Fai hoxe exactamente 29 anos que o congreso dos deputados español aprobou as leises antiterroristas e da Policia.
Mais sin querer restarlle importancia a tan importante efeméride, ademais de iso, este que suscribe viña ó mundo nesta data, con moita presa, xa que de non ser polo Tio David (Donde esté un Estany...) tería nacido nas escaleiras do portal da que daquela era a residencia oficial dos meus pais na rúa Pepín Rivero da Coruña. Pero finalmente, e coa sorte que me caracteriza, din chegado a tempo á sala de partos do Hospital Modelo da Coruña. A Pena foi que a pesares de ter nacido neste centro, nunca cheguei a ser un neno modélico. Iso si, a conciencia está tranquila, e a esperanza intacta, que non é pouco. Non todos poden deci-lo mesmo.Pero sen recurrir a un excesivo Narcisismo, hoxe tócame lembrarme un pouco dos demais, porque coincido no meu aniversario con outras cantas persoas das que dende este recuncho me quero lembrar.
O Primeiro é o archiconocido por todos nós Marcus, que tamén cumpre anos hoxe e o que xa felicitei persoalmente no seu Blogue.
O Segundo é Alfredo do Corullón, tamén coñecido por moitos como Alfredito de Furelos, a quen tamén puiden felicitar via SMS.
O terceiro é Carlos Castro Fraga, que ademais de Veciño en Melide, é amigo. Actualmente residente en Barcelona pero ó que tamén, e gracias á tecnoloxía SMS puiden felicitar esta mesma mañán.
Pero aproveitando este espazo público, quere reincidir na felicitación e desexarlle a todos eles a mellor sorte do mundo con moita SAUDE agardando velos a todos en persoa para trasmitir a felicitación cara a cara, que é coma se fan as cousas.E xa postos e para que non se sintan despreciados en caso de que cheguen a ler este comentario (nunca se sabe...) aproveito para extender a miña felicitación a:
- Manuel Vázquez Montalván
- José Luis Chilavert.
- Sasha Mitchell
- Julian McMahon
- Maria Grazia Cucinotta
- Alex Rodrígez
- Allan Davis
E antes de que mo preguntedes infórmovos de que o vou celebrar por todo o alto indo a traballar en menos de unha hora ata as doce da noite (por aquelo de aproveitar ben tan especial día) e levando ó aeroporto á miña familia que me abandona vilmente na soedade deste chuvioso país chamado....Bueno deixemos o de este pais para outra entrada....
PARABÉNS PARA TODAS E TODOS. Hoxe mais que nunca podo decir cheo de orguio e satisfacción aquelo de:
SEGUIMOS VIVOS.
SALUD COMPAÑEIROS/AS. De hoxe nun ano.







