo ningún tipo de beneficio nin remuneración por ista propaganda gratuita, pero "lo cortés no quita lo valiente".


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


E por aquelo de ser un pouco mais xustos, se cabe, teño que decir que buscando información sobre A Petite Mort no deus Google, descubro que existe un blog con ise título escrito por Scarlett dende Madrid,tamén cun contido mais que suxerente, que non podo deixar pasar por alto e que vos convido a visitar coma non podía ser de outro xeito.

A Petite Mort é, ademais do anteriormente citado; unha galeria de arte sita en Ontario (Canadá) e unha banda de Música de Francia, ademais dun sitio web de moda e de artigos Góticos (Tenebrosos).
As Cousas De INTERNET, xa se sabe.

Desfrutade da Petite Mort compañeiras, e para cando resucitedes lembrade celebrar que seguides Vivas.

lunes, noviembre 26, 2007

Outra de nenos. Namaste


Unha das novas que me quedou trabada no cartafol Lia a Dia dende fai varios meses lista para compartir con todas e todos vós, trasládanos desta volta á inmensa e colorida India.
Deste país de contrastes chegan de cando en vez datos, que interpretados a bote pronto deixan a calqueira pálido. Certo é que a perspectiva occidental tende a dramatizar e a xulgar sen coñecemento de causa tanto políticas coma actitudes ou incluso filosofías ou relixións alleas ó noso mundo "civilizado", e certo é tamén que resulta moi sinxelo lamentarse co bandullo cheo, pero cando de NENOS se trata, non hai Matices que vaian.
A inocencia perdida de xeito prematuro, perxudica crónicamente.

O goberno da India ven de recoñecer oficialmente no seu parlamento, a desaparición nos últimos 3 anos de perto de 13.000 nenos e nenas.
Moitos deles vense atrapados no negocio do tráfico de menores, que explota laboralmente a mais de 60 millóns de nenos, sendo a maioría secuestrados e logo prostituídos ou utilizados coma man de obra infantil.
Organizacións Non Gubernamentais coma "Save the Childhood Foundation" levan anos e anos tentando chamar a atención sobre esta e outras problemáticas.. Sin moito éxito visto o resultado.
Mais non lle quedou mais remedio o Ministro do Interior Shivraj Patil que facer pública esta cifra logo do informe do Rexistro Nacional de Delitos(NCRB).
Para atallar semexante problema social o ministro propón unha nova lei ou unha reforma no código Penal Indio.
O executivo Indio reacciona así á presión da oposición, quen reclama unha resposta política logo de achar o pasado inverno os cadáveres de 17 nenos que foran violados e asasinados en Noida, cidade próxima a Nova Delhi. Os servizos de seguridade Indios están investigando estes sucesos, así coma casos de "canibalismo" e de comercio ilegal de órganos.




------------------------------------------------------

A India é o segundo país mais poboado do mundo con 1.100 millóns de habitantes logo da China, ainda que moitos pensamos que dada a política de control de natalidade na china durante os últimos anos e o pésimo control dos censos de población do goberno Indio, este xa puido superar fai algún tempo á propia república popular.
Cunha natalidade de 15 millóns de nacementos ó ano e facendo o cálculo pola conta da vella, dá unha cifra aproximada de case 30 nenos por minuto. O único que pode chegar a pensar un, é que realmente queda moitísimo traballo por facer.
E mentras, o seu goberno dí que necesita unha nova lei ou unha nova reforma. Mi madriña, que medo. E presumen de ser a democracia mais poboada do mundo. Democracia que non se esquence ó mesmo tempo de querer ser unha potencia militar.
Fai unhos meses esta mesma democracia ven de mercar a Israel, coa mediación unha vez mais da C.I.A, armas por valor de 20.000 millóns de dólares.

Correxídeme se me equivoco pero ese gasto militar repartido entre os nacementos dun ano neste bendito país, daríanos 1.300 dólares por nacemento, que non chega ó cheque bebé do goberno ZP deste noso 1º mundo, pero sería unha boa axuda. ¿Non vos parece?

Hoxe non quero nin celebrar que sigo vivo.
Empezo a pensar que OUTRO MUNDO NON É POSIBLE.

E os nenos inocentes indefensos ante o veneno que os rodea.



NAMASTE.

jueves, noviembre 22, 2007

¿Sabias Que...?

Recibo hoxe de miña prima Manuela un correo con "información privilexiada" que nun alarde de xenerosidade me vexo na obriga moral de compartir con todos vós. Será que non valgo para gardar un segredo, ou será que antes de que escomece a precampaña electoral das eleccións do ano que ven coa que nos enchouparán con promesas, panfletos e boas palabras temos que estar sobreaviso de como funciona a política.

Ou será tamén que miña prima Manuela úrxeme a difundilo xa que os medios de comunicación, non comunican tanto coma pensamos e resulta bastante complicado conseguir informarse DE VERDADE e con veracidade.

Algúns levan semanas tentando sacar rendemento eleitoral con todo o que está a acontecer coas obras da alta velocidade e cos problemas que están surxindo sobre todo por terras catalanas.
Dacordo....Falemos do A.V.E:
-----------------------------------------------

¿Sabías que o Ministerio de Fomento do Partido Popular creou e encargou a un organismo autónomo, pero dependente deste ministerio, a execución das obras do ave Madrid-Barcelona, e que ise organismo chámase G.I.F (Gestor de infraestructuras Ferroviarias)?

¿Sabías que a principal empresa a quen, o G.I.F, adxudicou realiza-las multimillonarias obras do ave Madrid-Lleida é unha U.T.E (Unión Temporal de Empresas) constituída por Cobra e por unha empresa Italiana do grupo de Berlusconi?

¿Sabías que isa operación tivo un comisionista que se embolsou 8000.000.000(SÍ, oitomil millóns das pesetiñas de antes, ou si prefires 48.000.000 dos euros actuais) por intermediar entre as empresas adxudicatarias e o G.I.F?
¿Sabías que o nome dise comisionista é Alejandro Agag?

¿Sabías que Agag casou coa filla de Aznar no real monasterio do Escorial en presencia entre outros de Berlusconi e Blair coma convidados de Honra, nunha ceremonia que pode ser calificada tamén de "Real" dado o seu protocolo e os gastos derivados ó estado?Pois xa o sabes, o braguetazo non o deu Él, deuno Jose Mari co A.V.E a Guadalaxara.

¿Sabías que o A.V.E en Guadalaxara, non para na propia cidade?. A parada do A.V.E en guadalaxara está no término municipal de Yebes. Este lugar está a 10 minutos en coche da própia capital por unha vella e tortuosa estrada de carril único.
Sabendo que o tren normal de Guadalaxara a Madrid tarda 37 minutos e que o A.V.E "tan só" tarda 27 minutos e o billete é moito mais caro, parece claro que poucos en Guadalaxara irán a Yebes a colle-lo A.V.E.
Entón, ¿Que sentido ten face-la parada do A.V.E en Yebes?
Descubrámolo. "Que siga la fiesta..."



O negocio arrinca en 1998, cando o P.P decidiu colocar a única estación do A.V.E Madrid-Lleida, ó seu paso por Guadalaxara, na cativa localidade de Yebes. A decisión favorecía a Fernando Ramírez de Haro, esposo de Esperanza Aguirre (Presidenta da Comunidade de Madrid) e á súa familía que poseen nese municipio e arredores miles de hectáreas.
Ramírez de Haro e os seus irmaos teñen 1610 Hectáreas repartidas en cinco "leiras"
que foron mercadas á súa propia nai a cambio dunha renda vitalicia anual escasamente superior ó millón de pesetas.
O prezo dese solo rústico, que ainda non foi recalificado, sería hoxe de 1000 millóns de pesetas.
Pero a mais beneficiada desas revalorizacións é a tía do marido de Esperancita Aguirre, Teresa Micaela Valdés.
Os andéns disa estación do A.V.E foron parar as súas leiras.
Despois das pertinentes expropiacións de Fomento, ela decidiu construir unha urbanización, Valdeluz, de mais de 9000 vivendas.
Os terreos disa futura urbe en Yebes, mais coñecida xa como "Avelandia" foron recalificados en 2001 nun plan de ordenación urbana. Este solo urbanizable é propiedade de "ARVEJAL S.L" cuios donos son Teresa Micaela Valdés e os seus fillos, primos de Esperancita Aguirre.

Micaela otórgalle a esas terras un valor de mais de 8.000 millóns de pesetas. O arquitecto municipal de Yebes é Jaime de Grandes, irmao de Luís de Grandes, diputado do P.P, e de Lorenzo de Grandes, xefe de prensa da asamblea de Madrid pola presidenta da cámara, Concepción Aguirre.


Vaia...Que casualidade. Todo queda en casa.
Que vergoña.
Raro parece tamén que o P.S.O.E non faga un uso mais partidista de este e de outros escándalos.
Se cadra é mellor te-la boquiña pechada non vai ser que saian á luz tamén historias escabrosas do A.V.E a Sevilla, por exemplo. E que xa se sabe, hoxe por ti, e mañán por min.
Sodes todos fillos da mesma cadela.

E de aquí a pouco vannos lembrar casí apuntándonos co dedo acusador que é de obrigado cumprimento acudir ás urnas e exercer o noso dereito a voto para ser verdadeiros cidadáns.
Sí, sí.......Para que non se vos foda o negocio.
Ide votar....Ide....

Paréceme a min que ese Domingo EU adicareime a celebrar que sigo vivo. Si é que chego claro.



SALUD

miércoles, noviembre 21, 2007

MENTIRA

Soy la mentira
destilando sangre por los ojos
muriendo en cada luna
atrapado en el silencio.

Soy dolor
carne de preso
arrancada por los perros
que comen de tus pies.

Soy sólo la mentira
que nunca pudiste ver.

J.C.B.C




Que o sistema nos toma por tontos a todos, sabémolo moitos. Negalo ou cuestionalo non fai mais que engordar unha gran farsa global que está, entre outras moitas lindezas, acabando co planeta que habitamos ó mais puro estilo de plaga bíblica.
Outra cousa moi distinta é que mexen por riba de un, e teñas que alza-la cachola, sorrir, dar as gracias e despois decir que adoras os días de choiva.
Nin sequera poño en dúbida que aqueles que así o desexen se deixen levar pola corrente e non aspiren a ser mais que corchos con mentes esponxiformes que prefiren non plantexarse nin cuestionarse nada, a cambio, eso sí, de vivir felices e tranquilos deixándose levar. Como decía Walter no Gran Lewoski, "Al menos es una doctrina", e a felicidade é o obxectivo último a fin de contas, e tampouco os demais facemos nada ou pouco por cambiar algo, certo É...E ainda por riba tendemos a amargarnos.

I e que o final "o sistema" vai ter razón e tanto os uns coma os outros somos tontos, ou como diríamos en Galego que sempre sona mais "musical"; SOMOS TODOS PARVOS.

Mais o que non se pode facer, eso sí que NON, é negar o evidente:
TODO É MENTIRA.



Ninguén debería dar consellos. Pero eu voume atrever:
DECIDE POR TI MESM@.

E se ademais segues viv@, non esquezas celebralo.
¿Que mais se pode pedir?
SALUD

lunes, noviembre 19, 2007

+ Información s'il vous plaît


Xa parece que pasou a tormenta de orixen africana que nos azotou días atrás e que trouxo Altas presións á vella Europa polo conflicto surxido co país "amigo" do Chad logo de reter a unha presa de Franceses e á tripulación dun avión español, todos eles mesturados nun oscuro caso de Tráfico de menores amparados baixo as siglas dunha O.N.G con nome tenebroso; El Arca de Zoé.

Tíñano todo amañado. Aló estaban eles de salvadores da África profunda coa super Arca. Vendas falsas, feridas de mercromina, transfusións de juja, soborno ó policía de turno, billete de baixo coste e para Francia. 3000 euros OIGA. Compre señora...Bueno, negrito y barato.
Negocio redondo.

Mais non foi tan sinxelo. Algo fallou:

Iste era o ANTES:


E iste foi o DESPOIS:




Pero todos tranquilos. Aquí non pasa NADA. Para eso eleximos ós nosos presidentes.
O señor Zapatero congratúlase da liberación dos seus compatriotas gracias ós seus contactos co señor Sarkozy, que colleu o seu avión e se presentou no lonxano Chad para liberar ós menos culpables.

E os que quedan, que non se preocupen, que o Goberno de Francia xa se encargará de ameazar ós dirixentes corruptos do Chad coa retirada de empresas, negocios, subvencións, apoio político, militar etc.
Vaia....O que no primeiro mundo chamamos "Diplomacia".



E os verdadeiros protagonistas desta historia, os mais de 103 nenos indefensos, xa non abren titulares de telexornais. De eles xa non se lembra nin Cristo, nunca mellor dito, porque ademais a maioría son Musulmáns. A ninguén se lle ocurre xa pensar que carallo pasaría con eles.
Lin días atrás que o Goberno de España íballes montar un colexio. Que ben!. Que boa xente somos. Os nosos paisanos de volta en casa e a conciencia purificada. Si señor. Problema solucionado.

E ademais seguimos vivos.
Que sorte...

viernes, noviembre 16, 2007

SEXO II.¡¡Que Heavy!!


Saudos Xente. ¿Como estades?
Por estes lares tan Liados coma sempre, pero esta vez con boas novas.
Logo de recibir autorización por parte do departamento de economía e finanzas famiLIAr para facer uso dunha partida especial de fondos reservados para a adquisición dun novo portatil, teño o pracer de anunciar que xa conto cun novo equipo que me permitirá seguir no maravilloso mundo cibernético do Blogomillo.

Tiña pensado adquirir un equipiño moi feito de DELL, pero unha vez comprobado que o envio de dito ordenador podería retrasarse ata 3 semanas optei pola compra de un equipo mais discreto e de inferiores características pero da sempre mais fiable casa Compaq, na que Josiño e Eu temos depositada tanta fé, tendo en conta o resultado do anterior Compaq. Non sei se acertaría, pero alomenos conto co sevicio dende XA.
------------------------------------

E para celebralo, e visto o éxito de participación da entrada anterior na que o sexo foi o protagonista, e visto tamén que o Lume parece que volve a ser protagonista nos telexornais, hoxe vou sacar da recámara un video que puiden salvar do disco duro do Airis e que quería compartir con vós dende fai xa un tempo, no que o xa vello ritual do amor e o protagonista supremo.
A pesares de estar extraído dun noticiario para tódolos publicos, a crudeza das imaxes obrígame a recomendar a súa visualización só por maiores de idade, ou no seu defecto por menores experimentados no tamén maravilloso mundo do pornomillo.

As imaxes falan por si mesmas, polo que non hai que preocuparse por non entender ó periodista. Mirade "que bien se lo montan" os 'Cumshots' nos seus concertos e nos seus bolos de verán. Neste en concreto decidiron "colaborar" coa Natureza xunto á asociación 'Fuck for the forest'. En mitade do seu concerto, apareceron a parella Tommy Hol Ellingsen de 28 años, e Leona Johansson de 21, ambos membros da fundación, e ó berro ¿Ata onde queredes chegar para salvar a natureza? despelotáronse e puxéronse a foder. Para os mais morbosos; do relatado, fotograma a fotograma AQUÍ



Teremos que pensar en colle-lo coche para o ano que ven e pasarnos por algún destes eventos.
Eso sempre tendo en conta que chegamos vivos aló.
QUE ASÍ SEXA.

SALUD "Camaradas"