viernes, octubre 12, 2007

Road Trip


Logo de deixar ás miñas rapazas na estación de buses de Bath camiño do aeroporto de Heathrow fai apenas unha hora, e como prometía na anterior entrada, paso a des-trip-ar o viaxe que me espera dende aproximadamente as 6 da tarde de hoxe e que culminará non se sabe ben cando.

O plan é levar o coche o mais cargado posible con infinidade de bártulos que logo de case 4 anos por estas terras se xuntan sen saber nin se quera como, ademais dos que vas mercando e dos que non te queres desfacer. O problema e que o vehículo en cuestión éche un Clio, non un Iveco de 4 eixos.
Outro dos problemas é a fuga de líquido refrixerante, que veño de solucionar o mais puro estilo Mc Giver, con esparadrapo do Hospital. Todo controlado pois. ¡¡Ou iso espero!!

O Road Trip podería ser dividido e 4 fases, ás que nun alarde de orixinalidade darei en chamar fases A, B, C, D:

FASE A
Unha vez teña o coche a reventar, emprenderei camiño dende Bath ó redor das 6 da tarde de hoxe Venres cara a marítima vila costeira de Portsmouth, no sur deste bendito país, onde dende o peirao principal zarpará sobor das 23:00 horas o meu Ferry da compañía LD Lines con destino á Le Havre, en terras galas. Ata Portsmouth percorrerei os primeiros case 200 Km desta viaxe. Mais ou menos 2 horas de treito que agardo facer sen presas e que servirán entre outras cousas para comprobar que o meu amaño tipo Mc Giver podería pasar os controis mais esixentes. Como diría J.B Toshack "No Comment".




FASE B
Dende as 23:00 de hoxe Venres ata as 8:00 da mañán do Sábado farei noite no ferry "Norman Spirit". 9 horas de traxecto para cubrir os escasos 200 Km deste treito marítimo do canal da Mancha. Segundo a compañía; A fast, modern and comfortable ship, ainda que a realidade é que é un tostón lento no que terei que pasar a noite nun incómodo asiento reclinable tipo Setra Seida. En Fin. Facendo miñas desta volta as palabras de Txini, Echokai.




FASE C
A etapa Francesa. Unha vez desembarcados en Le Havre hai que poñer de novo a proba ó coche e o moderno dispositivo G.P.S. Podemos decir que é a etapa raiña. Case 1000 Km de ruta e 60 Euros de peaxes ata a fronteira Vasco-Francesa. O Plan é chegar a durmir a Euskadi á noitiña, se o corpo aguanta, claro está, que como se soe decir o caso e chegar. Cruzarei toda a parte occidental de Francia.
Verei nos carteis da autopista as saídas de localidades tan carismáticas como Rouen, Le Mans, Tours, Poitiers, Bordeaux ou Bayonne.


FASE D
E xa por fin na xornada do Domingo, a derradeira etapa deste Road Trip. A etapa Ibérica. Case 700 Km. Etapa do mais tranquilo tendo en conta que en caso de calquer problema técnico, avería ou percance, o seguro do coche cubriría sin excusas trasfronteirizas dita incidencia. Mais seguindo a miña liña optimista podo calcular a chegada a terras coruñesas a última hora da tarde. Mellor non establecer horarios concretos.
Desta volta, e seguindo os consellos dos meus asesores de viaxe, a ruta elexida será a cantábrica en lugar da presumiblemente mais rápida ainda que menos económica Castelá-Leonesa. Ademais dixo o profesor Don Santiago Pemán que o bo tempo ía acompañar. ¿Que mais se pode pedir?.




E isto polo de agora amig@s é todo. Que non é pouco.
Tan só me queda decir que quero aproveitar para felicitar a todos aqueles que se sintan españois este día festivo. E para o resto, ainda que algúns nos pinten con cornos,rabo e tridente, os meus parabéns tamén, que tamén somos "de Dios". No noso caso poderiamos celebrar, por exemplo, que seguimos vivos.
Ogallá poida decir o mesmo o Domingo á noite.
Que tódolos días sexan festivos.
Gracias por seguiren ahí.
Bicos.

miércoles, octubre 10, 2007

O Parte. Edición Lia a Dia

Pasamos agora coas novas que nos tocan mais de perto. o mundo Lia a Dia.

Pois ben, Logo de ter disfrutado daquelas merecidas vacacións na grata compaña da familia polas aberrantes terras Alicantinas de Benidorm a finais do pasado més de Setembro, dando así por clausurada a curta época estival, a plana maior de Lia a Dia xuntouse de novo nas frias e húmidas terras Inglesas rodeados unha vez mais de "Hijos de la Gran Bretaña".

A unificación familiar durou pouco, xa que a parte feminina do grupo (e dicir, todos menos EU) e logo de 7 intensos días de traballo desplazouse de novo a Barcelona para visitar, desta volta, á familia materna, facendo outra vez acopio de materias primas; Aceite de Oliva, viño "do bon", aceitunas, pipas e coma non, roupa para o duro inverno que se aveciña.

Dado que as miñas responsabilidades paternas víronse interrumpidas durante este tempo, e aproveitando que 2 ilustres Novela-Melidenses (Josiño e Txemita) estaban de viaxe nas tamén frías terras Irlandesas, aproveitei os meus 2 días libres na findesemán para cambiar de illa e pasarme por segunda vez por Dublín. Escapada curta pero intensa, e coma non, en agradable compaña. Pena da falta de presuposto e de non ter entrenado o corpo contra a sempre forte cervexa Guinnes. Pena tamén que nos faltara o Txini para localizar ós mellores comerciantes locais. Anyway!!

---------------------------------------


No que ó novo fichaxe na familia se refire, ó que polo de agora daremos en chamar "Burbujita", non hai moito que contar.
Case xa no meridiano do segundo trimestre estamos a agardar polo escaner que determinará o sexo, se todo vai ben, e que terá lugar próximamente. Por suposto seredes dos primeiros en enterarvos do resultado, e lembrade que se siguen a aceptar apostas ou intuicións.
O que si que vos podo confirmar e que está a medrar por minutos, e segundo os entendidos (Mother and Baby e demais publicacións da rama) nesta fase xa supera os 14-15 cm. E dicir, todo un mundo.

E ata eiquí os titulares das últimas semanas.
Mais, por sorte ou por desgracia, as vindeiras serán moi, pero que moi movidiñas. Polo de agora este Venres desplazámonos a Galicia no que será a primeira fase da mudanza á terriña durante, alomenos, 1 ano. Maternity Leave!!

As rapazas irán en avión dende Heathrow á Coruña pola mañanciña, e eu conduzo o Super Clio de volta a Galicia cruzando o English Channel, logo de ter cumplido con creces a súa laboura en Inglaterra como coche Familiar. E todo a pesares do seu reducido tamaño. Quen o diría.

Todo o relacionado con iste "Road Trip" será des-trip-ado polo miudo nunha entrada que me comprometo a desenrolar mañán antes de emprender viaxe. Prometido queda pois.

Emplázovos a todos e a todas a vernos por alá a vindeira semán e poder celebrar todos xuntos aquelo de que SEGUIMOS VIVOS, tanto o coche, coma Eu, coma todos vós. A ver si hai sorte.

SALUD COMPAÑEIR@S

jueves, octubre 04, 2007

O Parte


Buf....Vaia lio de Vida que levo compañeir@s.

Desculpade xentalla, pero polo visto non dou atopado (ou mais ben non me dou organizado) un momento para dedicarlle a este recuncho remoto chamado Lia a Día. E é unha mágoa, porque cousas que compartir non faltan. Pero xa virán tempos mellores nos que manter o blog actualizado sexa coma o pan de cada día.
En fin...Lia a Dia.

POÑEDE AHÍ O PARTE....Que decía meu abuelo á hora do xantar..
E vindo o outro día no avión dende Alicante a Bristol lembreime del (coma tantas veces) e decidín mercar a prensa para vir lendo no voo. Cada noticia que leia metía más medo que a anterior polo que optei por mirar pola ventanilla coa esperanza de que o pequeno mundo que tiña 11000 metros debaixo dos meus pés cambiase algún día.

"EL PAÍS. Martes 18 de Setembro 2007":

Irak revoca la licencia a la principal compañía de seguridad privada de E.E.U.U. Los mercenarios de Blackwater, involucrados en la muerte de civiles.

El asunto que ha provocado la expulsión de la compañía es la muerte el pasado Domingo de ocho civiles iraquíes que cayeron bajo el fuego cruzado de los mercenarios de Blackwater en Bagdad, cuando estos últimos reaccionaban a la explosión de un coche bomba al paso de una caravana del Departamento de Estado Norteamericano. No hubo muertos ni heridos entre el grupo de estadounidenses.
Bagdad ha abierto una investigación, pero no es probable que los pistoleros de la empresa se enfrenten a los tribunales, ya que no están sujetos al código de justicia militar. La prensa Iraquí se hacía eco de una filtración del gobierno que sugería que los mercenarios podrían haberse ensañado con los civiles que se agolparon en las proximidades para ver que había pasado tras la explosión.
Blackwater es hoy una empresa con ingresos que se cifran en cientos de millones de dólares anuales derivados de contratos con el pentágono, con los servicios de espionaje estadounidense y de entrenar a fuerzas policiales en cualquier punto del globo. Es la elitista guardia pretoriana de Bush para ejecutar su guerra "global contra el terrorismo", cuenta con su propia base militar y una veintena de aviones, además de 20.000 trabajadores. En Bagdad tiene desplegadas ahora a más de 1000 personas armadas hasta los dientes. Entre los amigos y socios de la compañía está el vicepresidente de E.E.U.U, Dick Cheney, y el ex secretario de defensa Donald Rumsfeld. No hay que olvidar a Coffer Black, considerado por algunos el legendario jefe de operaciones clandestinas de la C.I.A y hoy vicepresidente de Blackwater.



Riad confirma la compra de 72 aviones militares a Reino Unido por 6400 millones de euros.

Arabia Saudí ha cerrado un acuerdo con Reino Unido para la compra de 72 aviones de combate Eurofighter Typhoon, valorada en 4430 millones de libras, el mayor contrato de exportación de este modelo. La operación llega nueve meses después de que la oficina antifraude de Reino Unido decidiera abandonar una investigación sobre las ventas en Arabia Saudí de BAE Systems, principal responsable de la construcción del eurofighter, alegando motivos de seguridad nacional. En un comunicado difundido a través de la agencia oficial de noticias SPA, el ministerios de defensa y Aviación Saudí explicó ayer que las autoridades de ambos paises firmaron un contrato el pasado 28 de Agosto en el que acordaron la compra de los 72 aparatos. El acuerdo incluye además proyectos de cooperación tecnológica y el entrenamiento de militares saudies por parte de los británicos.
La fuente añade que el acuerdo cuenta con la aprobación del rey Abdulá Bin Abdulaziz y que el precio pagado por los aviones es "similar" al que pagan las fuerzas aéreas británicas.
El contrato se ha cerrado pese a la polémica que ha tenido todo el proceso de negociación. Meses después de que Londres cerrara su investigación, BAE Systems anunció en junio pasado que el Departamento de Justicia de Estados Unidos había abierto otra por el presunto pago de sobornos a un príncipe Saudí que actuó de intermediario en la firma de multimillonarios contratos de armamamento. Este proceso todavía no ha concluído.



Eche ben certo que a realidade supera ben veces e con creces a ficción.
Señoras e señores...O NEGOCIO DA GUERRA.

E precisamente por que isto é un negocio...NUNCA VAI A EXISTIR A PAZ.
Non nos engañemos, ou mais ben...QUE NON NOS ENGAÑEN.
Nin Alianzas, nin civilizacións...nin pirolas¡¡¡....Negocio, empresas e ganancias. Iso é todo.

Alomenos Nós podemos decir que seguimos Vivos, que nos tempos que corren non é pouco.
Mañán "O Parte II. Edición local-familiar Lia a Dia"

viernes, septiembre 07, 2007

Intrameme


Despois da sobredosis de Gonadotropina, intentamos retoma-la normalidade de cada día.
Mais non me sinto últimamente moi iluminado para escribir por ter a cachola chea de cousas e proxectos xa confirmados ainda que moi verdes para ser compartidos, e dos que por suposto, xa vos manterei puntualmente informados.
Agardo non vos defrauden. A min, coma sempre, e coma non podía ser doutro xeito, ilusiónanme.

E para sacarme un post da manga coma fixo David no seu rincón intramuros, voulle colle-lo meme musical propagado por el mesmo e anteriormente por Kalimero, e que consiste en enchufa-lo reproductor MP3 e no seu modo aleatorio tomar nota dos 20 primeiros temas que aparezan. No meu caso, e recoñecendo que non teño o reproductor moi actualizado, lanceime á piscina e o resultado foi o que segue:

1. Ian Brown - Return of the fisherman.
O exvocalista da Banda de Manchester Stone Roses, que en 1996 deixou este proxecto, presenta este traballo en solitario bastante aceptable. Este tema non é dos mellores. Presentará novo traballo o 24 de Setembro.

2. Edson Cordeiro - Ave Maria.
Este Brasileiro con timbre vocal de contratenor ten un repertorio moi variado, pero leva a samba na súa alma evanxelista. Contratado por Sony e con varios discos, xa fixo xira por moitos paises europeos.

3. Muse - Assassin.
o 7º corte do seu último e cuarto traballo de estudio Black holes and revelations. Nada que comentar que para iso xa temos a Josiño. Interesante letra.

4. Skaparapid - Arroja la bomba.
Extraído do seu disco "que empiece ya". Como o seu propio nome indica grupo dedicado ó pasodobre. Esta banda de Ska Valenciano surxiu no ano 1993 como parte das actividades culturais dunha xa desaloxada ocupación que durou 5 anos. Durante un tempo a "banda" participa en Festivais e Festas pro-ocupación, antimilitaristas, contra o feixismo, etc... principalmente en Catalunya e Valencia, pero tamén visitaron Alemania e Portugal. Molaba velos no Gatos.

5. Thievery Corporation - Pizzicato.
Extraído dunha das moitas compilacións da banda de Washington da que xa temos falado polo miudo neste blogue. Nin que decir ten que tamén se salía velos no Gatos. Por pedir!

6. Sugarless - Sugar sexy sound.
Tema desta extinta banda creo que Madrileña que editou no 2004 o seu derradeiro traballo "vértigo", ainda que este é do disco "Más Gas" e cuios membros están esparcidos por distintos proxectos, tanto en outras bandas (Habeas Corpus) coma en proxectos en solitario (Que peniña acabar así)

7. Matisyahu - Ancient Lullaby
Este é un persoeiro curioso. Artista xudeo especializado no estilo raggamuffin, ainda que moi próximo o Hip-Hop e ó reagge, utiliza na suas letras temáticas espirituais derivadas da sua condición de Xudeo "jasídico". Ainda que chegou a ser acusado de proselitismo, nas suas letras sempre avoga polo fin da violencia e o diálogo. Este tema está extraído do seu disco "Youth". Recomendable mais un pouco empalagoso.

8. Transilvanians - Kingston.
Música galega, para un reproductor made in Malasia e cun título inglés. Extraido da selección musical da edición do ano pasado do concurso da Radio Galega, "A polo Ghit", na percura da canción do verán. Un mais de tantos.

9. Artic Monkeys - Bigger boys and stolen sweethearts.
Mais música inglesa no reproductor malaio. Non teño muy claro en que disco aparece este tema. ¿Quen me vota unha mao(5 estrellas)?.

10. Projecto Mourente - So com falar.
Outro gran descubrimento da fábrica de "a polo ghit". Este tema está extraido do disco gratuito (pódese descargar íntegro na propia páxina do grupo) gravado en plan caseiro nun piso do casco vello de Santiago "baixo os eucaliptos", no cal se atopa o "inesquecíbel" tema "como os caranguejos", que lembro con tanto cariño.
Cada día é unha foto do seguinte que virá....Casa-Choio, Choio casa....

11. Manu Chao - El viento.
Recén saído do forno está o seu novo traballo "la radiolina" do que falaremos pronto. Este tema é o derradeiro corte do seu disco "Clandestino". Que GRANDE Manu. Espero verte pronto de novo.

12. Audioslave - I´m the highway
Este tema é do seu primeiro disco. A banda creo que definitivamente está rota, do cal me aledo, porque corre o rumor de que R.A.T.M podería xuntarse de novo para dar uns cantos concertos e porque ademais amosa que Chris Cornell (ex-cantante de Soundgarden y Temple Of The Dog) é un puto vendido e o resto dos membros non o eran tanto coma se decía.

13. Ian Brown - Time is my everything.
De novo o cantante Inglés que aparecía de primeiro na lista. Cousas da aleatoriedade ou de que teño bastante pouca música no aparato. Mais ben o segundo.

14. Thievery corporation - The state of the union.
Esta repetición é mais comprensible xa que teño metido no reproductor toda a discografía desta banda. Este tema en concreto é do disco "The richest Man in Babilon", que si non é o mellor de todos, non lle falta moito. Foi o primeiro que chegou ás miñas mans por xentileza de Charly. Lembrades?

15. System of a down - Attack.
Un dos temas da banda de orixe Armenio do seu disco Hypnotize, editado fai xa un par de anos e que surxiu coma segunda parte daquel Mezmerize, que saíra ó mercado tan só medio ano antes, no que por certo, na miña opinión, podemos facer valer aquel dito de "segundas partes nunca foron boas". Penso que é moito millor disco Mezmerize. Attack é o corte co que abren o disco. Vaia comezo!

16. Jack Jhonson - The Horizon Has Been Defeated.
Tamén curiosa historia a de este músico de orixen Hawaiano, que nos seus comezos era surfista profesional, chegando a ser considerado como un dos mellores surfistas xuvenís do mundo, mais una onda xigante case o manda para o outro mundo ós 17 anos polo que tivo deixar a competición e descansar unha boa tempada. Foi entón cando se dedicou á música, facendo algúns temas da banda sonora dunha peli de surfeiros que foi vista por Ben Harper, o que enseguida se interesou polo músico e quixo contratalo para a sua discográfica. Este tema é do seu disco "On and On".

17. Bob Marley and the Wailers - Small Axe.
Canto me alegro de que apareza na miña lista aleatoria o Señor Robert Nesta Marley coa sua banda de sempre. Este tema en concreto é do seu disco "Burnin´" do ano 1973. Unha reflexión persoal. ¿A quen non lle gusta a música de Bob Marley?.

18. S.A - Rumore.
Último e curioso tema do discazo da banda vasca "No intente hacer esto en su casa", editado polo seu propio sello milagritos records no ano 1997. Xa choveu!. Rumore é unha versión do famoso tema de Rafaella Carrá. Cada vez que escoito este tema, non podo evitar imaxinarme a Juan ou a Pirulo chamando á discográfica da señora Carrá ou a ela mesmo para pedir o permiso pertinente para face-la versión. GORA S.A. Unha vez mais, e xa van non sei cantas. STOP CRIMINALIZACIÓN!!

19. Jack Johnson - Traffic in the Sky.
De novo o artista Hawaiano. Outro dos temas do seu disco "On and On", do que por certo me esquecín de comentar antes que foi o primeiro editado dende a que é a súa propia discográfica á que deu en chamar Brushfire, onde mantivo o mesmo estilo que na anterior, pero seus temas foron mais profundos (medio ambiente, a guerra e a obsesión capitalista do negocio como eixe da vida). En cada ocasión que ten non dubida en poñer a Bush a altura do betún.


20. Boikot - No pierdo el tiempo.
E por fin (xa me vai chegando, e a vós supoño que tamén) o derradeiro tema da miña selección aleatoria do meu reproductor. Do disco "de espaldas al mundo" do ano 2002, este tema dos inagotables madrileños de Boikot, dos que teño que decir que non lembro nunca terme aburrido en ningún dos seus concertos. e xa os vimos unhas cantas veces, e as que nos quedan porque os próximos meses estarán a presentar o seu novo disco "Los problemas crecen".




E así chegamos ó final desta entrada tan musiqueira. Mañán cruzarémo-lo canal da mancha para cambia-las frías augas do atlántico polas mais mornas augas mediterráneas da costa Alicantina, onde temos á familia adoecendo por mimar a Lia e onde agardo poder descansar algo mais dunha semana no que serán unhas (creédeme) merecidas xornadas de descanso.
Que Verán mais duro!!....Pero seguimos vivos. Non hai queixa.
Saudos a Todos e a todas.

sábado, agosto 25, 2007

HCG. PALITO-PALITO / /


A Gonadotropina Coriónica Humana é unha glucoproteína sintetizada nas células da placenta de mulleres preñadas. Actualmente denomínaselle HCG pola sigla do seu nome en inglés; Human Chorionic Gonadotropin. Dende que foi descuberta en 1930 por un tal Collins, vense aplicando no desenrolo de probas de diagnóstico de embarazos; dende a inxección de ouriños en sapos macho Bufo Arenarium, ata os sinxelos e rápidos tests caseiros de hoxendia.

Pois ben, unha destas sinxelas e rápidas probas conseguidas de estraperlo gracias a Mónica no Hospital R.U.H (podo prometer e prometo que non maltratei a ningún sapo) detectou a finais do pasado mes de Xullo, para ledicia deste servidor, a presencia nos ouriños de Rebeca dunha desorbitada cantidade desta maravillosa glucoproteina que confirmaba a implantación para posterior alumeamento, se todo sae ben, d@ que será @ nos@ segundo fill@ alá polos albores do vindeiro més de Marzo do ano que entra 2008.
É Sinxelo: Ácido fólico, moito amor, unha mexadiña na proba, palito(/ /)palito e a túa vida cambia para sempre.


A deshonra non é ter un fillo; a deshonra é non saber crialo para ben. (CASTELAO)
O pasado día 16, festividade de San Roque, e aproveitando a presencia en Melide de boa parte da familia, comunicabamos esta boa nova á nosa xente, con reaccións de todo tipo. Hoxe, e pedindo desculpas de antemao polo retraso, tócanos facervos partícipes a vós desta maravillosa nova e analizar como reaccionades ainda que moitos non vos extrañaredes xa que en anteriores entradas xa se vos informaba de novidades e novos fichaxes na próxima campaña de Outono en Lia a Dia.
En breve seguirei informando polo miudo, mais xa vos podo anticipar que, se as cousas descorren por roteiros de normalidade, esta nova miragre que ven de camiño nacerá como a súa predecesora en terras Herculinas e que a nai se acollerá á súa merecida baixa de maternidade que por estas terras Británicas pode alongarse ata os 12 meses de duración.
Para o pai, logo do parto otórganse 15 días de baixa pagada, ainda que eu non me poderei acoller a ela porque estarei acompañando a Rebe e a Lia "case"todo o tempo da baixa. Vaia....Que ou deixo o choio ou pido unha escedencia. Xa se verá.


O que si que vos podo decir é que @ protagonista desta entrada xa conta con 9 semanas de vida e que xa vai camiño dos 3 cm de alto. Unha vez analizada a primeira ecografía dedúcese que todo se esta a desenrolar de xeito normal e que a xa experimentada nai está a levar este primeiro trimestre con total normalidade e tranquilidade. En canto o pai asimile que XA ten unha filla contareivos como leva o da segunda.

Non ten polo de agora nin nome nin sexo pero admítense suxerencias e apostas. Para aqueles que se animen a dar ideas no nome lembrar que deberá cumprir as 3 premisas fundamentais; Non repetirse na familia, ser o mais curto posible e ser fácilmente pronunciable en calquera idioma. Nin que decir ten, que de bo grado se aceptan donacións xa sexan en metálico(todo tipo de divisas aceptadas, cheques, ingreso c/c, Paypal etc) ou ben donacións de bens tanxibles(chourizos, aceite de Oliva, tabaco, aceitunas Jolca, viño, pipas facundo etc).


Para rematar, decirlle a Rebeca que pase o que pase sempre lle estarei agradecido por agasallarme coa maravillosa experencia de converterme en Pai dos seus fillos, pola súa confianza sen burocracias, pola súa sinceridade, pola súa paciencia infinita, pola súa mentalidade sen trabas, pola súa Paz, pola súa tarxeta do Natwest e por apoiarme cegamente en todo canto proxecto me plantexo na vida de xeito unilateral e egocéntrico, e desexar que poidamos seguir celebrando xuntos e por moitos anos aquelo de "Seguimos vivos".

En resumo; GRACIAS POR QUERERME. Non te merezo.
Ánimo Rula. Todo vai sair ben.

jueves, agosto 09, 2007

AMIWALKER

Supoño que a maioría de vós estades probablemente mais ó Loro que Eu co acontecido no programa da T.V.G o gran Camiño no que participou meu irmao Ami Walker. Eu non puiden seguilo polo miudo dado o meu horario nocturno, pero si que vin os resumos dos programas que foron colgando, (moi mal editados por certo) na páxina da Galega. Por iso non son quen de "faguer" unha análise profunda, mais sí que gostaria de aportar a miña profana opinión.

Cando meu irmao pasou a primeira criba do casting, eu sabía que iba ser un dos elexidos para participar no concurso e confeso que cando me dixo que o elexiran e me explicou en que consistía pareceume unha idea un pouco patateira. Mesturando churras con Merinas; o camiño de Santiago co tabaco, o xogo da oca, co parchís (azul come a rojo, cuento 20 y tiro dado...).
E efectivamente, así foi, ainda que o resultado final non quedou tan mal:

Na miña opinión e a pesar das críticas que tivo, Carlos Blanco non o está a facer mal de todo no papel de presentador e o camiño de Santiago coma telón de fondo ten o seu atractivo. O do tabaco é tema aparte e incluso parece que "amola" a todo o mundo. Pero os productores teñen que sacar petróleo de tódolos lados. Tamén me comentou meu irmao que o equipo técnico no camiño era moi boa xente e moi profesional, o cal non me sorprende pero sempre se agradece.
Nin que decir ten que con matrícula de honra quero destacar a Yara cumprindo de maneira impecable no seu papel de acompañante-familiar. Sempre moi guapa, discreta e cauta nos comentarios.

Pola contra, penso que para que fose considerado realmente telerrealidade, como a deron en chamar, tería que ser un programa con emisións EN DIRECTO dende o principio, non só ó final. Deste xeito todo depende da dirección do programa. Tampouco me agradou nin me pareceu nada innovador o plantexamento do concurso facendo equipos con tan so 10 persoas. Non sei cal, pero penso que se podía ter feito outro tipo de idea con todo o grupo xunto ou alomenos votándose todos contra todos. En xeral, quizais lle falte un pouco de creatividade e espontaneidade a pesar de que o formato chamou a atención e tivo a súa repercusión.
Unha mañá no comezo da emisión do programa escoitei a Francino nas noticias da cadena Ser comentar o estreno a nivel nacional o que me deixou bastante abraiado.

Eu ainda non tiven moito tempo de compartir impresións con meu irmao, e non será por ganas, pero en canto o contrato asinado lle permita sair do pais e poidamos vernos xa falaremos. Asi que en canto teña mais información, e como non, en canto se emita o final do concurso, agardo aportar mais detalles. Ou como diría Riki; "secretitos de la producción" e "datos concretos".
Polo de agora o que vos podo achegar e este correo que Amiguete nos deixou fai días na redacción de Lia a Día e que quere compartir con todos nós:

"Xa fai tempo que quería agradecer ó meu grande irmán, e a todos vós que vos comunicades neste blog, o grande interese e apoio que demostrastes o longo do concurso. Efectivamente con eso xa me sinto mais que gañador, pero a telesangre dos realitis aliméntase de outras cousas moi diferentes da amizade; está moito mellor ser un pallasete, un flipadete ou un perrete.
Por iso e por outros factores alleos a min, estou fora dun concurso que non se merecia un amiguete dentro. O unico que de verdade sinto é o ter defraudado a todos os que me seguistes e confiabades en que duraría algo mais. Así que desculpas, grazas, vogal, e quenda para Lía.
(Que raro que aproveitase para colgar un comentario en esta linea tan
feminina....)
Asdo : Expulsadete"
Mil bicos a Todas/os



Como resumo e tamén para aqueles que non vistes o programa aquí vos queda o video homenaxe a Amiguete que fixeron na gala da expulsión e que xa está colgada dende fai uns días en internet.
Meu Gran Irmao:






Eu o que teño seguro é que a experiencia que viviu Amiguete é única, e fixo moi ben en non deixala escapar, e o meu apoio será outra vez TOTAL para a próxima. Porque coñecendo a meu irmao, de seguro que hai unha próxima.
Non podía ser doutro xeito tendo en conta que Él sempre está ahí dende que teño uso de razón para darme o seu apoio incondicional e gratuito.
A saber o que, onde e cando, pero algo fedellarás pequeno. E todo sen deixar de sorrir.





E como di Macaco na canción favorita de Lia, "oye mi hermano...disfruta el camino", porque o teu neste programa xa está a piques de rematar, pero seguimos vivos e o camiño da vida continúa. E ise non hai productor nin guionista que o pare, e de seguro traerá cousas ainda mellores. Xa o veráss. Así que, a desfrutala con SAUDE.
De Oca a Oca y me piro porque me toca.


Quenda pro destino.

viernes, agosto 03, 2007

Brain Storm

Fai nada que veño de comentarlle a Irene no seu Blog que o efecto Brain Storm se estaba a apoderar de Nós. Non sei no seu caso, pero no meu, queda completamente demostrado e confirmado. Tería, e teño, moitas cousas que compartir con todos vós, pero a tormenta de ideas non me permite clarificar ningunha. Así que vos anticipo unha nova tempada con moitas novedades, sorpresas e ata premios no Blogomundo Liadia.
Permanecede atentos.
El Proximo otoño en ...LIA a DIA!!!




Serva esta agresiva introducción Auto-publicitaria para suplicarvos e animarvos a non abandonar o mundo do blogomillo, como comentaba Marcus dias atrás, a pesares deste mes de troula que comeza e no que moitos estaredes a desfrutar do corpo e da carteira. E facedes ben!!
No meu caso do primeiro, o que me queda é seguir os consellos de Manuel Torre Iglesias, que me ven a visitar cada noite coa súa tropa de pitufisanotes recordándome o Calavera que sigo sendo, e do segundo a intentar tocala o menos posible...A Carteira Claro...que para tocar os collós xa teño a D.Manuel.

Quedades excluidos da súplica aqueles que esteñades visitando ós vosos anciáns, a aqueles que esteñan a pasear ás suas mascotas ou a aqueles que estén Pum-Pum, Pum-Pum. Mirade:



Gracias polos consellos profesor.
Se non fora por vostede non sei se podería decir aquelo de Seguimos Vivos.
A su SALUD!!